O Gran Premio de Hungría de 2012, oficialmente o XXVIII Eni Magyar Nagydij 2012[1], foi unha carreira de Fórmula Un que se disputou o 29 de xullo de 2012, no circuíto de Hungaroring preto de Mogyoród, Hungría. Foi a undécima carreira da tempada de 2012.
Antecedentes
- Cambios na normativa
Red Bull Racing foi denunciado polos comisarios da carreira de Alemaña e logo polo Delegado Técnico da FIA Jo Bauer de que os mapas do motor tiñan o potencial para violar os regulamentos técnicos.[2] Red Bull foi acusado de manipular a relación entre o par producido polo Red Bull RB8 e o grao en que o acelerador estaba aberto, sobre todo no medio de curvas rápidas, permitindo así que pase máis aire a través do escape e o difusor, o que xera máis carga aerodinámica. Red Bull foi absolto de malas prácticas, en palabras dos comisarios, non romperon ningunha regra técnica, pero a FIA anunciou plans para reformular as normas que rexen os mapas do acelerador co fin de prohibir totalmente esta práctica antes do Gran Premio de Hungría.[3]
- Cambios de pilotos
Dani Clos remplazou a Narain Karthikeyan, unha vez máis na primeira sesión de adestramentos libres da mañá do venres[4] Jules Bianchi pilotou no lugar de Nico Hülkenberg en Force India, mentres que Valtteri Bottas pilotou o Williams, en substitución de Bruno Senna.
Clasificación
Cualificación
Carreira
Posicións logo da carreira
- Clasificación no campionato de pilotos
|
- Clasificación do campionato de construtores
|
- Note: Only the top five positions are included for both sets of standings.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas