Automobiles Gonfaronnaises Sportives

AGS
Nome completo Automobiles Gonfaronnaises Sportives
Bandeira Francia
Baseada en Gonfaron, Francia
Tempadas en activo 6 (1986 - 1991)
Número de pilotos Italia Ivan Capelli
Francia Pascal Fabre
Roberto Moreno
Francia Philippe Streiff
Alemaña Joachim Winkelhock
Italia Gabriele Tarquini
Francia Yannick Dalmas
Stefan Johansson
Italia Fabrizio Barbazza
Francia Olivier Grouillard
Debut Gran Premio de Italia de 1986
Carreiras 80
Campionatos de Construtores 0
Campionatos de Pilotos 0
Vitorias 0 (mellor final: 6º, Gran Premio de Australia de 1987 e Gran Premio de México de 1989)
Pole positions 0 (mellor posición na grella: 10º, Gran Premio do Canadá de 1988)
Voltas Rápidas 0
Puntos totais
Derradeiro GP Gran Premio de España de 1991


Automobiles Gonfaronnaises Sportives (tamén coñecido como AGS e Gonfaron Sports Cars) foi un pequeno construtor francés que competiu en diversas categorías durante un período de trinta anos, incluíndo a Fórmula Un desde 1986 a 1991.

AGS sobrevive como unha próspera escola de condución de Fórmula 1, en Le Luc preto de Gonfaron.[1]

Fundación

O equipo foi fundado polo mecánico francés, Henri Julien, que rexentaba unha Estación de servizo, o "Garage de l'Avenir", en Gonfaron, unha vila francesa de provincias.[2] A finais de 1950 comezos de 1960, Julien participaba regularmente en carreiras das clases de menores. Aínda que non era un piloto excepcional, o coñecemento técnico que adquiriu finalmente levouno a iniciar a construción de coches de carreiras.

Primeiro coche

O primeiro coche de Julien, o AGS JH1, viu a luz do día no ano 1969. Foi un pequeno monopraza, para competir na "Fórmula Francia". O coche foi deseñado polo ex aprendiz de Julien, o mecánico belga Christian Vanderpleyn, que estivera no garaxe (e co equipo de carreiras) desde finais de 1950 e que se quedaría ata 1988. AGS seguiu adiante e produciu o seu propio coche de Fórmula 3, era ambicioso, pero non o suficientemente bo para competir seriamente cos Martinis que dominaron esa serie na década de 1970.

Fórmula 2

AGS deu outro paso adiante en 1978, cando o equipo comezou a competir no campionato europeo de Fórmula 2. Aínda así, o coche, continuaba sendo o AGS JH15, deseño propio (de Vanderpleyn), construción propia e pilotaxe propio. A Fórmula 2 foi unha competición difícil para o pequeno equipo, nas carreiras de 1978 e 1979 non anotaron ningún punto do campionato. A década de 1980 foi algo mellor. AGS foi un dos poucos equipos que corría cos seus propios coches (Maurer, Minardi e Merzario foron os outros), e, finalmente, o equipo foi capaz de sumar puntos con regularidade. Pronto tamén chegaron algunhas vitorias. AGS fixo historia cando o piloto Philippe Streiff gañou a última carreira de Fórmula 2 en 1984, utilizando un AGS JH19C.

Fórmula 3000

En 1985, AGS cambiou á Fórmula 3000. Co JH20, baseado no Duqueine VG4.[3] O JH20 utilizaba un motor de Cosworth DFV fornecido a través da firma suíza de tuning Mader.[3] Os resultados foron mediocres en 1985 e 1986.

Fórmula Un

Comezos

A finais do verán de 1986, AGS participou no Gran Premio de Italia en Monza, a súa primeira carreira de Fórmula Un. A estrutura era un tanto estraña. O equipo non tiña máis de 7 empregados e aínda tiña a súa sede no Garage de l'Avenir en Gonfaron. Comparado coas instalacións de Williams, McLaren ou Ferrari, eran ridículas.

AGS presentou un coche deseñado unha vez máis por Vanderpleyn. O JH21C era unha estraña mestura entre os antigos vehículos AGS de F3000 con partes de Renault F1 que foron utilizadas amplamente. O coche estaba impulsado por un ben utilizado motor Motori Moderni turbo (a única vez que estes motores desenvolvidos por Carlo Chiti foron entregados a un equipo cliente) e pilotado polo italiano Ivan Capelli.[3] Unhas semanas antes, o coche fora probado en Paul Ricard por Didier Pironi, que pilotaba un coche de F1 por primeira vez desde que rompera unha perna nun accidente no Gran Premio de Alemaña de 1982. Debido a problemas técnicos, nin no seu primeiro intento, nin na seguinte carreira en Portugal Capelli logrou chegar ao final.

Na primeira tempada completa do equipo na F1 en 1987, Vanderpleyn deseñou o JH22, que utilizaba un motor de aspiración normal, o Cosworth DFZ, era moi parecido ao JH21C. O coche foi pilotado inicialmente por Pascal Fabre, que pilotara para o equipo na Fórmula 2 en 1982. Demostrou ser un piloto fiable, terminando oito das nove primeiras carreiras, pero nunca estivo na pelexa para sumar puntos e non puido cualificarse en tres ocasións. AGS mellorou nas dúas últimas carreiras da tempada, cando Fabre foi substituído polo brasileiro Roberto Moreno (que tivo a súa primeira oportunidade na Fórmula Un desde 1982, cando non puidera cualificar cun Lotus oficial). En Adelaide, Moreno anotou o primeiro punto no campionato de AGS, o que significou que o equipo terminou a tempada empatado a puntos cos equipos mellor financiados de Ligier e March.

Relevo

En 1988, AGS presentou un novo coche, o JH23,[3], e a Philippe Streiff como único piloto do equipo. Streiff pilotou rápido e cualificouse en todas as carreiras, pero viu a bandeira a cadros só catro veces, en todas as demais carreiras dese ano sufriu fallas técnicas ou accidentes. Financeiramente, o ano empezou ben e terminou en desastre. AGS tiña un patrocinador sólido, o grupo francés Bouygues, que prometeu apoiar non só a actividade de carreiras, senón tamén a realización dunha nova fábrica fóra de Gonfaron. Logo de que AGS comezara a traballar na nova instalación, Bouygues retirouse do equipo, deixando a Julien sen ningún tipo de apoio. Para salvar ao equipo, finalmente tivo que vendelo a Cyril de Rouvre, un empresario francés con diferentes ambicións.

Dificultades

As cousas foron de mal a peor. A nova dirección do equipo cambiaba con frecuencia (por exemplo Vanderpleyn marchou a Coloni) e trouxo unha gran desorde. O peor estaba por vir, Streiff quedou tetrapléxico nun accidente nunhas probas no Brasil antes da tempada de 1989.

Foi substituído por Gabriele Tarquini, que sorprendeu con algunhas grandes actuacións na primeira metade da tempada. Estivo moi preto dos puntos, tanto no Gran Premio de Mónaco de 1989 como no Gran Premio dos Estados Unidos de 1989, pero retirouse nas dúas carreiras. Daquela as cousas foron mellor no Gran Premio de México de 1989, onde terminou sexto e sumou o seu primeiro punto. Pero logo deste éxito, o equipo nunca foi capaz de volver a ser competitivo de novo.

Na segunda parte da tempada 1989, o equipo tivo que pre cualificar, unha tarefa que estivo a piques de non lograr Gabriele Tarquini e Yannick Dalmas. AGS logo terminou 15º no Campionato de Construtores, igualados cos Lolas utilizados polo equipo Larrousse. Durante os meses de verán, houbo fortes rumores de que AGS non tardaría en utilizar un novo motor W12 desenvolvido polo deseñador francés Guy Nègre. Esta estraña máquina MGN (Moteurs Guy Nègre) viu a luz do día a finais de 1988 e foi probada nun vello chasis AGS JH22 no verán de 1989. Estaba claro que AGS non estaba relacionado con estas probas, eran intentos completamente privados de Nègre. O motor nunca atopou sitio nun Gran Premio, pero anunciouse que se utilizaría nas 24 Horas de Le Mans de 1990 nun coche chamado Norma M6. O coche foi presentado e tratou de correr, pero non se clasificou por problemas de motor.

Para rematar, AGS tivo que usar de novo motores Cosworth en 1990. Ese ano non trouxo ningunha mellora, o noveno posto de Dalmas no Gran Premio de España de 1990 foi o mellor resultado e no comezo da tempada 1991 o equipo estaba obviamente preto do seu fin. Ao equipo faltáballe diñeiro. (No primeiro Gran Premio de 1991 en Phoenix o equipo nin sequera tiña cartos para comprar o xantar, e o persoal tiña que pagalo do seu propio peto). Na carreira en se, Tarquini terminou oitavo, foi a última chegada a meta dun coche AGS. De Rouvre vendeu o equipo aos empresarios italianos, Patrizio Cantù e Gabriele Raffanelli. O cambio foi mínimo, agás na aliñación de pilotos (Stefan Johansson foi substituído por Fabrizio Barbazza) e as cores dos coches (que agora eran azul, vermello e amarelo no canto de branco). Un novo coche, o JH27, presentouse a principios de outono, pero para entón o equipo estaba de novo en quebra, polo que os italianos pecharon as portas logo do Gran Premio de España de 1991.

Resultados completos na Fórmula Un

(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Ano Chasis Motor Pneu. Pilotos 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 Puntos Pos.
1986 AGS JH21C Motori Moderni 615-90
V6 (t/c)
P BRA ESP SMR MON BEL CAN DET FRA RU ALE HUN AUT ITA POR MEX AUS 0 NC
Italia Ivan Capelli Ret Ret
1987 AGS JH22 Ford DFZ
V8
G BRA SMR BEL MON DET FRA RU ALE HUN AUT ITA POR ESP MEX XPN AUS 1 12º
Francia Pascal Fabre 12 13 10 13 12 9 9 Ret 13 NC NSC NSC Ret NSC
Roberto Moreno Ret 6
1988 AGS JH23 Ford DFZ
V8
G BRA SMR MON MEX CAN DET FRA RU ALE HUN BEL ITA POR ESP XPN AUS 0 NC
Francia Philippe Streiff Ret 10 Ret 12 Ret Ret Ret Ret Ret Ret 10 Ret 9 Ret 8 11
1989 AGS JH23B
AGS JH24
Ford DFR
V8
G BRA SMR MON MEX USA CAN FRA RU ALE HUN BEL ITA POR ESP XPN AUS 1 15º
Francia Philippe Streiff WD
Italia Gabriele Tarquini 8 Ret 6 7 Ret Ret NSC NSCP NSCP NSCP NSCP NSCP NSCP NSCP NSCP
Alemaña Joachim Winkelhock NSCP NSCP NSCP NSCP NSCP NSCP NSCP
Francia Yannick Dalmas NSCP NSCP NSCP NSCP NSCP NSCP NSCP NSCP NSCP
1990 AGS JH24
AGS JH25
Ford DFR
V8
G USA BRA SMR MON CAN MEX FRA RU ALE HUN BEL ITA POR ESP XPN AUS 0 NC
Italia Gabriele Tarquini NSCP NSCP NSCP NSCP NSCP NSCP NSC Ret NSCP 13 NSC NSC NSC Ret NSC Ret
Francia Yannick Dalmas NSCP Ret NSCP NSCP NSCP NSCP 17 NSCP NSC NSC NSC NC Ret 9 NSC NSC
1991 AGS JH25B
AGS JH27
Ford DFR
V8
G USA BRA SMR MON CAN MEX FRA GBR ALE HUN BEL ITA POR ESP XPN AUS 0 NC
Italia Gabriele Tarquini 8 Ret NSC Ret NSC NSC NSC NSC NSC NSCP NSCP NSCP NSCP
Francia Olivier Grouillard NSCP
Stefan Johansson NSC NSC
Italia Fabrizio Barbazza NSC NSC NSC NSC NSC NSC NSCP NSCP NSCP NSCP NSCP NSCP

Notas

  1. "The history of the Team F1 AGS Formule 1". Agsformule1.com. Arquivado dende o orixinal o 24 de febreiro de 2014. Consultado o 2014-02-04. 
  2. As of 2011, it remains in existence.
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 Hodges, David (1990). A-Z of Formula Racing Cars. Bideford, UK: Bay View Books. p. 279. ISBN 1870979168. 

Ligazóns externas

Read other articles:

Bhubaneshwarभुवनेश्वर • ଭୁବେନଶ୍ବର Ciudad Templo de Liṅgarāja en Bhubaneshwar BhubaneshwarLocalización de Bhubaneshwar en India BhubaneshwarLocalización de Bhubaneshwar en OrissaCoordenadas 20°15′52″N 85°49′41″E / 20.264444444444, 85.828055555556Entidad Ciudad • País  India • Estado Orissa • Distrito KhordhaAlcalde Shri Mihir K. MohantySuperficie   • Total 135 km²Altitud   •...

 

Pansy Parkinson Goyle, Malfoy, Crabbe, dan Pansy Parkinson di Harry Potter and the Prisoner of Azkaban PemeranGenevieve Gaunt (film ketiga)Scarlett Byrne (film keenam dan ketujuh)InformasiJenis kelaminPerempuan Pansy Parkinson adalah salah satu tokoh fiksi dalam seri Harry Potter karya J. K. Rowling. Ia adalah anggota asrama Slytherin, satu angkatan dengan Harry di Hogwarts. Pansy digambarkan sebagai seorang dengan muka keras, seperti anak anjing, dan sering terlihat bersama-sama dengan Draco...

 

Sekolah Film ŁódźPaństwowa Wyższa Szkoła Filmowa, Telewizyjna i Teatralna im. Leona SchilleraSekolah Film Łódź (Istana Oskar Kon)Didirikan8 Maret 1948RektorMariusz GrzegorzekJumlah mahasiswaca. 1000LokasiŁódź, PolandiaAfiliasiCILECTSitus webwww.filmschool.lodz.pl www.film.lodz.pl Sekolah Tinggi Film, Televisi, dan Teater Nasional Leon Schiller di Łódź (Państwowa Wyższa Szkoła Filmowa, Telewizyjna saya Teatralna im. Leona Schillera w Łodzi) adalah akademi terkemuka di Poland...

Jalan Cengkeh, Taman Sari, Jakarta Barat, adalah lokasi binaan pedagang kaki lima yang terletak sekitar 100 meter ke utara dari Museum Fatahillah, Jakarta. Pedagang di sini adalah pindahan dari Kali Besar Barat yang sedang mengalami penataan. Pemindahan dimulai sejak September 2016 dan diresmikan sebagai tempat berdagang yang baru sejak Oktober 2017 oleh Djarot Saiful Hidayat. Kebanyakan pedagang yang mengisi tempat ini adalah pedagang kuliner. Tempat ini juga menjadi lokasi parkir bagi bus w...

 

خلل التعظم الترقوي القحفي تغيرات في الوجه والجبين جنبا إلى جنب مع زيادة حركة حزام الكتفتغيرات في الوجه والجبين جنبا إلى جنب مع زيادة حركة حزام الكتف تسميات أخرى خلل التنسج الترقوي القحفي،[1] متلازمة ماري-سانتون،[1] خلل التعظم الطفري[2] معلومات عامة الاختصاص علم ...

 

Tjahjo KumoloAnggota Dewan Perwakilan RakyatMasa jabatan1 Oktober 1999 – 27 Oktober 2014Jabatan lainKetua Fraksi PDI-P (2004–2012)PenggantiTuti Nusandari RoosdionoDaerah pemilihanJawa Tengah (Grobogan)(1999–2004)Jawa Tengah III(2004–2009)Jawa Tengah I(2009–2014)Masa jabatan1 Oktober 1987 – 30 September 1997Daerah pemilihanJawa TengahMenteri Dalam Negeri Indonesia ke-28Masa jabatan27 Oktober 2014 – 20 Oktober 2019PresidenJoko WidodoPendahuluGamawan ...

Place in Jalal-Abad, KyrgyzstanTürdük ТүрдүкTürdükLocation in KyrgyzstanCoordinates: 41°46′N 72°05′E / 41.767°N 72.083°E / 41.767; 72.083Country KyrgyzstanRegionJalal-AbadDistrictAksyPopulation (2021) • Total215 Türdük (Kyrgyz: Түрдүк) is a mountain village in Jalal-Abad Region, Kyrgyzstan. It lies at the confluence of the rivers Türdük and Jaryk-Tash.[1] It is part of the Aksy District.[2] Its population was...

 

Artikel ini perlu diwikifikasi agar memenuhi standar kualitas Wikipedia. Anda dapat memberikan bantuan berupa penambahan pranala dalam, atau dengan merapikan tata letak dari artikel ini. Untuk keterangan lebih lanjut, klik [tampil] di bagian kanan. Mengganti markah HTML dengan markah wiki bila dimungkinkan. Tambahkan pranala wiki. Bila dirasa perlu, buatlah pautan ke artikel wiki lainnya dengan cara menambahkan [[ dan ]] pada kata yang bersangkutan (lihat WP:LINK untuk keterangan lebih lanjut...

 

Type of state-funded school A community school in England and Wales is a type of state-funded school in which the local education authority employs the school's staff, is responsible for the school's admissions and owns the school's estate.[1][2][3][4] The formal use of this name to describe a school derives from the School Standards and Framework Act 1998.[5] Board School Granby Street Board School, Toxteth, Liverpool In the mid-19th century, governmen...

German fairy tale Donkey CabbagesThe effects of the shapeshifting herbs: the man becomes a donkey. Illustration from The Yellow Fairy Book (1894).Folk taleNameDonkey CabbagesAarne–Thompson groupingATU 567 (The Magical Bird-Heart)CountryGermanyPublished inKinder- und Hausmärchen by the Brothers GrimmRelated Fortunatus and his Purse Little Muck Donkey Cabbages (or The Donkey Cabbage; German: Der Krautesel) is a German fairy tale collected by the Brothers Grimm, tale number 122. A man shoots ...

 

鄧澤如个人资料号愚翁出生鄧恩1869年3月19日 大清廣東省江門逝世1934年12月27日(1934歲—12—27)(65歲) 中華民國廣東省廣州市政党 中國國民黨 邓泽如(英语:Tung Yen,1869年3月19日—1934年12月27日)[1],原名邓恩,号愚翁,生于广东江門,马来西亚华侨,中国民主革命家,中华民国政治人物。[2][3] 邓泽如 生平 为革命筹款 1869年3月19日(清朝同治八...

 

Maierhof in Burgstall bei Wonneberg Der Ansitz Burgstall lag in der Gemeinde Wonneberg im Landkreis Traunstein von Bayern, unweit der abgegangenen Burg Halmberg. Geschichte Zu Beginn des 12. Jahrhunderts sind hier ein Meginhart und ein Siboto de Purchstal in den Zeugenreihen des Erzstifts Salzburg überliefert. Der erste sichere Inhaber vom Gut das Burgstall bei Halmberg gelegen war 1461 ein Gilg Moser, Angehöriger des salzburgischen Niederadels. 1476 bekam seine Witwe Erntraut Agyl, Tochter...

Anime series GodannarNorth American DVD cover of the first volume by ADV Films神魂合体ゴーダンナー!!(Shinkon Gattai Godannar!!)GenreComedy, mecha, romance[1][2] Anime television seriesDirected byYasuchika NagaokaProduced byTakao AsagaToshio HatanakaYasushi ShibaharaTsuneo TakechiKeiichi TakagiKouzou MizushimaWritten byHiroyuki KawasakiMusic byMichiaki WatanabeStudioOLM, Inc.AIC A.S.T.A.Licensed byNA: ADV Films (expired)Sentai Filmworks (2013-...

 

Stadium in the city of Düsseldorf, North Rhine-Westphalia, Germany Merkur Spiel-ArenaExterior view of Merkur Spiel-ArenaFormer namesLTU Arena (2004–2009)Esprit Arena (2009–2018)LocationDüsseldorf, GermanyCoordinates51°15′42″N 6°43′59″E / 51.26167°N 6.73306°E / 51.26167; 6.73306OwnerCity of DüsseldorfExecutive suites278 (event suites)Capacity54,600 (9,917 standing)66,500 (concerts)[2]Field size100 m × 70 m (330 ft × ...

 

National flag This article needs additional citations for verification. Please help improve this article by adding citations to reliable sources. Unsourced material may be challenged and removed.Find sources: Flag of Laos – news · newspapers · books · scholar · JSTOR (September 2016) (Learn how and when to remove this template message) Lao People's Democratic RepublicThong dwang deaen (the white moon flag) Sam si (tricolour)UseNational flag and ensign ...

Clade of vertebrates RhipidistiansTemporal range: Early Devonian - Present, 416–0 Ma PreꞒ Ꞓ O S D C P T J K Pg N Scientific classification Domain: Eukaryota Kingdom: Animalia Phylum: Chordata Clade: Sarcopterygii Clade: Rhipidistia Subgroups Dipnomorpha †Porolepiformes Dipnoi (lungfish) Tetrapodomorpha Rhipidistia, also known as Dipnotetrapodomorpha,[1] is a clade of lobe-finned fishes which includes the tetrapods and lungfishes. Rhipidistia formerly referred to a subgrou...

 

Lost and Found on a South Sea IslandIklan dagangSutradara Raoul Walsh Produser Samuel Goldwyn Ditulis oleh Paul Bern PemeranHouse PetersPauline StarkeSinematograferClyde De VinnaDistributorGoldwyn PicturesTanggal rilis 23 Februari 1923 (1923-02-23) Durasi70 menitNegara Amerika Serikat BahasaFilm bisu dengan antar judul Inggris Lost and Found on a South Sea Island adalah sebuah film drama Amerika Serikat tahun 1923 garapan Raoul Walsh dan diproduksi oleh Samuel Goldwyn. Film tersebut difi...

 

This article is about a local government authority. For the suburb, see Kalamunda, Western Australia. Local government area in Western AustraliaCity of KalamundaWestern AustraliaThe City of Kalamunda within the Perth Metropolitan AreaPopulation58,762 (LGA 2021)[1]Established1897Area324.2 km2 (125.2 sq mi)MayorMargaret Thomas[2]Council seatKalamundaRegionEastern Metropolitan Perth Darling ScarpState electorate(s)Darling Range, Forrestfield, KalamundaFederal divis...

2015 album by various artists Creed: Original Motion Picture SoundtrackSoundtrack album by Various artistsReleasedNovember 20, 2015Genre Hip hop R&B film score Length69:38LabelAtlanticProducer Kevin Weaver Gabe Hilfer Ludwig Göransson Rocky soundtrack chronology Rocky Balboa: The Best of Rocky(2006) Creed(2015) Creed II: The Album(2018) Singles from Creed CheckReleased: June 1, 2015 Creed: Original Motion Picture Soundtrack is a soundtrack album for the 2015 film Creed, which feature...

 

Олександр Отрєп'єв  Старший матрос Загальна інформаціяНародження 28 липня 1992(1992-07-28)Приют, Єланецький район, Миколаївська обл., УкраїнаСмерть 21 січня 2021(2021-01-21) (28 років)Гнутове, Сартанська селищна громада, Маріупольський район, Донецька область, Україна(вогнепальне пора...

 

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!