A república semipresidencialista é aquela na cal o Presidente da República, elixido por sufraxio, ten certas competencias de goberno. O Primeiro ministro é elixido polo Parlamento a petición do Presidente, e este responde da súa responsabilidade ante o Parlamento.
Neste sistema ás veces hai cohabitación. Estes períodos poden carrexar unha beneficiosa verificación da separación de poderes ou estar cheos de obstrucións por mor da dualidade do executivo.
Características
Francia é o arquetipo e prototipo da forma de goberno que se chama Sistema Semipresidencial, de natureza mixta e cuxas características forón inspiración dos sistemas políticos de varias nacións. As características principais do sistema que foi implantado coa V República Francesa son:
O Executivo é dual, tal que existe un Xefe de Estado, denominado Presidente da República e un Consello de Ministros ou Gabinete presidido polo seu Primeiro Ministro, como Xefe de Goberno.
Gabinete politicamente responsable, en consecuencia, susceptible de ser interpelado e censurado.
Xefe de Estado é elixido por sufraxio universal. Tal precepto foi incluído na Constitución Francesa a partir da Reforma de 1962, elección directa que equipara ao Presidente da República co Parlamento, no que a representatividade política refírese.
O Poder Executivo ten a facultade de disolver a Cámara Baixa ou Asemblea Nacional, en caso de grave controversia que poña en risco a gobernabilidade da Nación.
Existen certos actos do Presidente da República que non requiren o referendo do ministro do ramo para a súa validez, como a disolución parlamentaria ou as facultades contraidas mediante o polémico artigo 16° da Constitución Francesa. (120)
Países
Actualmente teñen esta forma de goberno os seguintes países: