A evidencia máis antiga da civilización no Líbano remóntase a máis de 7.000 anos anteriores á historia documentada.[3] O Líbano actual foi o fogar da cultura fenicia, que floreceu durante case 3.000 anos (ca. 3.200–539 a.C.). No 64 a.C. o Imperio Romano conquistou a rexión e converteuse nun dos principais centros do imperio do cristianismo.[4] A cordilleira do Monte Líbano viu o xurdimento dunha tradición monástica coñecida como Igrexa maronita. Tras a conquista da rexión polos primeiros árabes musulmáns, os maronitas mantiveron a súa relixión e identidade. Porén, un novo grupo relixioso coñecido como drusos finalmente estableceuse tamén no monte Líbano, o que xerou unha división relixiosa que se prolongou durante séculos. Durante as Cruzadas os maronitas restableceron o contacto coa Igrexa Católica Romana e afirmaron a súa comuñón coa Santa Sé. Os maronitascatólicos e os drusos fundaron o Líbano moderno a principios do século XVIII, a través do sistema gobernante e social coñecido como "dualismo maronita-druso" no Mutasarrifato do Monte Líbano.[5]
É un dos quince países contemporáneos que ocupan a rexión que é considerada o Berce da Humanidade. É a patria histórica dos fenicios, negociantes semíticos cuxa cultura marítima floreceu na rexión durante máis de 2 000 anos. A rexión foi un territorio do Imperio Romano e durante a Idade Media estivo inmersa nas cruzadas. Foi despois ocupada polo Imperio Otomán.
A moderna constitución libanesa, delineada en 1926, especifica un balance no poder político entre os grupos relixiosos principais.
O país obtivo a independencia no 1943, e as tropas francesas retiráronse en 1946. A historia libanesa desde a independencia estivo marcada por períodos alternados de estabilidade política e convulsións.
Foi, ata os anos 70, o centro financeiro de Oriente Próximo, o que lle valeu o sobrenome de «a Suíza de Oriente Próximo». Esta opulencia monetaria foi rota polo terríbel enfrontamento civil entre libaneses.(1975-1980), que destruíu un equilibrio político exemplar. As loitas internas e os conflitos con Israel -que invadiu o país en 1982 - aínda perduran.
En 1982 Israel invadiu o sur de Líbano para expulsar as guerrillas da Organización para a Liberación de Palestina, OLP, dirixidas por Yaser Arafat. En maio de 1983, Israel e Líbano alcanzaron un acordo para retirar as tropas israelís. Con todo, o tratado de paz non chegou a ser ratificado e, en marzo de 1984, baixo presión siria, Líbano cancelou o acordo. Porén, Israel iniciou o seu repregamento unilateral e progresivo en 1985, deixando a chamada "zona de seguridade" (uns 850 quilómetros cadrados) nas mans do cristián-libanés (e prol-israelí) Exército do Sur do Líbano, cunha presenza menor de tropas do Tsahal, co propósito de impedir as incursións fronteirizas e os ataques da guerrilla xiíta Hesbulá. Finalmente, en maio de 2000, Israel retirou todas as súas tropas do sur do Líbano por baixo da fronteira internacional, en cumprimento da resolución 425 do Consello de Seguridade da ONU.
A principios do ano 2005, tras o asasinato do primeiro ministro libanés, Rafik Hariri, desencadeouse un amplísimo movemento cívico de protesta coñecido como a revolución do cedro, que esixiu a celebración de eleccións libres e a inmediata retirada da presenza militar siria, que mantiña 14.000 efectivos militares en chan libanés. En abril de 2005, as manifestacións lograron a retirada completa das tropas sirias e dos seus axentes de intelixencia, coa oposición de Hesbulá.
O goberno libanés non logrou facer cumprir a resolución 1559 de Consello de Seguridade da ONU que obrigaba a desarmar ás milicias armadas libanesas e tomar o control da súa fronteira sur, controlada por Hesbulá para protexer a fronteira con Israel. En xullo de 2006, tras unha incursión fronteiriza de Hesbulá que se saldou coa morte de oito soldados israelís e a captura de dous, prodúcese a crise israelo-libanesa de 2006 co bombardeo de gran parte da infraestrutura do país e unha implacábel resposta armada de Hesbulá sobre as cidades do norte de Israel.
Citando datos do goberno libanés, o día 6 de agosto, ACNUR informou de que 550.000 desprazados foron acollidos por familias, 130.000 atópanse en refuxios improvisados, e preto de 200.000 cruzaron a fronteira con Siria.
A sede do Parlamento libanés, en Beirut.
Política
O Líbano é unha república parlamentaria, rexida pola constitución do 23 de maio de 1926, que foi modificada posteriormente seis veces. O arranxo máis importante débese aos Acordos de Taef, que reorganizan o repartimento do poder entre as diferentes comunidades relixiosas. A constitución estipula que o Presidente, obrigatoriamente cristián maronita, é elixido polo Parlamento (Majlis AL Nuwab ou Cámara dos Deputados) cunha maioría de dous terzos e por seis anos. Non é directamente reelixíbel salvo con modificación do artigo 49 da Constitución. Os seus poderes están reducidos, porén, a prol do Primeiro Ministro desde os Acordos de Taef. Este último debe ser musulmán sunnita e é responsábel perante os deputados. O presidente da Asemblea Nacional debe ser un musulmán xiíta. A Asemblea Nacional comporta 128 escanos, repartidos entre cristiás e musulmás, e que son electos por sufraxio universal directo.
Subdivisións
O Líbano está dividido en seis gobernoratos (muhafazat, en singular muhafazah), que son os seguintes coas súa capitais respectivas :
Posuíndo un formato semellante ao dun rectángulo, o Líbano alóngase polo lado leste do mar Mediterráneo, co seu comprimento case tres veces a súa largura. De norte a sur, a largura de seu territorio tórnase máis fina.
Algúns dos cambios ambientais antrópicos actuais son a erosión do solo, desertificación, polución do aire debido ao trafego de automóbiles en Beirut e debido á queima de residuos industriais ou a polución de augas costeiras. Algúns dos acordos internacionais que Líbano asinou inclúen o da biodiversidade, do cambio climático, desertificación, residuos tóxicos, lei do mar, protección da capa de ozono, polución marítima etc.
O río Litani é o único gran río do Suroeste Asiático que non cruza unha fronteira internacional. Ten unha área total de 10.452 km²: 10.280 km² de terra e 170 de auga.
Ten 454 km de fronteiras:79 con Israel e 375 con Siria. Ten 210 km de costa, e alega propiedade de 12 millas náuticas
O Líbano ten sido, durante milenios, punto de encontro entre civilizacións diferentes. Está hoxe habitado por dezasete confesións relixiosas, cadansúa dotada dunha identitade propia. O país ofrece, polo tanto, un panorama cultural extraordinariamente rico e estratificado.
↑República do Líbano é a frase máis utilizada por axencias gobernamentais libanesas. A frase República Libanesa é unha tradución literal dos nomes oficiais árabe e francés, que xa non se usan.
↑McGowen, Afaf Sabeh (1989). "Historical Setting". En Collelo, Thomas. Lebanon: A Country Study. Area Handbook Series (3rd ed.). Washington, D.C.: The Division. OCLC18907889. Consultado o 24 de xullo de 2009.
↑Dumper, Michael; Stanley, Bruce E.; Abu-Lughod, Janet L. (2006). Cities of the Middle East and North Africa. ABC-CLIO. p. 104. ISBN978-1-57607-919-5. Archaeological excavations at Byblos indicate that the site has been continually inhabited since at least 5000 B.C.
↑Shulimson, Jack (1966). Marines in Lebanon, 1958(en inglés). Historical Branch, G-3 Division Headquarters, U.S. Marine Corps.
↑Deeb, Marius (2013). Syria, Iran, and Hezbollah: The Unholy Alliance and Its War on Lebanon. Hoover Press. ISBN9780817916664. os maronitas e os drusos, que fundaron o Líbano a principios do século XVIII.
↑"Background Note: Lebanon". U.S. Department of State. 22 de marzo de 2010. Consultado o 4 de outubro de 2010.