O "Reino de Camboxa" é o nome oficial do país. O inglés "Cambodia" é unha anglicización do francés "Cambodge", que á súa vez é a transliteración francesa do khmer កម្ពុជាkampuciə. Kampuchea é a alternativa abreviada ao nome oficial do país en khmer ព្រះរាជាណាចក្រ កម្ពុជាprĕəh riəciənaacak kampuciə. O endónimo khmer Kampuchea deriva do nome sánscrito कम्बोजदेशkambojadeśa, composto por देशdeśa ("terra de" ou "país de") e कम्बोजkamboja, que alude aos mitos fundamentais do primeiro antigo reino khmer.[6] O termo Cambodia xa estaba en uso en Europa xa en 1524, desde Antonio Pigafetta (un Explorador italiano que seguiu a Fernando Magalláns na súa circunnavegación do globo cítao na súa obra "Relazione del primo viaggio intorno al mondo" (1524-1525) como "Camogia".[7]
Coloquialmente, os camboxanos refírense ao seu país como ស្រុកខ្មែរ srok khmae (Modelo:IPA-km), que significa "Terra dos Khmer", ou un pouco máis formal ប្រទេស កម្ពុជាprɑteih kampuciə (Modelo:IPA-km), literalmente "País de Kampuchea". O nome "Camboxa, Cambodia" úsanse máis frecuentemente no mundo occidental, mentres que "Kampuchea" úsase máis no Oriente.[8][9][10]
No 802 d.C., Jayavarman II declarouse rei, unindo aos príncipes khmer de Chenla en guerra entre eles co nome "Kambuja". [12] Isto marcou o comezo do Imperio Khmer, que floreceu durante máis de 600 anos, permitindo aos sucesivos reis controlar e exercer influencia sobre gran parte do Sueste asiático e acumular inmenso poder e riqueza. A expansión India facilitou a propagación do primeiro hinduísmo e despois do budismo a gran parte do sueste asiático e emprendeu moitos proxectos de infraestrutura relixiosa en toda a rexión, incluíndo a construción de máis de 1.000 templos e monumentos só en Angkor. Angkor Wat é a máis famosa destas estruturas e está designada como Patrimonio da Humanidade.
No século XV, despois da rebelión de Ayutthaya, que anteriormente estaba gobernado polo Imperio Khmer, Camboxa experimentou o declive do seu poder. Camboxa enfrontouse a dous veciños cada vez máis poderosos, Ayutthaya de Tailandia e a dinastía Nguyen do Vietnam, o que marcou a recesión do destino de Camboxa. En 1863, Camboxa converteuse nun protectorado de Francia e despois incorporouse á Indochina francesa do sueste asiático.
Desde 1967-68 sofre unha insurrección fomentada polos Khmer vermellos, rebeldes comunistas de inspiración maoísta, cunha economía que vai de mal a peor baixo o peso da corrupción organizada pola súa familia, Norodom Sihanouk, resolve retomar a axuda americana, dándolle o cargo de primeiro ministro (14 de agosto de 1969) ao xeneral Lon Nol, coñecido polo seu anticomunismo e pola súa opción pola economía de mercado. Lon Nol, posto polo príncipe Sirik Matak, da rama Sisowth, dá un golpe de estado e envía a Sihanouk ao estranxeiro, o 18 de marzo de 1970, a Moscova e Pequín. Convertido en aliado dos Estados Unidos, Camboxa é entón integrada na estratexia de acoso do comunismo en Asia do Sueste. O deposto rei Sihanouk deu o seu apoio aos seus antigos inimigos, os Khmer vermellos.
Co apoio da monarquía e do Viet Minh, os Khmer vermellos pro Vietnamitas fan unha verdadeira guerra contra as forzas do goberno e gañaron despois de que os Estados Unidos non interviren e tentan de salvar o réxime republicano (abril-xuño 1970). Porén, no 1973 os Estados Unidos marchan da rexión, os seus bombardeos aéreos non puideron deter a ameaza comunista. Cando o Vietnam do Norte vai gañar a guerra contra o Vietnam do Sur, os Khmer vermellos axudados polo Viêtcong toman Phnom Penh o 17 de abril de 1975.
A «Angkar» (organización) dos Khmer vermellos aplica unha política maximalista, máis radical aínda que as soviéticas e as maoístas, con visos a purificar o país da civilización urbana. As cidades, á imaxe de Phnom Penh na noite do 17 ao 18 de abril de 1975, son baleiradas dos seus habitantes, enviados a reeducación ao campo.
A eliminación sistemática das antigas elites francés-falantes, engadida á desnutrición e ás doenzas producen un verdadeiro xenocidio, desde 1975 ata 1979, máis dun millón de persoas morren, ou sexa dous sétimos da poboación total de Camboxa. A economía está inadaptada e é incapaz de acadar o desenvolvemento.
O período rematou coa invasión vietnamita, apoiada pola Unión Soviética a través dunha guerra que durou 17 días entre decembro de 1978 e xaneiro de 1979 e o paso á clandestinidade de Pol Pot e os seus seguidores. Pol Pot e os Khmer vermellos reconstituíron un movemento armado Antisoviético e Anticomunista na fronteira con Tailandia, co apoio dos Estados Unidos, da China, de Tailandia e o Reino Unido.[13] Estableceuse un goberno camboxano no exilio cos Khmer vermellos no seu núcleo, un goberno que tivo un prolongado recoñecemento diplomático de moitos países occidentais e asiáticos.[14][15]
Os Vietnamitas apoiados pola Unión Soviética, aproveitando a autodestrución khmer e a inercia internacional, instalan un pseudo-goberno monicreque, baixo a dirección nominal de Pen Sovan, creando un estado coñecido como República Popular de Kampuchea, cun goberno de facto apoiado polo Vietnam. Este estado sobreviviría ata 1992 coa caída do goberno marxista despois de pasar por unha transición na que este país cambiou o seu nome ao de Camboxa en 1989.
A capital, Phnom Penh, está situada sobre o principal río do país, o Mekong, ao nivel do seu delta. Este río comeza no Tíbet e atravesa a metade de Camboxa antes de xuntarse co Vietnam, onde se lanza ao mar da China. O lago meirande do país é o Tonlé Sap (en [[Lingua khmer|khmer}}, gran lago) formado pola inundación dunha vaste plana durante a estación das choivas (aproximadamente 300 km² durante a estación seca, e ata 10 000 km² durante a estación das choivas).
Subdivisións
Cambodia está dividida en 21 provincias (khet) e 4 municipios con status de provincia (krong). As provincias están subdivididas en distritos (srok), que están, á súa vez, subdivididos en comunas (khum). Os municipios están subdivididos en secións (khan), que están, pola súa banda, subdivididas en barrios (sangkat).
A capital do país, Phnom Penh, non é unha provincia, é unha área administrativa especial. Entre tanto, está incluída como a 25º provincia, unha vez que é administrada ao mesmo nível que as outras 24 provincias. O nome das provincias son os mesmos que o das súas respectivas capitais, exceptuando Banteay Meanchey, Kandal, Mondulkiri, Oddar Meanchey, Rattanakiri, Koh Kong, Kampong Thom, Takéo e Kampong Speu. A provincia máis nova creada entre as subdivisión cambodianas, é Tbong Khmum, craada a través dun decreto real asinado o 31 de decembro de 2013 polo rei Norodom Sihamoni. Foi separada da provincia de Kampong Cham, estando formada por 6 distritos.[16]
Poboación : 13 124 764 habitantes (en 2003). 0-14 anos: 41,25 %; 15-64 anos: 55,28 %; + 65 anos: 3,47 % (en 2001) Superficie : 181 035 km² Densidade : 69 hab./km² Fronteiras terrestres : 2 572 km (Vietnam 1 228 km; Tailandia 803 km; Laos 541 km) Litoral : 443 km Extremidades de altitude : 0 m > + 1 813 m (Phnom Aoral) Esperanza de vida das homes : 55 anos (en 2001) Esperanza de vida das mulleres : 59 anos (en 2001) Taxa de crecemento da poboación : 2,25 % (en 2001) Taxa de natalidade : 33,16 ‰ (en 2001) Taxa de mortalidade : 10,65 ‰ (en 2001) Taxa de mortalidade infantil : 65,41 ‰ (en 2001) Taxa de fecundidade : 4,7 nenos/muller (en 2001) Taxa de migración : 0 ? (en 2001) Independencia :9 de novembro de 1953 (antiga colonia francesa) Liñas de telefono : 21 800 (en 1998) Teléfonos móbiles : 80 000 (en 2000) Radios: 1,34 millón (en 1997) televisores : 94 000 (en 1997) Número de provedores de acceso a Internet : 2 (en 2000) Rutas : 35 769 km (dan 4 165 km asfaltadas) (en 1997) Vías ferrocarril : 603 km Vías navegábeis : 3 700 km Número de aeroportos : 19 (6 con pistas asfaltadas) (en 2000)
↑"On some Cambodian Words". Thai-Yunnan Project Newsletter No. 20., Department of Anthropology, Research School of Pacific Studies Australian National University by Serge Thion. Nectec. Consultado o 31 de outubro de 2015.