Mika Häkkinen

Modelo:BiografíaMika Häkkinen

(2016) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(fi) Mika Pauli Häkkinen Editar o valor en Wikidata
28 de setembro de 1968 Editar o valor en Wikidata (56 anos)
Vantaa, Finlandia Editar o valor en Wikidata
ResidenciaVantaa
Mónaco Editar o valor en Wikidata
Altura179 cm Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpiloto de Fórmula Un, piloto de automobilismo Editar o valor en Wikidata
Deporteautomobilismo Editar o valor en Wikidata
Participou en
17 de xaneiro de 2017Encontro Anual do Foro Económico Mundial de 2017
20 de xaneiro de 2016Encontro Anual do Foro Económico Mundial de 2016 Editar o valor en Wikidata
Premios

IMDB: nm1355333 Twitter: F1MikaHakkinen Editar o valor en Wikidata
Mika Häkkinen en Hockenheimring, Alemaña, co seu AMG-Mercedes SLK 55.
Mika Häkkinen no Gran Premio do Canadá de 1999, o cal gañou.

Mika Pauli Häkkinen nado en Vantaa, Finlandia o 28 de setembro de 1968, é un piloto finlandés de carreiras que foi Campión do Mundo de Fórmula 1 en 1998 e 1999. esta retirado da alta competición, aínda que competiu ata 2007 no Campionato Alemán de Turismos.

Biografía

Como a maioría dos pilotos campións, correu en kartings desde os 5 anos, gañando unha sucesión de campionatos rexionais e nacionais antes de pasar a fórmulas maiores. Chamou a atención dos adestradores cando gañou o campionato Británico de Fórmula 3 en 1990, Mika uniuse ao equipo de F1 Lotus en 1991.

En 1993 chega a McLaren da man do seu patrón Ron Dennis, sendo probador do equipo durante o primeiro ano. Tras a marcha de Michael Andretti aos Estados Unidos, Mika accedeu á titularidade do equipo, onde acadou o seu primeiro podio aos mandos dun McLaren con motor Ford, a finais de 1993, compartindo equipo co mítico Ayrton Senna.

En 1995, no transcurso dunha sesión de adestramentos no circuíto australiano de Adelaida, o seu McLaren Mercedes rebentou unha roda impactando frontalmente contra un muro. As asistencias sanitarias tiveron que practicarlle unha traqueotomía de urxencia salvándolle a vida. Tras recuperarse do coma no que entrou, volveu aos circuítos máis combativo que nunca, forxando ao mesmo tempo unha excelente relación afectiva co seu patrón, Ron Dennis.

En 1997 gaña o seu primeiro Gran Premio, en Xerez, e nos dous seguintes anos, 1998 e 1999, logrou inscribir o seu nome nos libros de historia ao proclamarse Campión de F1.

Logo de loitar contra o Ferrari de Michael Schumacher en 2000 e 2001, onde a escuadra italiana traballou mellor, Häkkinen tomouse a tempada 2002 "sabática", pero anunciou a súa retirada permanente durante ese ano, cedendo o seu posto ao seu compatriota Kimi Räikkönen.

En 2003 rompe a súa relación profesional co seu preparador de toda a vida, Keke Rosberg.

En 2005 conduce un AMG-Mercedes SLK 55 H.W.A. GmbH no campionato Alemán de Turismos (DTM), logrando subirse ao podio en varias ocasións, unha delas no máis alto, en Spa, Bélxica.

En 2006 volve repetir en DTM cun Mercedes. Neste mesmo ano, probaría novamente os mandos dun McLaren-Mercedes. Foi no circuíto español de Cataluña.

En 2007 repite na DTM cun Mercedes. Pero este ano será o último no que veremos a Mika Häkkinen ao volante dun coche de carreiras.

Do Grandísimo Mika Pauli Häkkinen sempre nos quedará o recordo dun gran piloto, prudente, respectuoso e todo un cabaleiro nas pistas. Quedaranos a imaxe do seu abandono en Monza, en 1999, onde, tras un erro propio mentres ía na cabeza, saíuse da pista e rompeu a chorar nunha imaxe que deu a volta ao mundo. Quedaranos un dos mellores adiantamentos da historia da Fórmula 1, o que lle fixo a Michael Schumacher en Spa en 2000, dobrando ao mesmo tempo a Ricardo Zonta, xuntándose os tres coches na pista ao final de recta.

De Mika quedaranos o recordo do seu alcume deporitvo, o "finlandés voador".

Häkkinen estivo casado con Erja Honkanen, reside en Mónaco e teñen un fillo chamado Hugo e unha filla chamada Aina Julia.

A finais de 2007 ou principios de 2008, Mika divorciouse de Erja.

Actualmente, é embaixador da afamada marca de whisky Johnnie Walker, coa que realiza tarefas de concienciación do consumo responsable, sobre todo ao volante.

Mika Häkkinen durante o Gran Premio dos Estados Unidos de 2000, que non podería acabar por problemas no motor.

Resultados completos na Fórmula 1

Ano Equipo 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 Posición Puntos
1991 Lotus USA

Ret

BRA

9

SMR

5

MON

Ret

CAN

Ret

MEX

9

FRA

NSC

RU

12

ALE

Ret

HUN

14

BEL

Ret

ITA

14

POR

14

ESP

Ret

XPN

Ret

AUS

19

17º 2
1992 Lotus RSA

9

MEX

6

BRA

10

ESP

Ret

SMR

NSC

MON

Ret

CAN

Ret

FRA

4

RU

6

ALE

Ret

HUN

4

BEL

6

ITA

Ret

POR

5

XPN

Ret

AUS

7

11
1993 McLaren RSA

NPP

BRA

NPP

EUR

NPP

SMR

NPP

ESP

NPP

MON

NPP

CAN

NPP

FRA

NPP

RU

NPP

ALE

NPP

HUN

NPP

BEL

NPP

ITA

NPP

POR

Ret

XPN

3

AUS

Ret

16º 4
1994 McLaren BRA

Ret

PCF

Ret

SMR

3

MON

Ret

ESP

Ret

CAN

Ret

FRA

Ret

RU

3

ALE

Ret

HUN

EX

BEL

2

ITA

3

POR

3

EUR

3

XPN

7

AUS

12

26
1995 McLaren BRA

4

ARX

Ret

SMR

5

ESP

Ret

MON

Ret

CAN

Ret

FRA

7

RU

Ret

ALE

Ret

HUN

Ret

BEL

Ret

ITA

2

POR

Ret

EUR

8

PCF

Les[1]

XPN

2

AUS

NTS

17
1996 McLaren AUS

5

BRA

4

ARX

Ret

EUR

8

SMR

8

MON

6

ESP

5

CAN

5

FRA

5

RU

3

ALE

Ret

HUN

4

BEL

3

ITA

3

POR

Ret

XPN

3

31
1997 McLaren AUS

3

BRA

4

ARX

5

SMR

6

MON

Ret

ESP

7

CAN

Ret

FRA

Ret

RU

Ret

ALE

3

HUN

Ret

BEL

DSC

ITA

9

AUT

Ret

LUX

Ret

XPN

4

EUR

1

27
1998 McLaren AUS

1

BRA

1

ARX

2

SMR

Ret

ESP

1

MON

1

CAN

Ret

FRA

3

RU

2

AUT

1

ALE

1

HUN

6

BEL

Ret

ITA

4

LUX

1

XPN

1

100
1999 McLaren AUS

Ret

BRA

1

SMR

Ret

MON

3

ESP

1

CAN

1

FRA

2

RU

Ret

AUT

3

ALE

Ret

HUN

1

BEL

2

ITA

Ret

EUR

5

MYS

3

XPN

1

76
2000 McLaren AUS

Ret

BRA

Ret

SMR

2

RU

2

ESP

1

EUR

2

MON

6

CAN

4

FRA

2

AUT

1

ALE

2

HUN

1

BEL

1

ITA

2

USA

Ret

XPN

2

MYS

4

89
2001 McLaren AUS

Ret

MYS

6

BRA

NTS

SMR

4

ESP

9

AUT

Ret

MON

Ret

CAN

3

EUR

6

FRA

NTS

RU

1

ALE

Ret

HUN

5

BEL

4

ITA

Ret

USA

1

XPN

4

37
Predecesor:
Jacques Villeneuve
Campión da Fórmula 1
1998-1999
Sucesor:
Michael Schumacher

Notas

  1. apendicite

Véxase tamén

Ligazóns externas

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!