O ácido caléndico é un ácido graxo omega-6.[2] aínda que non aparece ás veces nas listas de ácidos dese grupo. O ácido caléndico sintetízao a planta Calendula officinalis a partir de linoleato pola acción dunha pouco común Δ12-oleato desaturase (unha variante con FAD) que converte o enlace dobrecis na posición 9 nun sistema de enlace dobre trans,trans-conxugado.[3] Describiuse tamén un isómero beta todo-trans.[1]
Efectos
Comprobouse que o ácido caléndico era o ácido graxo responsable da redución no consumo de alimentos e mellora na utilizaciñón dos alimentos en ratos aos que se lles engadiu aceite de caléndula na súa dieta, como se demostrou en experimentos comparativos usando aceite de millo.[4]
Notas
↑ 1,01,1Yasui Y, Hosokawa M, Kohno H, Tanaka T, Miyashita K (2006). "Growth inhibition and apoptosis induction by all-trans-conjugated linolenic acids on human colon cancer cells". Anticancer Res26 (3A): 1855–60. PMID16827117.