O Gran Premio de Mónaco de 2012 (formalmente o Formula 1 Grand Prix de Monaco 2012) é unha carreira de Fórmula 1 que se celebrara o 27 de maio de 2012 no Circuíto de Mónaco, Monte Carlo, Principado de Mónaco. É a sexta carreira do Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2012.
O circuíto sufriu algúns cambios importantes despois do accidente de Sergio Pérez durante a clasificación para o Gran Premio de Mónaco de 2011.[1] Pérez estrelouse con forza na chicane Nouvelle, sufrindo unha conmoción cerebral e unha coxa lesionada. Foi incapaz de tomar parte na carreira.[2][3] A consecuencia disto, os organizadores da carreira suavizaron a aproximación á chicane mediante a redución da pista en 20 centímetros, e a barreira coa que se golpeou Pérez foi trasladada quince metros. Outros cambios inclúen a ampliación da saída de boxes e a eliminación das árbores próximas para permitir que os pilotos poidan volver á carreira cunha maior visibilidade. Engadíronse barreiras TecPro tamén en Santa Devota e na Piscina.