Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa.
O ácido ceroplástico ou ácido pentatriacontanoico é un ácido graxo de cadea liñal de 35 átromos de carbono, coa fórmula molecular C 35H 70O 2, simbolizado como C35:0.
O ácido ceroplástico é sólido a temperatura ambiente moderada e funde a 98,4 °C. É soluble en acetona, benceno e cloroformo. Foi descrito por primeira vez en 1953 polo xaponés R. Koyama,[1][2] que o obtivo da cera segregada polo insecto Ceroplastes rubens, de onde provén o seu nome non sistemático.[3] Tamén se atopa na cera das olivas.[4]
Notas
↑Warth, A.H.. The Chemistry and Technology of Waxes (en anglès). 1a. Nova York: Reinold Publishing Corporation, 1956, p. 43.
↑Koyama, R. J. Chem. Soc. Japan., 56, 1935, pàg. 365-372.