O Gran Premio de Italia de 2021 (coñecido oficialmente como o XCII Heineken Gran Premio d'Italia) foi unha carreira de Fórmula Un, que se celebrou o 12 de setembro de 2021 no Autodromo Nazionale Monza en Monza, Italia.[1] Foi a décimo cuarta carreira do campionato de 2021 e o segundo Gran Premio en Italia da tempada, despois do Gran Premio da Emilia-Romaña o 18 de abril.[2] o noventa e un Gran Premio de Italia e o septuaxésimo primeiro Gran Premio de Italia celebrado en Monza.
O evento, que se celebrou a fin de semana do 10 ao 12 de setembro no Autodromo Nazionale Monza, foi a décimo cuarta carreira do Campionato do Mundo de 2021. A carreira tivo lugar unha semana despois do Gran Premio de Holanda e precedeu ao Gran Premio de Rusia. Foi o Gran Premio de casa de Antonio Giovinazzi, Ferrari e AlphaTauri. Pierre Gasly foi o vencedor da carreira anterior, ao gañar o evento 2020.
Os pilotos e os equipos foron os mesmos que a lista de inscricións da tempada coa única excepción de Kimi Räikkönen, substituído por Robert Kubica, como sucedeu no Gran Premio dos Países Baixos de 2021, cando Räikkönen deu positivo en coronavirus.[3][4]
O evento foi o segundo, de tres, en implementar un novo formato de fin de semana.[5] A primeira carreira en usar este formato foi o Gran Premio do Reino Unido.[6] O cambio de formato significa que o 1º adestramento libre e a clasificación teñen lugar o venres. O 2º adestramento libre e a clasificación ao sprint ten lugar o sábado, mentres que a carreira é o único evento do domingo.[7]
A cualificación ao sprint é unha carreira de 100 km. que decidide a orde de saída da carreira o domingo, neste evento equivale a 18 voltas.[8][9] A orde da grella para a cualificación de sprint decidirase a través da sesión de clasificación normal da Q1, Q2, Q3. A clasificación final da carreira de clasificación ao sprint sera a grella de saída da carreira. O gañador da cualificación ao sprint sera o pole. Ademais, a clasificación por sprint otorga puntos aos tres primeiros clasificados: 3 para o 1º, 2 para o 2º e 1 para o 3º.[10] O límite de tempo máximo é de 60 minutos e se aplican os límites normais de fluxo de combustible.[11] Os tres primeiros clasificados ao sprint tamén recibirían unha recompensa polos seus esforzos.[12]
A cualificación tivo lugar ás 18:00 CEST o 10 de setembro.[13] As tres quendas da cualificación remataron sen incidentes importantes. Ao final da primeira parte da cualificación, Lewis Hamilton foi o máis rápido, con Valtteri Bottas segundo e [[[Lando Norris]] terceiro. A segunda parte da cualificación fixo que Hamilton, Bottas e Norris fosen primeiro, segundo e terceiro, respectivamente. A parte final da cualificación fixo que Bottas fose o máis rápido, con Hamilton segundo e Max Verstappen terceiro.[14]
A clasificación ao Sprint tivo lugar ás 16:30 CEST o 11 de setembro.[7]
A carreira comezou ás 15:00 CEST do 12 de setembro. [13] Daniel Ricciardo pasou a Max Verstappen na saída, para tomar a dianteira da carreira. Hamilton tamén pasou de Lando Norris ao principio, logrando o terceiro posto. Hamilton intentou adiantar a Verstappen na curva 4, pero foi obrigado a sairse da pista, facendo que perdera posicións ante Verstappen e Norris.[22] Máis abaixo da grella, Antonio Giovinazzi saíu da pista na curva 5 e reincorporouse á pista na trazada de Carlos Sainz, contactando entre eles. Giovinazzi trompeou e golpeou a barreira, perdendo a á dianteira.[23] Giovinazzi recibiu unha penalización de 5 segundos por reincorporarse á pista de xeito inseguro.[24] Ricciardo mantivo a Verstappen detrás durante 21 voltas, ata que entrou en boxes a montar pneumáticos duros na volta 22. Verstappen entrou nos boxes na seguinte volta, pero levoulle 11,1 segundos debido a un problema co pneumático dianteiro. Mentres Verstappen estaba nos boxes, Hamilton superou a Norris, o que provocou que Norris entrase a boxes. Norris saíu dos boxes antes de Verstappen, e Hamilton entrou a montar pneumáticos medianos na seguinte volta. A parada de Hamilton tamén foi lenta, parando durante 4,2 segundos. Debido a isto, Norris foi capaz de pasalo, e Hamilton acabou costado con costado con Verstappen na saída do pit e na curva 1. Verstappen axustouse na curva 2, saltando por encima dun bordo de salchichas e contactando co pneumático traseiro esquerdo de Hamilton, lanzando o coche de Verstappen ao aire e caendo encima de Hamilton. Os dous pilotos resultaron ilesos, pero víronse obrigados a retirarse da carreira.[25] Esta foi a primeira retirada de Hamilton desde o Gran Premio de Austria de 2018.[26] O accidente provocou a saída do coche de seguridade. Charles Leclerc e George Russell aproveitaron para entrar en boxes durante o período do coche de seguridade, resultando que Leclerc e Russell saíron dos boxes no segundo e no noveno lugar, respectivamente. No reinicio do coche de seguridade, Norris superou a Leclerc para subir ao segundo posto. Poucas voltas despois, Sergio Pérez Mendoza intentou un adiantamento sobre Leclerc na curva 4, pero saíuse da pista. Pérez obtivo o terceiro posto de Leclerc, pero recibiu unha penalización de 5 segundos por abandonar a pista e lograr vantaxe.[27] Na volta 34, Valtteri Bottas superou a Leclerc para ocupar o cuarto posto. Pérez aguantou a Bottas ata o final da carreira, pero baixou ao quinto posto despois da carreira debido á súa penalización. Ricciardo terminou primeiro, gañando a súa primeira carreira desde o Gran Premio de Mónaco de 2018,[28] e logrando a primeira vitoria de McLaren desde o Gran Premio do Brasil de 2012. Norris terminou segundo, converténdoo nun dobrete para McLaren, o primeiro desde o Gran Premio do Canadá de 2010.[29] Bottas completou os postos do podio, rematando a carreira en terceiro lugar.[30][31]
Despois da carreira, Verstappen e Hamilton foron convocados polos comisarios polo seu accidente. Os comisarios decidiron que Verstappen era o principal culpable e sancionárono cunha penalización de 3 postos na grella para a seguinte carreira en Sochi, así como 2 puntos de penalización na súa súper licenza.[32]