Ossorio-Tafall era secretario da Xunta Nacional de Izquierda Republicana. Logo das eleccións de 1936, despois de ser novamente alcalde tras a reposición da corporación saída das eleccións municipais do 12 de abril de 1931, ocupou as subsecretarías de Traballo e Gobernación, sendo substituído na alcaldía de Pontevedra polo comunista Manuel García Filgueira á súa marcha a Madrid. Posteriormente foi director de Política, o órgano de Izquierda Republicana.
Coa derrota militar e política, Osorio-Tafall exiliouse primeiro a Francia, onde foi secretario xeral do SERE (posto do que dimitiu en outubro de 1939), e en 1940 marchou a Santo Domingo acompañado de Ione Robinson, para finalmente recalar México, onde foi profesor na Universidade Autónoma de México e do Instituto Politécnico. En 1948 incorporouse á ONU; no 55 foi director da Oficina de Agricultura en Chile, e logo en Indonesia e en Exipto. No 64 estivo á fronte das operacións de pacificación na República Democrática do Congo e en Chipre, neste caso como representante especial plenipotenciario do secretario xeral da ONU. Xubílase como subsecretario xeral da ONU.
Durante a Transición española, o presidente do Goberno Adolfo Suárez convidouno a encabezar a primeira Xunta preautonómica, pero el declinou o ofrecemento por falta de apoios.[5]
No últimos anos volveu a Galicia tres veces en breves visitas.[6]
Vida persoal
Estivo casado con Josefina Arruti,[7] coa que tivo 3 fillos. Despois da Guerra no exilio tivo outro fillo coa mexicana Luz.
Legado
En 2023Xosé Monteagudo publicou a novela Vémonos mañá, na que novela a vida de Bibiano e Josefina.[8]
↑Herreros, Isabelo (maio-xuño 2005). "Bibiano Fernández Osorio-Tafall". Política (57).
↑"O Tafall político, que chegou a alto cargo na ONU, escureceu o Tafall científico": Entrevista de Xan Carballa a Xosé Francisco Pardo, A Nosa Terra, 1/7/2010