Felipe Massa, nado en São Paulo o 25 de abril de 1981, é un piloto brasileiro de Fórmula 1 que na actualidade, e até 2017, corre para Williams. Massa comezou a súa carreira en karting con oito anos de idade, continuando en campionatos nacionais e rexionais durante sete anos. Mudouse á Fórmula Chevrolet e gañou o campionato. Trasladouse á Fórmula Renault italiana en 2000 e gañou o título xunto co campionato de Europa. Massa entrou na Euro Fórmula 3000 acadando o campionato.
Massa comezou a súa carreira de Fórmula Un con Sauber antes de unirse á Ferrari como piloto de probas para 2003. Volveu a Sauber en 2004 e 2005 antes de reincorporarse a Ferrari onde gañou dúas carreiras en 2006 incluíndo o Gran Premio de casa converténdose no primeiro brasileiro, desde Ayrton Senna en gañar o Gran Premio do Brasil. Massa gañou tres carreiras en 2007, terminando 4º no campionato de pilotos. Terminou segundo no Campionato Mundial de Pilotos de 2008 tras unha longa batalla polo título con Lewis Hamilton. No Gran Premio de Hungría de 2009, Massa resultou ferido por un resorte de suspensión que se soltou do Brawn GP de Rubens Barrichello. Massa perdeuse o resto da tempada, pero volveu en 2010. Massa sufriu unha caída na forma en 2011 non logrando ningún podio pero anotando puntos habitualmente. Massa contribuíu á lograr os Campionatos de Construtores de Ferrari en 2007 e 2008 e mantivo contrato para competir co equipo ata o final da tempada de 2013.[1] O 10 de setembro de 2013, confirmou que se iría de Ferrari ao final da tempada 2013. O 10 de setembro de 2013, Massa substituíu a Pastor Maldonado e xunto a Valtteri Bottas correu en Williams a partir de 2014.[2]
O 1 de setembro de 2016, Massa anunciou que se retiraba da Fórmula Un ao final da tempada. Con todo, volveu para a tempada 2017 cando Valtteri Bottas marchou a Mercedes.
Traxectoria
Massa é de pai brasileiro e nai italiana. Os seus avós son orixinarios da cidade de Cerignola, na provincia de Foggia en Italia. En novembro de 2007, Masa casou coa empresaria Anna Raffaela Bassi.[3] O día 30 de novembro de 2009 naceu o primeiro fillo da parella, Felipe Bassi Massa, apelidado de Felipinho.[4] Massa empezou a competir nas carreiras de karts aos 9 anos acabando cuarto xa no seu primeiro campionato. Continuou en campionatos nacionais e internacionais e o ano 1998 pasou á Formúla Chervolet acabando o campionato brasileiro en 5º lugar. O ano seguinte gañou 3 das 10 carreiras conseguindo así gañar o campionato. No ano 2000 marchou a Europa para competir na Fórmula Renault. Logo de ter a oportunidade de participar na Fórmula 3 optou por competir na Fórmula 3000 onde gañou 6 das 8 carreiras e gañou o campionato. Grazas a esta actuación ofrecéuselle un test polo equipo Sauber con quen asinou o ano 2002.
Sauber (2002, 2004-2005)
No seu debut tivo por compañeiro de equipo ao campión da Fórmula 3000 de 1999, Nick Heidfeld. Malia demostrar ter un alto ritmo Felipe cometeu bastantes erros ao perder varias veces o control do coche. Sumou 4 puntos incluíndo un 5º lugar no Gran Premio de España de 2002. Máis tarde foi sancionado no Gran Premio dos Estados Unidos de 2002 e isto permitiu entrar ao equipo a Heinz-Harald Frentzen. Massa volveu ao circuíto de Suzuka pero Frentzen xa fora confirmado como compañeiro de Heidfeld para a tempada 2003 de Fórmula 1. Despois de que Jordan négaslle un asento Massa pasou a ser o píloto de probas de Ferrari.
Durante esta tempada de probas Massa madurou e deixou de cometer erros, así reasinou con Sauber o ano 2004 onde tería de compañeiro a Giancarlo Fisichella. Sumou 12 puntos dos 30 do equipo e foi cuarto no Gran Premio de Bélcica de 2004. Durante a tempada 2005 seguiu en Sauber pero debido ao baixo rendemento do coche non conseguiu sumar ningún punto, nesta tempada conseguiu superar ao seu compañeiro de equipo, Jacques Villeneuve.
O 10 de setembro de 2013, Massa anuncia través de Twitter que non seguiría como piloto de Ferrari en 2014.[6] Dous meses máis tarde, Williams confirmou ao brasileiro como novo piloto para 2014.[7]
O 1º de setembro de 2016, Felipe Massa anunciou que abandonará Williams e retirarase da Fórmula 1 a final de tempada. Pero o 16 de xaneiro de 2017, Massa reincorporouse a Williams despois de que Valtteri Bottas asinara con Mercedes.[9]