O ácido miristoleico[2] ou ácido 9-tetradecenoico é un ácido graxomonoinsaturadoomega-5 coa fórmula CH3(CH2)3CH=CH(CH2)7COOH. Ten 14 carbonos e un dobre enlace de tipo cis no 9º carbono (ou no 5º empezando polo final da cadea), polo que o seu número lipídico é C14:19 (ou C14:1n-5). Biosintetízase a partir do ácido mirístico por acción do encimadelta-9 desaturase, pero é pouco común na natureza.[3] Unha das maiores fontes deste ácido graxo é o aceite das sementes das plantas da familia Myristicaceae, xa que este ácido supón ata o 30% do aceite dalgunhas das especies.[4][5] Tamén se encontra en graxas animais.
Os seus sales e ésteres denomínanse miristoleatos. Suxeriuse que o cetil éster do ácido miristoleico (cetil miristoleato) ten propiedades biolóxicas como antiinflamatorio, alivia a dor, e é un modulador do sistema inmunitario[8]
↑Iguchi K, Okumura N, Usui S, Sajiki H, Hirota K, Hirano K. Myristoleic acid, a cytotoxic component in the extract from Serenoa repens, induces apoptosis and necrosis in human prostatic LNCaP cells. Prostate. 2001 Apr;47(1):59-65. PMID 11304730
↑Hunter KW Jr, Gault RA, Stehouwer JS, Tam-Chang SW. Synthesis of cetyl myristoleate and evaluation of its therapeutic efficacy in a murine model of collagen-induced arthritis. Pharmacol Res. 2003 Jan;47(1):43-7. PMID 12526860.