A pesar de non gañar ningunha carreira nin conseguir un podio en 2022, conseguiu a súa mellor posición na clasificación de pilotos na oitava posición con 92 puntos, a 11 puntos do seu compañeiro de equipo Fernando Alonso, contribuíndo a asegurarse cuarto no Campionato de Construtores para Alpine.
Vida persoal
Esteban Ocon naceu en Évreux, Normandía fillo de Sabrine Khelfane e Laurent Ocon, un mecánico propietario dun garaxe en Évreux.[1] A súa familia paterna é orixinaria de Málaga.[3] Mentres competía no karting, os seus pais tiveron que vender a súa casa familiar, que incluía o garaxe do seu pai, para financiar a súa carreira no karting. Despois de vender a casa, viviron e viaxaron ás carreiras nunha caravana que Ocon tamén utilizaba como autocaravana.[4] Desde 2022, Ocon vive en Xenebra, Suíza. Ademais da súa lingua nativa francesa, Ocon tamén fala inglés, español e italiano.
Carreira
Ocon comezou no karting en 2006, cando terminou oitavo no Campionato de Francia Minime,[5] antes de gañar o campionato do ano seguinte.[6] Continuou a súa xeira gañadora en 2008 no Campionato cadete francés,[7] antes de pasar á escena internacional en 2009. Trasladouse á categoría KF3, permanecendo ata finais de 2011, cando gañou o título francés KF3 e terminou como subcampión na WSK Euro Series.[8]
Para a tempada 2013 da Eurocup Fórmula Renault 2.0, decidiu cambiar á ART Junior Team.[11] Logrou tres podios, así como a súa primeira vitoria en Le Castellet e terminou a tempada na terceira posición da táboa.[12]
O 11 de marzo de 2015, anunciouse que Ocon entraría na serie con ART Grand Prix. Logrou o campionato malia só anotar unha vitoria (perdeu outras dúas vitorias debido ás sancións) e a presión de Luca Ghiotto.
DTM
O 10 de febreiro de 2016, anunciouse que Ocon pilotaría un Mercedes-Benz na tempada 2016 da DTM 2016, xunto ao seu papel de reserva en Renault Sport F1. Ocon enche o posto vacante do campión da DTM 2015 e compañeiro no programa xuvenil de Mercedes F1 Pascal Wehrlein que debutou na F1 con Manor Racing.
Fórmula Un (2016-presente)
Ocon tomou parte na primeira sesión de adestramentos libres d Gran Premio de Abu Zabi o 21 de novembro de 2014, pilotando un Lotus F1. Tamén participou na proba logo da carreira en Barcelona con Force India. Antes de lograr o título da GP3, anunciouse que ía entrar no programa xuvenil do equipo de Mercedes de F1. En febreiro de 2016, anunciouse que Ocon actuaría como piloto de reserva para o equipo Renault Sport F1.[17]
Manor (2016)
O 10 de agosto de 2016, anunciouse que Ocon pilotaria un Manor Racing na segunda metade da tempada 2016, en substitución de Rio Haryanto,[18][19] aínda que Hary quedou no posto de piloto de reserva. Ocon fixo o seu debut na Fórmula Un no Gran Premio de Bélxica de 2016, clasificando en penúltimo lugar. Obtivo o seu mellor resultado, 12° no caótico Gran Premio do Brasil, caendo fóra dos puntos na última volta.
Force India (2017–2018)
Force India (2017)
O 10 de novembro de 2016, Force India anunciou que contrataran a Ocon para a tempada 2017 como parte do seu contrato multianual con Mercedes.[20] Anotou o seu primeiro punto na Fórmula Un na súa primeira carreira para Force India en Australia.[21] Terminou décimo nas primeiras tres carreiras da tempada. Logo terminou sétimo no GP de Rusia, e continuou a racha de puntos cun impresionante 5º lugar no GP de España. Situouse no oitavo lugar no campionato de pilotos, despois do Gran Premio de Austria. Logo diso, rexistrou o 8º lugar fronte ao seu compañeiro de equipo. Seguiu co noveno en Hungría. A súa racha de 27 carreiras consecutivas sen retirarse terminou no Gran Premio do Brasil onde tivo un accidente co seu compatriota Romain Grosjean cando chocaron na primeira volta da carreira. Terminou a súa primeira tempada completa con 87 puntos e 8º no campionato logo dun oitavo lugar na última carreira da tempada, o Gran Premio de Abu Zabi.