Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa.
O ácido heptacosanoico, tamén chamado ácido heptacosílico ou ácido carbocérico, é un ácido graxo saturado de cadea liñal con 27 átomos de carbono, coa fórmula molecular C 27H 54O 2, que se simboliza como C27:0.
O ácido heptacosanoico a temperatura ambiente é un sólido que funde a 87,6 °C e ten un índice de refracción de 1,4324 a 70 °C.[1] Foi illado da turba en 1932,[2] e tamén en 1933 da cera montana de Bohemia obtida do lignito e a turba.[3]
Atopouse no sangue e tecidos de pacientes de diferentes trastornos peroxisómicos de orixe xenética, como a enfermidade de Refsum, a adrenoleucodistrofia X, a adrenoleucodistrofia neonatal ou a síndrome de Zellweger.[4]