Bernie Ecclestone quería organizar unha carreira na URSS, pero un amigo húngaro recomendoulle Budapest. Querían un circuíto urbano similar á Mónaco que se construiría no parque público de Népliget[2] o parque máis grande de Budapest, pero o goberno decidiu construír un novo circuíto nos arredores da cidade[3] preto dunha estrada importante. As obras de construción comezaron o 1 de outubro de 1985. Construíuse en oito meses, menos tempo que calquera outro circuíto de Fórmula Un. A primeira carreira celebrouse o 24 de marzo de 1986, en memoria de János Drápal, o primeiro húngaro que gañou unha carreira nun Gran Premio de motociclismo. Segundo unha enquisa elaborada pola oficina de turismo nacional de Hungría, Mogyoród ocupa o terceiro lugar entre os destinos húngaros visitados polos turistas, por detrás da area da Curva do Danubio e o Lago Balaton, pero por diante de Budapest.[4] O circuíto ten licenza FIA Grado 1.[5]
Descrición
O Gran Premio dispútase no medio do verán, que adoita ser moi caloroso e seco nesta rexión. A súa primeira carreira de Gran Premio con choiva foi en 2006. O circuíto xeralmente está cuberta de po debido á infrautilización en todo o resto do ano e ao seu chan areoso. Como o circuíto atópase nun val preto do 80 por cento da pista pódese ver desde calquera punto.[6]
En condicións normais, un circuíto pouco transitado caracterízase polo feito de volverse máis rápido a medida que a pista se vai engomando durante a fin de semana. No entanto, este non é o caso de Hungaroring, xa que un maior tránsito implica maior cantidade de po na pista, o cal compensa o efecto positivo do caucho sobre o asfalto. Por esta mesma razón, o circuíto favorece a aqueles pilotos que saen antes que os demais nas roldas de clasificación.
As características do autódromo (con moitas curvas, fochancas e abundante po fóra da liña de carreira)[7] fan que os adiantamentos non sexan frecuentes. Por iso, asóciase a Hungaroring con carreiras procesionais e pobres en emocións. Aínda así, Hungaroring foi escenario de varias carreiras memorables, como os duelos de Nelson Piquet e Ayrton Senna, a perda da roda de Nigel Mansell en 1987, a vitoria de Mansell desde o 12º lugar na grella logo dun adiantamento dramático a Ayrton Senna en 1989, o segundo posto de Damon Hill con Arrows en 1997, o cambio de estratexia de Michael Schumacher para vencer aos McLaren de Mika Häkkinen e David Coulthard en 1998 e as vitorias de Hill en 1993, Fernando Alonso en 2003, Jenson Button en 2006 no primeiro Gran Premio coa pista mollada,[8]Heikki Kovalainen en 2008, e a segunda vitoria para Daniel Ricciardo en 2014, superando ao Mercedes de Lewis Hamilton e o Ferrari de Alonso utilizando pneumáticos brandos moi degradados na penúltima volta, logrando unha vitoria incrible.
Características
Capacidade espectadores: 70.000
Lonxitude do circuíto: 4´381 quilómetros.
Distancia da carreira de Fórmula 1: 70 voltas = 306´670 quilómetros. 14 curvas en total (8 a dereita e 6 a esquerda).
Configuración aerodinámica: alta/moi alta. Velocidade máxima estimada 305 km/h con DRS, 295 km/h sen DRS
Aceleración a fondo: 55% do tempo de volta.
Tempo de freado: 14% do tempo da volta.
Total de combustible necesario para a distancia de carreira:
Consumo de combustible: kg por volta.
Cambio de marchas por volta:
Número de zonas de freado:
Desgaste dos freos: alto
Desgaste dos pneumáticos: medio
Distancia dos Boxes:
Perda de tempo nunha parada en boxes:
Tempo total necesario para a parada en boxes: 16 segundos (media)
Efecto de combustible (custo en tempo por volta de 10 kg de combustible transportado): 0´35 segundos.
Hungaroring coroou dous pilotos nos seus 20 anos de historia: tanto Nigel Mansell en 1992 e Michael Schumacher en 2001 lograron aquí o título de Campión do Mundo. Por outra banda, o equipo WilliamsF1 tamén logrou o campionato de construtores en Hungaroring en 1996.
O Gran Premio de Hungría de 2006 foi o primeiro gran premio baixo a chuvia en Hungaroring. Viu a retirada de moitos pilotos, incluíndo os candidatos ao campionato Fernando Alonso e Michael Schumacher e deu a Jenson Button e o renacido equipo Honda a súa primeira vitoria. Fernando Alonso con Renault tamén obtivo aquí a súa primeira vitoria nun Gran Premio en 2003, como resultado declarou que é o seu circuíto favorito.
De acordo ás declaracións e entrevistas, os pilotos teñen diferentes opinións sobre a pista. Mentres que moitos, como Ayrton Senna, Nigel Mansell, Michael Schumacher, Lewis Hamilton, e Fernando Alonso encántalles, moitos outros consideran a pista demasiado lenta, quente e esixente[Cómpre referencia].
O sábado 25 de xullo de 2009, na segunda rolda de clasificación para o Gran Premio de Hungría en Hungaroring, o piloto de FerrariFelipe Massa resultou ferido na cabeza, aínda que protexido polo casco o piloto foi golpeado por un resorte de suspensión que caera do Brawn GP de Rubens Barrichello durante a carreira a alta velocidade. Quedou inconsciente, e posteriormente estrelouse de fronte contra unha barreira de pneumáticos. Massa foi posteriormente trasladado en helicóptero ao hospital AEK de Budapest, onde foi sometido a unha cirurxía na zona que rodea o ollo esquerdo. A súa condición foi descrita inicialmente como "moi grave, pero estable", pero mellorou rapidamente. Massa foi dado de alta do hospital a semana seguinte e regresou a Brasil. Logo de máis probas, decidiuse que Massa necesitaba unha placa de titanio inserida no cranio.
Os afeccionados
Aínda que a maioría dos afeccionados estranxeiros son de Alemaña e Austria, Hungaroring tamén viu tradicionalmente unha grande afluencia de afeccionados finlandeses, isto atribúese especialmente á falta dun Gran Premio escandinavo. Coa perda da Gran Premio de Austria en 2003, converteuse no evento da Fórmula 1 máis próximo para os afeccionados doutros países de Europa central. Pero, o Gran Premio de Austria regresou de novo en 2014. A carreira de 2006 viu a moitos espectadores de Polonia debido ao debut do seu primeiro piloto de Fórmula Un, Robert Kubica.
Algúns din que Hungaroring é similar en estilo ao Circuíto de Mónaco, polas súas curvas pechadas e reviradas. O primeiro cambio no deseño da pista levouse a cabo en 1989, cando a chicana logo da actual curva tres (unha medida temporal feita durante a construción debido ao descubrimento dun manancial) eliminouse. En 2003, a recta principal alargouse en aproximadamente 200 m., e a forquita ao final da recta tamén se estreitou coa intención de facilitar a máis oportunidades de adiantamento, así como un estreitamento na curva 13.
O contrato prolongouse ata 2021,[9] aínda que a publicidade do tabaco está prohibida desde 2007.
Hungaroring é a base do automobilismo en Hungría. Ademais da Fórmula Un, tamén foi sede de carreiras da DTM e Campionato FIA GT. En 2011, foi sede da primeira edición da FIA WTCC Race of Hungary. Unha carreira pública de drag dispútase cada mes.
Todos os gañadores de Fórmula 1, no circuíto de Mogyoród