A orixe da empresa Peugeot remóntase ós inicios do século XIX, cando Jean-Jacques Peugeot se instala preto de Doubs onde comenza a fabricar muíños de café. Este primeiro medio de produción trae como consecuencia despois do seu falecemento a creación dunha fábrica para a construción de muíños en Sous-Cratet. Os seus dous fillos, Jean-Pierre Peugeot e Jean-Georges Peugeot, crearán posteriormente un imperio produtivo. O menor dos dous, Jean-Pierre, lánzase posteriormente no sector do téxtil en Hérimoncourt. Este terá dous fillos, Jean-Pierre Peugeot júnior e Jean-Frédéric Peugeot, que transformarán o muíño de Sous-Cratet nunha fundación.
É en 1832 cando Jean-Pierre Peugeot funda a sociedade "Peugeot Frères aìnés" para a explotación da fundación de Sous-Cratet. Os resultados son bos e en 1833 unha segunda fábrica en Terre-Blanche é construída. En 1852 Jean-Pierre júnior morre deixando dous fillos, Jules e Émile. Estes dous van a explotar novos sectores do comercio da época.
En 1885 Armand Peugeot interésase por un novo invento, a bicicleta (que segue hoxe en día baixo o nome de Peugeot Cycles). Cabe aclarar que a familia Peugeot destacouse tamén (e aínda o fai) na fabricación artesanal de pimenteiros e saleiros de mesa finamente decorados co león da marca. Tamén fabricaron ferramentas de alta calidade. Finalmente é en 1889 cando Armand se lanza á aventura do automóbil, presentindo o éxito que colleitará este novo medio de transporte. Sen sabelo Armand creou a que é hoxe en día a segunda marca de automóbiles con máis tradición do mundo: Peugeot.
Juuso Pykälistö no seu Peugeot 206 WRC durante o Rally de Suecia 2003
Peugeot foi o dominador dos rallies do Grupo B co Peugeot 205 Turbo 16 durante os anos 1985 e 1986, tanto na categoría de construtores como na de pilotos, con Timo Salonen e Juha Kankkunen. A marca retirouse coa supresión da categoría Grupo B.
Peugeot regresou ó campionato do mundo de rallies a finais de 1999 co Peugeot 206 WRC, ganando tres veces o campionato de construtores (2000, 2001 e 2002) e dous o de pilotos con Marcus Grönholm (2000 e 2002). No ano 2004 o Peugeot 206 WRC é substituído polo 307, pero non consegue bos resultados. A finais do 2004 Peugeot anuncia a súa retirada ó rematar o 2005.
1988: Peugeot alcanza co seu WM P 88 os 407 km/h na "Ligne Droite des Hunaudières" no circuíto da Sarthe, o que significou un novo récord aínda vixente.
1992: Peugeot gaña as 24 Horas de Le Mans co seu bólido 905, triplete de Warwick, Dalmas e Blundell.
1993: Peugeot gaña as 24 Horas de Le Mans co seu bólido 905, triplete de Brabham, Helary e Bouchut.
1994: Peugeot participa na máxima especialidade da man do equipo McLaren, logrando o carto posto no Mundial de Construtores.
1995-1997: Peugeot cambia os McLaren polos Jordan, sendo quintos no Mundial en ambos anos.
1998-2000: Menos afortunada a última etapa de Peugeot na Fórmula 1, estando tres anos asociados a Prost, a escudería do mítico Alain Prost.
O propulsor Peugeot mostrouse sempre como un dos máis potentes e fiables nas súas diferentes versións. Peugeot retiraríase da Fórmula 1 en 2000, deixando tras de si a participación en 115 Grandes Premios.
Peugeot — Unha marca do Grupo PSA — desde 1950 ata o presente