Ácido (9Z,11E,13E)-octadeca-9,11,13-trienoico
O=C(O)CCCCCCC/C=C\C=C\C=C\CCCC
InChI=1S/C18H30O2/c1-2-3-4-5-6-7-8-9-10-11-12-13-14-15-16-17-18(19)20/h5-10H,2-4,11-17H2,1H3,(H,19,20)/b6-5+,8-7+,10-9-Key: CUXYLFPMQMFGPL-WPOADVJFSA-N
InChI=1/C18H30O2/c1-2-3-4-5-6-7-8-9-10-11-12-13-14-15-16-17-18(19)20/h5-10H,2-4,11-17H2,1H3,(H,19,20)/b6-5+,8-7+,10-9-
O ácido α-eleoesteárico ou ácido (9Z,11E,13E)-octadeca-9,11,13-trienoico, é un ácido graxo conxugado e un dos isómeros do ácido octadecatrienoico. Ás veces se lle chama simplemente ácido eleoesteárico, aínda que existe tamén o ácido β-eleoesteárico (o isómero todo-trans ou (9E,11E,13E)). Presenta un alto nivel de poliinsturación, que lle dá ao aceite de Vernicia fordii (ou aceite de tung) as súas propiedades como aceite secante.
No traballo pioneiro sobre ácidos graxos esenciais de Burr, Burr e Miller compararon as propiedades nutricionais do ácido α-eleoesteárico (ELA) co do seu isómero o ácido alfa-linolénico (ALA). Este último aliviaba a deficiencia en ácidos graxos esenciais, pero o ácido α-eleosteárico non.[1]
En ratas, o ácido α-eleoesteárico convértese nun ácido linoleico conxugado.[2] O ácido α-eleoesteárico induce a apoptose de adipocitos,[3] e de células HL60 de leucemia in vitro a unha concentración de 20 μM.[4] As dietas que conteñen un 0,01% de aceite de semente de Momordica charantia (0,006% en forma de ácido α-eleoesterico) preveñen a carcinoxénese inducida por azoximetano en ratas.[5]
O ácido α-eleoesteárico encóntrase en aceites extraídos de sementes; por exemplo, o contido en ácidos graxos do aceite de Vernicia fordii (chamado na China tung) ten un 82% de ácido α-eleoesteárico e o aceite de sementes de Momordica charantia (xeralmente chamado melón amargo) ten un 60%.