O Gran Premio de Mónaco de 1991 foi unha carreira de Fórmula Un celebrada o 12 de maio de 1991 no Circuíto de Mónaco en Monte Carlo, Mónaco. Foi a cuarta carreira do Campionato do Mundo de pilotos de 1991.
Ayrton Senna non sorprendeu a ninguén ao lograr a pole position, pero o segundo lugar se foi unha sorpresa, Stefano Modena aproveitou ao máximo a superioridade dos pneumáticos Pirelli de cualificación para ser segundo, seguido de Patrese, Piquet, un decepcionado Mansell, Berger, Prost, Moreno, Alesi, e de Cesaris. Alex Caffi tivo un grave accidente na práctica e non participou na carreira. Martin Brundle foi descualificado por non pasar o control de peso. No inicio Senna saíu moi ben seguido de Módena, Patrese, Mansell e Prost. Na primeira curva, o caos habitual, Berger bateu na parte posterior de Piquet, rompéndolle a suspensión, Berger estrelaríase pouco máis tarde. Senna acadou rapidamente unha vantaxe enorme sobre Módena e Patrese, ámbolos dous perseguidores quedaron eliminados na volta 42 cando o motor de Módena rompeu e derramou aceite no túnel, o que provocou que Patrese estrelarase. Senna tiña unha vantaxe enorme sobre Prost e Mansell, pero o inglés non estaba de humor para permanecer terceiro e pasou Prost cun audaz adiantamento na entrada da chicane. Máis tarde Prost entrou en boxes para reparar unha roda solta e os problemas na parada fixérono caer á quinta posición. Senna, gañou o seu cuarto Gran Premio de Mónaco en cinco anos, con 18 segundos sobre Mansell, que fixo unha carreira brillante, seguidos de Alesi, Moreno, Prost, e Emanuelle Pirro no Dallara.