O Gran Premio de Australia de 2011 (oficialmente Gran Premio de Australia de Fórmula 1 Qantas de 2011)[1] foi unha carreira de Fórmula 1 celebrada o 27 de marzo de 2011 no Circuíto Albert Park en Melbourne. Será a carreira 76 na historia combinada do Gran Premio de Australia, que remontase á 100 Miles Road Race de 1928. Orixinalmente planeada como a segunda carreira do Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2011, converteuse na apertura da tempada coa cancelación do Gran Premio de Bahrein polos disturbios civís no país.
O piloto alemán de Red Bull Racing Sebastian Vettel acadou a pole position do Gran Premio, rexistrando un tempo ao redor de oito décimas de segundo por diante do piloto británico de McLaren Lewis Hamilton. O compañeiro de equipo de Vettel, Mark Webber quedou a menos dunha décima de segundo por detrás de Hamilton para ser terceiro na carreira do seu país.
Post carreira
Durante a inspección posterior á carreira nos Sauber de Kobayashi e Pérez constatouse que non cumprían coas normativas deportivas, debido a unha infracción técnica no elemento superior do alerón traseiro, polo que se descualificaron aos dous da clasificación.
Clasificación
Cualificación
Carreira
Campionato tras a carreira
- Campionato de pilotos
|
- Campionato de construtores
|
- Nota: só se inclúen as cinco primeiras posicións en ambas as clasificacións.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas