O Gran Premio de Europa 2016 (oficialmente 2016 Formula One Grand Prix of Europe)[1] foi a oitava carreira da tempada 2016. Celebrouse o 19 de xuño de 2016 no Circuíto urbano de Bakú en Bakú, Azerbaidján.[2] Foi o vixésimo terceiro Gran Premio de Europa como unha rolda do Campionato Mundial de fórmula 1. foi a primeira vez que a carreira se celebrou no circuíto e a primeira vez que un Gran Premio se celebrou en Azerbaidján.
A raíz da carreira de 2012, o Gran Premio de Europa en Valencia cesou. Co Gran Premio de Corea cubrindo o incumprimento de contrato, Bernie Ecclestone titular dos dereitos comerciais do deporte, buscou unha carreira para substituílo,[3][4] Logo de explorar a posibilidade de revivir o Gran Premio de Europa en 2015, a carreira incluíuse no calendario de 2016.
Logo de proporcionar aos equipos o composto ultrabrando para Mónaco e Canadá,[5] o fornecedor de pneumáticos Pirelli trouxo os compostos superbrando, brando e medio para a carreira, a pesar de que o composto ultrabrando está deseñado especificamente para circuítos urbanos.[6] Pirelli explicou a decisión de non proporcionar os pneumáticos ultrabrandos como consecuencia da falta de datos de rendemento dispoñibles no circuíto.[7] Pirelli fixo previamente unha elección de pneumáticos conservadora similar para as primeiras carreiras noutros circuítos.
O circuíto tamén será sede da terceira rolda do campionato das GP2 Series de 2016 como unha carreira de apoio.[8]
Tralo anuncio inicial da súa reactivación, a carreira foi obxecto de críticas poloa falta de dereitos humanos en Azerbaidján, xa que a carreira se estableceu co apoio financeiro do goberno de Azerbaidján[9], as mesmas críticas que se fixeron na preparación para o Gran Premio de Rusia de 2014 que tamén se estableceu co apoio do goberno e polas acusacións da participación rusa no derribo do Voo 17 de Malaysia Airlines sobre Ucraína.[10] En resposta, os directores de equipo de Red Bull Racing e Mercedes, Christian Horner e Toto Wolff trataron de distanciar o deporte das cuestións políticas.[11]
A carreira, programada para o 19 de xuño, coincidía coa conclusión da 24 Horas de Le Mans de 2016.[12] O piloto de Force India Nico Hülkenberg, que gañou a carreira de 2015 con Porsche, non podería volver e defender o seu título, polo que acusou a Fórmula One Management de programar deliberadamente a carreira en conflito con Le Mans e impedir participar aos pilotos de Fórmula Un.[13]