Manor Racing

MRT-Mercedes[1]
Nome completo Manor Racing MRT
Bandeira coa que compite Reino Unido Reino Unido
Base en Banbury, Oxfordshire,
Reino Unido
Xefe de Equipo Stephen Fitzpatrick
(propietario)
Dave Ryan
(Director de carreira)
Director Técnico John McQuilliam
(Director técnico)[2]
Nicholas Tombazis
(Xefe aerodinámica)
Pat Fry
(Enxeñeiro consultor)
Pilotos 88. Rio Haryanto[3]
94. Alemaña Pascal Wehrlein[4]
Pilotos de probas
Chasis MRT05
Motor Mercedes PU106C Hybrid[5]
Pneumáticos Pirelli
Debut Gran Premio de Australia de 2016
Carreiras 21
Campionatos de Construtores 0
Campionatos de Pilotos 0
Vitorias 0
Pole positions 0
Voltas Rápidas 0
Puntos totais
Posición no campionato 11º (1 pto.)

Manor Grand Prix Racing Limited, tamén coñecido polo nome comercial Manor Racing e competindo co nome de construtor de MRT[6] (acrónimo para Manor Racing Team), é un equipo británico de carreiras de Fórmula Un con base en Banbury, Oxfordshire, no Reino Unido, e é operado por Manor Motorsport. O equipo competiu co nome de Manor Racing por primeira vez na tempada de Fórmula Un de 2016. Inicialmente o equipo comezou a competir en 2010 baixo o nome "Virgin Racing", mais ao ano seguinte Virgin adoptou a Marussia como patrocinador do título do equipo e converteuse en "Marussia Virgin Racing", até ser totalmente rebautizado como "Marussia F1 Team" para a tempada de 2012.

O 19 de xaneiro de 2015 os administradores da Marussia anunciaron que a poxa dos seus coches e bens fora cancelada para permitir unha posíbel venda. O equipo saíu da administración concursal o 19 de febreiro de 2015, e foi restablecido como "Manor Marussia F1 Team" despois de que se garantiron novos investimentos para salvar o equipo. Marussia mantivo o seu nome de construtor durante toda a tempada de 2015, tamén adoptando unha licenza británica. O 19 de xaneiro de 2016, o equipo anunciou que fora renomeado como "Manor Racing".[7][8] A partir da tempada de 2016, a Manor usará motores Mercedes.

Historia

Antecedentes

En 2009, o Manor Grand Prix conseguiu unha praza para participar na Fórmula Un na tempada 2010, como alianza entre o equipo de carreiras Manor Motorsport e Wirth Research. Antes do final do ano nomeáronse Virgin Racing, logo de que Richard Branson, propietario das empresas de Virgin Group, comprara os dereitos de patrocinio. Marussia foi un dos socios do equipo na súa primeira tempada, na que terminou 12º e último no campionato de construtores. En novembro de 2010 Marussia adquiriu unha participación maioritaria no equipo, que pasou a ser coñecido como "Marussia Virgin Racing" para a tempada 2011. Logo dun decepcionante inicio da tempada 2011, o equipo separouse de Wirth Research, e estabeleceu relacións con McLaren Applied Technologies antes da tempada 2012. O equipo trasladouse ás instalacións de Wirth en Banbury, da súa base orixinal en Dinnington, en Yorkshire. Mentres tanto, o equipo acabou outra vez último no campionato de construtores. En novembro de 2011, o equipo pediu á comisión da Fórmula Un cambiar oficialmente o seu nome de construtor para a tempada de Fórmula Un de 2012. De Virgin a Marussia, para reflectir a súa nova propiedade.[9] O permiso foi concedido antes de ser ratificado formalmente nunha reunión do Consello Mundial de Automobilismo da FIA.[10]

En 2014 o equipo, xunto con Caterham, entrou en administración concursal.[11] Posteriormente, os administradores de Manor Motorsport anunciaron que o equipo sairía a concurso o 19 de febreiro de 2015 e planificaría participar na tempada 2015 de Fórmula Un. O equipo competiu en 2015 baixo o nome de Manor Marussia F1 Team con John Booth e Graeme Lowdon dirixindo o equipo.[12] O equipo foi comprado polo empresario Stephen Fitzpatrick, con Justin King como presidente.[13]


Tempada 2016

O 22 de febreiro de 2016, Manor presentou o seu novo coche na primeira proba. O equipo foi sometido a unha completa renovación baixo a propiedade de Fitzpatrick, e viu cambiar as cores do equipo a laranxa, branco e azul..[14]

Resultados completos na Fórmula Un

(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Ano Chasis Motor Pneu. Pilotos 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 Puntos Pos.
2016 Manor MRT05 Mercedes PU106C Hybrid P AUS
BHR
CHN
RUS
ESP
MON
CAN
MAL
AUT
GBR
HUN
ALE
BEL
ITA
SIN
MAL
XPN
USA
MEX
BRA
ABU
1 11º
Rio Haryanto Ret 17 21 Ret 17 15 19 18 16 Ret 21 20
Francia Esteban Ocon 16 18 18 16 21 18 21 12 13
Alemaña Pascal Wehrlein 16 13 18 18 16 14 17 Ret 10 Ret 19 17 Ret Ret 16 15 22 17 Ret 15 14

Notas

  1. "Manor F1 chassis to be called MRT". adamcooperf1.com. 20 de xaneiro de 2016. Arquivado dende o orixinal o 20 de xaneiro de 2016. Consultado o 20 de xaneiro de 2016. 
  2. "Team". Manor Racing. Arquivado dende o orixinal o 30 de marzo de 2018. Consultado o 23 de febreiro de 2016. 
  3. "Manor sign rookie Haryanto to complete 2016 grid". Formula1.com. Formula One Administration. 18 de febreiro de 2016. Consultado o 18 de febreiro de 2016. 
  4. "Manor sign rookie Wehrlein to lead 2016 F1 attack". Formula1.com. Formula One Administration. 10 de febreiro de 2016. Consultado o 10 de febreiro de 2016. 
  5. Galloway, James (1 de outubro de 2015). "Mercedes to supply Manor with engines from 2016 season". Sky Sports F1 (BSkyB). Consultado o 1 de outubro de 2015. 
  6. "Manor Racing adota nome MRT para chassi de 2016 na F1". Grande Prêmio. Arquivado dende o orixinal o 27 de xaneiro de 2016. Consultado o 26 de xaneiro de 2016. 
  7. "Manor apresenta novo logo e muda nome para temporada 2016". Motorsport. Arquivado dende o orixinal o 27 de xaneiro de 2016. Consultado o 26 de xaneiro de 2016. 
  8. "Manor enfim abandona nome Marussia e promete “revelação de tudo” no dia do início da pré-temporada da F1". Grande Prêmio. Arquivado dende o orixinal o 27 de xaneiro de 2016. Consultado o 26 de xaneiro de 2016. 
  9. Noble, Jonathan (1 de novembro de 2011). "Virgin applies for name change to become Marussia". Autosport (Haymarket Publications). Consultado o 26 de xaneiro de 2016. 
  10. Cooper, Adam (3 November 2011). "Caterham, Lotus and Marussia name changes approved". Adam Cooper's F1 Blog (WordPress). Consultado o 26 de xaneiro de 2016. 
  11. "Marussia F1 team goes into administration". BBC News. 27 de outubro de 2014. Consultado o 26 de xaneiro de 2016. 
  12. Esler, William (4 de febreiro de 2015). "Marussia's administrators say the team will exit administration on February 19". Sky Sports (BSkyB). Consultado o 26 de xaneiro de 2016. 
  13. Benson, Andrew (5 de marzo de 2015). "Manor Marussia aim to be ready for start of F1 season". BBC Sport. BBC. Consultado o 26 de xaneiro de 2016. 
  14. <http://www.skysports.com/f1/news/17581/10155197/manor-launch-their-2016-f1-car-the-mrt05

Ligazóns externas

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!