O Gran Premio de Alemaña 2011 é unha carreira de Fórmula Un que se celebrou o 24 de xullo de 2011, en Nürburgring, Nürburg, Alemaña. Foi a décima carreira da tempada 2011.
O xoves antes da carreira, o Equipo Lotus anunciou que Karun Chandhok substituiría a Jarno Trulli a fin de semana.
A carreira, disputada sobre 60 voltas, foi gañada polo McLaren de Lewis Hamilton despois de partir segundo na grella. O Ferrari de Fernando Alonso terminou en segundo lugar, e Mark Webber, quen iniciou a carreira na pole position, completou o podio na terceira posición co Red Bull. O compañeiro de equipo de Webber, e líder do campionato Sebastian Vettel terminou en cuarto lugar, pondo fin a unha serie de once carreiras terminando no podio.
Como consecuencia da carreira, a ventaxe de Vettel no Campionato reduciuse a 77 puntos con Webber. A vitoria de Hamilton permitiulle acadar o terceiro lugar no campionato, cinco puntos por detrás de Webber , e catro por diante de Alonso. No Campionato de Construtores, Red Bull amplía a súa vantaxe no campionato a 112 puntos sobre McLaren, Ferrari con outros 51 puntos por detrás está en terceira posición.
Clasificación
Cualificación
Carreira
Posicións despois da carreira
- Campionato de pilotos
|
- Campionato de construtores
|
- Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.
Notas
- ↑ Buemi foi excluído da clasificación por unha irregularidade no combustible no seu Toro Rosso.
- ↑ Liuzzi caeu cinco lugares por cambiar a caixa de cambios
Véxase tamén
Ligazóns externas