O Gran Premio de España de 1997 foi unha carreira de motor de Fórmula Un celebrada o 25 de maio de 1997 no Circuíto de Cataluña, Barcelona. Foi a sexta carreira da tempada de Fórmula Un de 1997. Este Gran Premio de España[1] é lembrado pola grande actuación de Olivier Panis, que partiu do 12º posto na grella e terminou 2º recortando distancia co líder Jacques Villeneuve de 1´5 a 2 segundos por volta ao final da carreira.
Michael Schumacher tivo un bo comezo. Empezou 7º, terminou a primeira volta na segunda posición e desafiou a Villeneuve que lideraba no Williams. Con todo, Schumacher, no Ferrari, non alcanzou ao líder e comezaba a alonxarse do resto dos coches. Na 13ª volta, a diferenza con Villeneuve era de aproximadamente 20 segundos e un tren de coches composto por David Coulthard, Jean Alesi, Mika Häkkinen, Heinz-Harald Frentzen, e Johnny Herbert estaba detrás del. Os seus tempos de volta eran aproximadamente de 1:26 mentres que o de Villeneuve era 1:22.
Nesta carreira de alto desgaste de pneumáticos, especialmente para os pneumáticos Goodyear,[2] o primeiro pit stop comezou a aproximadamente na volta 14, e o último foi na volta 25, o fixo Olivier Panis, no seu finamente equilibrado Prost con pnemáticos Bridgestone. Pouco despois, a partir da volta 29, tres corredores comezaron a parar por segunda vez. Isto permitiu a Panis gañar posicións, e na volta 34, era cuarto, acercándose a Alesi e Coulthard que eran 2º e 3º respectivamente. Pouco despois, Panis superou a Coulthard, que montaba uns inferiores pneumáticos Goodyear, nun bo movemento achegándose á primeira curva. Panis logrou pasar ao segundo lugar por diante de Alesi nos pits.
Panis acercábase ao líder, Villeneuve, reducindo aproximadamente 1´5 segundos por volta ao líder. Ao final da volta 49, a diferenza era de 10´8 segundos, contra a diferenza de 13 segundos ao final da volta 47. No entanto, durante a volta 50, Panis foi detido polo tráfico, primeiro o Jordan de Ralf Schumacher e despois o Ferrari de Eddie Irvine. Os comisarios non axitaron as bandeiras azuis,[2] Irvine non deixou pasar a Panis, permitindo así que Jean Alesi e Michael Schumacher puidesen collelo. Cando Irvine finalmente cedeu na volta 57, a carreira de Panis estaba arruinada, e a diferenza con Villeneuve aumentara a 16´1 segundos. Irvine obtivo máis tarde unha penalización de stop and go polas súas accións. Despois de que Panis abandonara o tráfico, estivo a facer de 1´5 a 2 segundos máis rápido que o líder e logrou pechar a brecha a menos de 6 segundos ao final da carreira pero era demasiado tarde e Villeneuve acadou a súa terceira vitoria da tempada.
Este foi o último podio de Panis na Fórmula Un. Foi tamén un podio moi raro de lingua francesa.
Clasificación no campionato de pilotos