O Gran Premio do Brasil de 1990 foi unha carreira de automobilismo de Fórmula 1, celebrada o 25 de marzo de 1990 no circuíto de Interlagos de São Paulo. Foi a segunda carreira da tempada de 1990 e tamén foi o décimo noveno Gran Premio do Brasil e o noveno en Interlagos. O circuíto de São Paulo non albergaba o Gran Premio desde 1980 e o circuíto foi amplamente renovado e a lonxitude do circuíto reducida case á metade. A carreira disputouse sobre 71 voltas ao circuíto de catro quilómetros (fronte a 40 nas carreiras do circuíto orixinal), para unha carreira de 307 quilómetros.
A carreira foi gañada por sexta vez polo campión do mundo reinante Alain Prost pilotando un Ferrari 641. O triunfo ampliou a marca de Prost como máximo vencedor do Gran Premio do Brasil. A marxe de vitoria de Prost foi de 13 segundos sobre o piloto austríaco Gerhard Berger que pilotaba un McLaren MP4/5B. O compañeiro de equipo de Berger, Ayrton Senna, foi terceiro.
O circuíto reconstruído que era a sede da carreira por primeira vez desde 1980 alterouse drasticamente, a pista fora acurtada en 3´5 km e perdeu moitas curvas rápidas e a recta Retao, que permitía aos pilotos de Fórmula 1 usar o acelerador a fondo durante 20 segundos.
Na pre-cualificación, o equipo de Life Racing Engines viu ao seu coche estalar a 400 metros logo de saír dos boxes, Gary Brabham afirmou que os mecánicos estaban en folga e negáranse a poñer gasolina no coche.[Cómpre referencia]
O heroe local Ayrton Senna logrou a súa 43ª pole position na carreira e liderou desde o principio. Gianni Morbidelli cualificou por primeira vez na súa carreira na Fórmula Un.
Logo de cualificarse, o piloto de Williams Thierry Boutsen, 3º na grella, predixo que a Scuderia Ferrari na 3ª fila da grella serían os coches a bater, citando a súa transmisión semiautomática e o seu cambio semiautomático que permitían a Alain Prost e Nigel Mansell manter as súas mans no volante ao redor das curvas cheas de fochancas na parte posterior do circuíto.
Na primeira curva, Jean Alesi, Alessandro Nannini e Andrea de Cesaris engancháronse, eliminando a de Cesaris e obrigando ao piloto de Benetton a deterse para cambiar o morro. Na volta 8, Boutsen pasou a Berger para o segundo lugar, e Prost no Ferrari adiantou ao piloto de McLaren na volta 17. Mansell entrou nos boxes na volta 27 para poñer pneumáticos novos e tamén para inspeccionar unha barra estabilizadora rota, reincorporándose no noveno lugar.
A parada en boxes de Boutsen na volta 30 foi un desastre. Falláronlle os freos, e no pitlane, o Williams non puido parar e estrelouse contra un montón de pneumáticos que o equipo tiña apilados fora do garaxe. Isto requiriu un novo morro e cando reincorporouse, estaba na 11ª posición.
Prost presionaba, na volta 35 puxérase segundo a 10 segundos de Senna, e estaba agora por diante de Riccardo Patrese, Berger e Nelson Piquet. Cando Senna achegouse ao seu excompañeiro de equipo en Lotus, Satoru Nakajima, contactaron e o McLaren tivo que entrar en boxes a poñer un morro novo. Reincorporouse e loitou duramente, pero os reducidos niveis da carga aerodinámica fixeron o coche difícil conducir. Na volta 66, Patrese retirouse co refrixerador de aceite roto.
Prost obtivo o seu 40ª vitoria, e a súa primeira con Ferrari, por diante de Berger e un recuperado Senna. Mansell terminou nun excelente 4º, logo de conducir a través da pista cunha barra estabilizadora rota. Boutsen finalizou nun meritorio 5º posto e Piquet logrou o último punto fronte ao seu público en casa logo de pasar a Alesi, que sufría un severo desgaste dos pneumáticos logo de intentar correr sen parar cos seus Pirelli, na última volta.