Cultural, histórica e politicamente,[6] Acerbaixán é considerado parte de Europa. No entanto, a súa localización no Cáucaso meridional sitúao nunha fronteira imaxinaria entre Europa e Asia. Trátase realmente dunha nación transcontinental, a medio camiño entre os dous ámbitos xeográficos. Estas clasificacións son arbitrarias, pois non hai diferenza xeográfica facilmente definible entre Asia e Europa.
De acordo coa etimoloxía moderna, o nome de Acerbaixán deriva de Atropates,[7][8] un SátrapaPersa[9][10][11], baixo o Imperio aqueménida, quen máis tarde foi reinstalado como o sátrapa de Media baixo Alexandre o Grande.[12][13] Crese que a etimoloxía orixinal do nome ten as súas raíces no Zoroastrismo (unha vez dominante). No Avesta, Frawardin Yasht ("Himno aos anxos da garda"), hai unha mención de âterepâtahe ashaonô fravashîm ýazamaide, que literalmente se traduce do avéstico como "adoramos o fravashi do sagrado Atropatene."[14] O nome "Atropates" en si mesmo é a transliteración grega do antigo iraniano, probablemente medo, nome composto co significado de "Protexido polo lume (sagrado)" ou "a terra do lume (sagrado)".[15] O nome grego foi mencionado por Diodoro Sículo e Estrabón ao longo dos milenios, o nome evolucionou a Āturpātākān (persa medio), logo Ādharbādhagān, Ādharbāyagān, Āzarbāydjān (persa novo) e actualmente Acerbaixán.
Pertencente ao Irán (por entón Persia), Acerbaixán foi ocupado polo Imperio Ruso no século XVIII. Até entón, o territorio dividíase en tres provincias: Arran, Shirvan e Nakhichivan.
A administración rusa comezou a fins do século XIX coa explotación dos campos petrolíferos de Bakú. Tras a revolución do 1917, toda a Transcaucasia acadou a independencia, mais rematada a guerra civil foi reincorporada á nova URSS, co status de República.
A pesar dos abondosos recursos petrolíferos, o país non puido saír do marasmo económico que seguiu o derrubamento da Unión Soviética.
A economía está baseada na industria, que inclúe a construción de maquinaria, o refino de petróleo (do que o país é un produtor moi importante), a industria téxtil e a química.
A agricultura representa un terzo do PIB. Os regadíos están moi estendidos. Nas terras baixas, preto de Mar Caspio o clima permite o cultivo de algodón, froitas, té, tabaco e outros cultivos típicos dos climas subtropicais. O verme da seda é criado para o seu aproveitamento na industria téxtil da seda. Nas zonas montañosas do norte e do oeste practícase a gandería, principalmente bovina, ovina e caprina. No mar Caspio practícase a pesca, en particular a do esturión.
A súa poboación estimábase en 9 411 800 habitantes o 10 de xullo de 2013.[23]
Ao redor do 95 % da poboación é etnicamente azarí (de relixión musulmá e predominantemente xiíta, cunha lingua pertencente á póla turca da familia altaica). Este pobo está presente no Irán, onde existen dúas provincias de igual nome.
As minorías étnicas inclúen os lezguios o 1,35%, os rusos (a maioría dos rusos emigraron dende que Acerbaixán declarou a súa independencia) o 1,35% e os armenios o 1,35% (case todos os armenios viven na rexión separatista de Nagorno-Karabakh). Hai tamén varios grupos étnicos máis pequenos no país, como os ávaros, tats, xudeus, tártaros, turcos, talysh e ucraínos.[24]
Segundo datos de 2009, a esperanza de vida ao nacer en Acerbaixán é de 62 anos nos homes e 66 nas mulleres.[24]
↑Xosé G. Feixó Cid, X. Ramón Pena, Manuel Rosales (2004). Galego século XXI: nova guía da lingua galega. Editorial Galaxia. p. 15. ISBN9788482886947. acerbaixano, -a. Do Acerbaixán.
↑Benigno Fernández Salgado (edición) (2004). Dicionario Galaxia de usos e dificultades da lingua galega. Editorial Galaxia. p. 1303. ISBN9788482887524.
↑Goretti Sanmartín Rei et al. Criterios para o uso da lingua(PDF). Servizo de Normalización Língüística, Universidade da Coruña. p. 119. ISBN84-9749-199-8. Arquivado dende o orixinal(PDF) o 26 de setembro de 2013. Consultado o 02 de xuño de 2014.
↑Ver entrada de «Sumqayit». Diciopedia do século 213. Isaac Díaz Pardo, Víctor F. Freixanes, Antón Mascato (edición). Editorial Galaxia. 2007. p. 1984. ISBN9788482893600.
↑Con todo, “malia ser un dos líderes vasalos do Shahanshah (monarca) sasánida, o rei albano só tiña certo poder, mentres que o Marzban (gobernador militar) sasánida tiña a maioría das competencias civís, relixiosas e militares.
↑Yilmaz, Harun (2015). National Identities in Soviet Historiography: The Rise of Nations Under Stalin. Routledge. p. 21. ISBN978-1317596646. O 27 de maio, declarouse a República Democrática de Acerbaixán (DRA) con apoio militar otomán. Os gobernantes da DRA negáronse a identificarse como tártaros [transcaucásicos], que con razón consideraban unha definición colonial rusa. (...) O veciño Irán non deu a benvida á adopción da DRA do nome de "Acerbaixán" para o país, porque tamén podería referirse á Acerbaixán iraniana e implicaba unha reclamación territorial.
↑Barthold, Vasily (1963). Sochineniya, vol II/1. Moscova. p. 706. (...) sempre que sexa necesario elixir un nome que abarque todas as rexións da república de Acerbaixán, pode utilizarse o nome de Arran. Pero o termo Acerbaixán foi elixido porque cando se creou a república de Acerbaixán, supúxose que esta e a Acerbaixán iraniana serían unha única entidade, pola gran semellanza entre a poboación de ambos. Sobre esta base, foi elixida a palabra Acerbaixán. Por suposto agora cando se utiliza a palabra Acerbaixán, ten dous significados como o Acerbaixán persa e como a república, a confusión crece a medida que se fala de Acerbaixán.
↑Atabaki, Touraj (2000). Azerbaijan: Ethnicity and the Struggle for Power in Iran. I.B.Tauris. p. 25. ISBN9781860645549.
↑ 21,021,1Rezvani, Babak (2014). Ethno-territorial conflict and coexistence in the caucasus, Central Asia and Fereydan: academisch proefschrift. Amsterdam: Amsterdam University Press. p. 356. ISBN978-9048519286. “A rexión situada ao norte do río Araxes non era coñecida como Acerbaixán antes de 1918, ao contrario cá rexión ao noroeste de Irán, coñecida por ese nome dende moitos anos antes.”
↑Fragner, B.G. (2001). Soviet Nationalism: An Ideological Legacy to the Independant Republics of Central Asia. I.B. Tauris and Company. pp. 13–32. Dende unha perspectiva post-islámica, adóitase distinguir entre Arran and Shirvan. Porén, na era pre-islámica, Arran (ou o oeste da Albania Caucásica) coincidía máis ou menos co territorio da actual república de Acerbaixán. Na era soviética, nunha impresionante manipulación, o Acerbaixán histórico (noroeste do Irán) foi reinterpretado como "Acerbaixán do sur" para que os soviéticos puidesen reclamar o Acerbaixán histórico propiamente dito localizado no noroeste do moderno Irán.