Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa.
O ácido nonanoico, tamén chamado ácido pelargónico, é un ácido carboxílico composto por nove carbonos coa fórmula estrutural CH3(CH2)7COOH. Os ésteres e sales do ácido nonanoico denomínanse nonanoatos. O ácido nonanoicos é un líquido oleoso claro de cheiro desgradable. É case insoluble en auga, pero moi soluble en cloroformo, éter e hexano. Úsase frecuentemente xunto co herbicida non selectivo glifosato para que este teña un efecto máis rápido no control das malas herbas en céspedes.
O nome de ácido pelargónico vén de que abunda no aceite de Pelargonium roseum, unha planta da familia dos xeranios.[2]
Distribución e uso
O ácido nonanoico é un ácido graxo pequeno que aparece na natureza en forma de ésteres no aceite de pelargonio. Os ésteres sintéticos, como o metil nonanoato, son utilizados como saborizantes.
O ácido nonanoico pode ser máis potente que o ácido valpórico para tratar a epilepsia.[3] Ademais, a diferenza do ácido valpórico, o ácido nonanoico non ten efecto sobre a inhibición de HDAC (histona desacetilase), o que suxire que é improbable que mostre teratoxenicidade asociada coa inhibición de HDAC.[3]
Notas
↑Lide, D. R. (Ed.) (1990). CRC Handbook of Chemistry and Physics (70th Edn.). Boca Raton (FL):CRC Press.