Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa.
O ácido ruménico, tamén coñecido como ácido bovínico, é un ácido linoleico conxugado que se encontra na graxa dos ruminantes e en produtos lácteos. É unha graxa transomega-7. O seu nome abreviado é ácido cis-9, trans-11 18:2.
O nome de ácido ruménico foi proposto por Kramer et al. en 1998.[1] Fórmase xunto co ácido vaccénico por biohidroxenación de ácidos graxos poliinsaturados da dieta, que ocorre no rume dos ruminantes.[2]
Pode considerarse como unha forma dietaria principal, xa que supón do 85 ao 90% do total do contido de ácido linoleico conxugado dos produtos lácteos.[3]
↑F. Destaillats; E. Buyukpamukcu; P.-A. Golay; F. Dionisi & F. Giuffrida (2005). "Letter to the Editor: Vaccenic and Rumenic Acids, A Distinct Feature of Ruminant Fats". Journal of Dairy Science88 (449): 449. doi:10.3168/jds.S0022-0302(05)72705-3.