United Nations (en) 联合国 (zh) Naciones Unidas (es) الأمم المتحدة (ar) Organisation des Nations unies (fr) Организация Объединённых Наций (ru) Vereinte Nationen (de) Organizacja Narodów Zjednoczonych (pl) Verenigde Naties (nl)
A precursora das Nacións Unidas foi a Sociedade de Nacións (tamén coñecida como "Liga das Nacións"), organización concibida en circunstancias similares durante a primeira guerra mundial e estabelecida en 1919, en conformidade co Tratado de Versalles, "para promover a cooperación internacional e conseguir a paz e a seguridade". Todos os países soberanos internacionalmente recoñecidos son membros, excepto o Vaticano, en calidade de observador, e Taiwán (un caso especial, recoñecida por poucos países). Dende o 14 de xullo de 2011 a ONU ten 193 Estados Membros. O seu secretario xeral é António Guterres dende o 1 de xaneiro de 2017.
Sede da Organización das Nacións Unidas en Nova York.
A idea das Nacións Unidas foi elaborada na declaración, asinada durante a segunda guerra mundial, na conferencia de Aliados celebrada en Moscova en 1943. O daquela presidente dos Estados Unidos de América, Franklin Delano Roossevelt, suxeriu o nome de "Nacións Unidas".
O 25 de abril de 1945 celebrouse a primeira conferencia en San Francisco. Á parte dos gobernos, foron convidadas organizacións non gobernamentais. As 50 nacións representadas na conferencia asinaron a Carta das Nacións Unidas dous meses máis tarde o 26 de xuño; Polonia, que non estivera representada na conferencia, engadiu o seu nome máis tarde.
Os fundadores da ONU tiñan grandes esperanzas de poderen actuar para previren novas guerras. Aqueles desexos non se conseguiron en moitos casos. Desde 1947 ata 1989 (Caída do Muro de Berlín) a división do mundo en zonas hostís durante a chamada Guerra fría tornou este obxectivo moi difícil de acadar debido ao sistema de veto do Consello de Seguridade.
Catro dos cinco órganos principais atópanse localizados na sede das Nacións Unidas de Nova York[3]. O Tribunal Internacional de Xustiza localízase na Haia, mentres que outras axencias importantes teñen a súa sede en Xenebra, Suíza[4], en Viena[5] e en Nairobi[6]. Outras institucións das Nacións Unidas están repartidas por todo o mundo. A ONU utiliza 6 linguas oficiais: árabe, chinés, español, francés, inglés e ruso[7][8]. Case todas as reunións oficiais son interpretadas simultaneamente para estas linguas. Case todos os documentos oficiais, en soporte de papel e en liña, son traducidos para estes seis idiomas. Nalgunhas dependencias, como na Secretaría, as conferencias e mailos documentos de traballo son só en francés e inglés ou en español, francés e inglés e as publicacións realízanse nestes dous ou tres idiomas. De acordo coa Convención de Privilexios e Inmunidades das Nacións Unidas, a ONU e as súas axencias teñen inmunidade diplomática ás leis dos países onde operan, salvagardando a imparcialidade das Nacións Unidas[9].
Por debaixo dos órganos e segundo as palabras da autora Linda Fasulo, existe "unha incríbel colección de entidades e organizacións, algunhas das cales son mesmo anteriores á propia ONU e que actúan case con absoluta independencia dela"[10]. Entre elas inclúense axencias especializadas, institucións de investigación e formación, programas e fondos e outras entidades das Nacións Unidas[11].
As Nacións Unidas ríxense polo Principio Noblemaire, que é vinculante para calquera organización pertencente ao seu sistema. Este principio estabelece salarios que permitan atraer cidadáns de países onde os salarios sexan moi altos, ao tempo que esixe salarios do mesmo valor independentemente da nacionalidade do empregado[12][13]. Estes soldos están suxeitos a un imposto interno que é administrado polas organizacións da ONU[12][14][15].
Pode acordar recomendacións non obrigatorias para os estados e suxestións para o Consello de Seguridade;
Decide sobre a admisión de novos membros trala proposta polo Consello de Seguridade;
Aproba o orzamento;
Elixe os membros non permanentes do Consello de Seguridade; o Secretario Xeral (trala súa proposta polo Consello de Seguridade) e quince xuíces do Tribunal Internacional de Xustiza. Cada estado ten un voto.
Dá apoio administrativo ao resto dos órganos da ONU (por exemplo: na organización de congresos, escribindo informes e estudos e na preparación do orzamento);
O Secretario Xeral é elixido pola Asemblea Xeral para un mandato de cinco anos. É o principal representante da ONU.
Intervén en disputas entre estados que recoñecen a súa xurisdición;
Emite opinións legais;
Emite veredictos por maioría simple. Os seus quince xuíces son elixidos pola Asemblea Xeral da ONU para un período de nove anos.
O Secretariado da ONU está presidido polo Secretario Xeral, asistido por un grupo de funcionarios internacionais en todo o mundo[17]. Aporta estudos, información e servizos que precisan os órganos das Nacións Unidas para as súas reunións. Tamén leva a cabo tarefas segundo o requira o Consello de Seguridade, a Asemblea Xeral, o Consello Económico e Social e outros órganos da ONU[18].
O Secretario Xeral é de facto o principal representante, voceiro e líder da ONU. A súa posición está definida na Carta das Nacións Unidas como "o máis alto funcionario administrativo" da organización[19]. O artigo 99 da Carta indica que o Secretario Xeral pode levar ao Consello de Seguridade "calquera asunto que na súa opinión poida ameazar o mantemento da paz internacional e a seguridade". A oficina evolucionou até ter unha dobre función: a administración da organización da ONU e a mediación e diplomacia fronte aos conflitos entre os estados membros, así como a busca do consenso ante os problemas globais[20].
O Secretario Xeral é nomeado pola Asemblea Xeral despois de ser recomendado polo Consello de Seguridade, no que os membros permanentes teñen dereito de veto[21]. Non hai requirimentos específicos para o posto, mais ao longo dos anos foise aceptando que o posto debería ser dun ou dous mandatos de cinco anos, que debe haber unha rotación xeográfica e que o Secretario Xeral non debe ser orixinario dun dos cinco estados membros permanentes do Consello de Seguridade[22]. O actual Secretario Xeral é Ban Ki-moon, quen substituíu a Kofi Annan en 2007 e foi elixido unha segunda vez en 2011 para rematar o seu mandato a finais de 2016[23].
A Organización das Nacións Unidas ditou, no ano 1966, que “nos estados en que haxa minorías étnicas relixiosas ou lingüísticas, as persoas que pertenzan a estas minorías non poden ser privadas do dereito de ter, comunitariamente co resto de membros do seu grupo, a súa propia vida cultural, nin de practicar e profesar a súa propia relixión, nin de usar a súa propia lingua”.
Orzamento
ONU.Países con participación superior a 1% nos ingresos do orzamento ordinario da ONU (2003).