Anano (mitoloxía)

Na mitoloxía galega, os ananos son unha caste de seres míticos que vivían sobre a terra ó servizo dos seres humanos ata que, nalgún momento indeterminado, deixaron de ter tratos cos homes e retiráronse a vivir baixo terra. O mito dos ananos tamén está presente noutras culturas, quizais con máis presenza que na galega.

Os ananos son personaxes de pequeno tamaño,[1] moi traballadores e dotados de barbas brancas moi longas. A maiores da súa forma humana tamén poden adoptar a forma de mouchos ou curuxas, ou mesmo de bolboreta. Viven baixo terra, baixo castros ou mámoas, pero iso non lles impide saír á superficie e mesmo chegar a ter contacto cos homes. En todo caso, estes contactos son moi infrecuentes pois o normal é que os esquiven e, se nalgún momento se cruzan cunha persoa, arrédana mediante artes máxicas, como poden ser unha mirada ou un sopro. Esta ollada propia dos ananos mesmo podía danar á persoa, facerlle caer ou facer que os obxectos caian ó chan, todo iso sen que a vítima entenda a causa.

Para Antón Fraguas,[2] os ananos prefiren vivir nas forxas dos ferreiros, dos que se di que proveñen dun anano, antigo ferreiro, que vivía e traballaba baixo terra. Por iso os ananos de hoxe viven onda eles, xunto ó fogón ou mesmo dentro deste. Daquela, os ananos eran personaxes bondadosos, que coidaban dos rapaces e mesmo podían curar as súas doenzas, polo que os pais adoitaban levar os nenos ás ferrerías e sentábaos ante o lume da forxa, mentres o ferreiro traballaba o ferro.[3]

Traballan duramente cavando as minas de ouro e prata, acumulando tesouros que gardan celosamente en lugares subterráneos; mesmo aseguran o segredo destes agochos movendo de cando en vez o ouro dun sitio a outro.

Cando toman a forma de mouchos fano para agoirar a morte de alguén, mediante o seu canto, pousados sobre a súa casa ou desde unha árbore próxima. Neste caso poden identificarse cos paxaros da morte.

Ananos en Galicia

Cóntase que un muiñeiro de Baamonde (en Begonte, Lugo) ía vender trigo á feira da Santa Cruz de Parga (en Guitiriz). No camiño atopouse cun anano que, nun xesto pouco habitual de amabilidade, preguntoulle a onde ía, qué fillos tiña e qué tal lle ía na vida. O pobre muiñeiro contestoulle que tiña nove fillos e que era pobre como as arañas. Entón, o anano ofreceuse a axudarlle e aseguroulle que faría moi boa venda prometéndolle, ademais, que, á volta da feira, estaría esperándolle con máis trigo, pero coa condición de que esa oferta tiña que quedar no máis absoluto segredo, sen que ninguén máis soubese nunca nada. Efectivamente, cando volveu da feira alí estaba o anano esperando cunha besta cargada de trigo. E o mesmo se repetiu cada vez que ía á feira da Santa Cruz.

Deste xeito, loxicamente, o muiñeiro comezou a prosperar pero a muller pronto notou que o home tiña máis trigo do normal e comezou a preguntarlle que de onde viña aquilo. O home non llo quixo dicir, pero tanto teimou ela que terminou por confiarlle o trato que tiña co anano.

¡Nunca tal fixera! No día seguinte houbo unha treboada enorme que provocou unha enchente que levou o muíño por diante, morrendo baixo as pedras o muiñeiro e a muller.

Tamén se recolle a presenza de ananos en Couso, parroquia de Avión (Ourense), onde se di que os ananos sacacan o ouro da Mina da Rodela e íano lavar ó río. Asímesmo, en Sober crese que os ananos están explotando unha mina de prata no monte chamado Cotarro do Casto; as galerías son de tal tamaño que ás veces provocan o afundimento do chan, co gando que estivera pastando enriba nese momento; dise tamén que foron quen de raptar unha meniña que estaba alindando o gando e, casualmente, mirou como traballaban.

Na Armenteira (no concello pontevedrés de Meis) contan que poden verse, á noitiña, bailar e tocar o bombo no castro de Gondes.

Dise que resulta posible capturar un anano, mediante certas fórmulas máxicas, e levalo con un á casa, para aproveitarse da súa maxia e traballo, e das súas riquezas. Neste caso e dado o seu cativo tamaño, poden vivir dentro dunha caixa e viaxar co dono dentro dun dos seus petos.

Ananos da mitoloxía nórdica

Dous ananos, por Lorenz Frølich (1895).

Os ananos aparecen frecuentemente nos mitos e lendas nórdicos e xermánicos. Son seres cos seus propios xefes e con atribucións diversas; non son fermosos pero si dunha intelixencia superior, moitos deles coñecen o futuro e teñen grandes barbas.

Historia

Na Edda prosaica de Snorri Sturluson, os ananos naceron dos vermes que roían o cadáver do xigante Ymir; mais conforme a versión descrita na Edda poética, xurdiron dos ósos e do sangue do xigante Blain. Os primeiros ananos foron nomeados polos deuses de Mótsognir e Durinn.

Snorri Sturluson non distinguiu os ananos e os elfos escuros (Svartálfar), pero mentres que os primeiros viven en Nidavellir, un dos chamados Nove Mundos criados polos deuses, e algúns deles mesmo ata en Midgard, os elfos escuros viven en Svartalfaheim, situado por riba de Niflheim. De calquera forma, os ananos son seres que viven debaixo da terra, no mundo subterráneo, pois a luz ten o poder de transformalos en pedra.

Os ananos son hábiles artífices, particularmente destros no traballo da forxa, e facían as armas dos deuses e as xoias das deusas: Thor débelles o seu famoso martelo Mjölnir, Frey o seu navío máxico e o seu xabarín de ouro, Sif os seus cabelos de ouro, Freia o seu colar de ouro Brisingamen, e Odín a lanza Gungnir que nada podía deter. Odín tamén posuía o anel Draupnir, que, como o anel de Andvari, tiña o poder de multiplicar as riquezas de quen o tivese no seu poder. Porén, os ananos tamén tiñan mala sona, pois son vistos usualmente como avarentos e ladróns.

A crenza nos ananos foi sen dúbida a máis popular de todas,[Cómpre referencia] xa que perdurou até o século XVIII en Islandia.

Ananos sonados

Notas

  1. Fraguas di que adoitan medir unha polgada de estatura.
  2. Antón Fraguas, en Gran Enciclopedia Galega 2003, s. v. anano.
  3. Polo mesmo efecto do lume e o fume, tamén se cría que os nenos podían curarse das súas doenzas levándoos a unha ponte sobre as vías e someténdoos ó fume da locomotora.

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas

Read other articles:

اللغة الصربية الكرواتية الاسم الذاتي (بالصربوكرواتية اللاتينية: srpskohrvatski jezik)‏(بالصربوكرواتية اللاتينية: hrvatskosrpski jezik)‏(بالصربوكرواتية السيريلية: хрватскосрпски језик)‏(بالصربوكرواتية السيريلية: српскохрватски језик)‏(بالصربوكرواتية السيريلية: хрватскосрпски)‏(بالصر...

 

Theodosius of Jerusalem was Patriarch of the Church of Jerusalem from 864 to 879. Theodosius was a monk at a monastery near Jerusalem before he was elected the successor to Patriarch Solomon in 864. Theodosius was represented at the council held in Constantinople between 869-870 by his legate, syncellus Elijah. Elijah signed the decisions of the council that deposed Patriarch Photius of Constantinople and decreed that Patriarch Ignatius was improperly deposed. The acts of the 869 council were...

 

A Time Called YouPoster promosiHangul너의 시간 속으로 Hanja너의 時間 속으로 Alih Aksara yang DisempurnakanNeoui Sigan Sog-euroArtiInto Your Time GenreRomansaTime travelPembuatNetflixBerdasarkanSomeday Or One Dayoleh Huang Tien-jenDitulis olehChoi Hyo-biSutradaraKim Jin-wonPemeranAhn Hyo-seopJeon Yeo-beenKang HoonNegara asalKorea SelatanBahasa asliKoreaProduksiRumah produksiNPIO EntertainmentLian ContentsStudio FlowDistributorNetflixRilisJaringan asliNetflixFormat gambar4K (Ultra...

Село Станіславепол. Stanisławie Координати 53°23′ пн. ш. 18°11′ сх. д. / 53.383° пн. ш. 18.183° сх. д. / 53.383; 18.183Координати: 53°23′ пн. ш. 18°11′ сх. д. / 53.383° пн. ш. 18.183° сх. д. / 53.383; 18.183 Країна ПольщаПольщаВоєводство Куявсько-Помор

 

Peta Lokasi Kabupaten Gunung Mas di Kalimantan Tengah Berikut adalah daftar kecamatan dan kelurahan/desa di Kabupaten Gunung Mas, Provinsi Kalimantan Tengah, Indonesia. Kabupaten Gunung Mas terdiri dari 12 kecamatan, 13 kelurahan, dan 114 desa. Pada tahun 2017, jumlah penduduknya mencapai 137.662 jiwa dengan luas wilayah 10.805,00 km² dan sebaran penduduk 13 jiwa/km².[1][2] Daftar kecamatan dan kelurahan di Kabupaten Gunung Mas, adalah sebagai berikut: Kode Kemendagri Kecama...

 

吉田川 吉田川上流(駿河区平沢)水系 二級水系 巴川種別 二級河川延長 4.1 km平均流量 - m³/s流域面積 - km²水源 有度山水源の標高 308 m河口・合流先 巴川流域 静岡県静岡市駿河区 テンプレートを表示 吉田川(よしだがわ)は、静岡県静岡市駿河区を流れる二級河川。 巴川中流部の右岸支流の一つである。 地理 草薙川源流域のすぐ西側、日本平パークウェイに囲ま

У Вікіпедії є статті про інших людей із прізвищем Лучук. Іван Лучук Народився 24 лютого 1965(1965-02-24) (58 років)ЛьвівГромадянство  УкраїнаНаціональність українецьДіяльність письменник, перекладачAlma mater ЛНУ імені Івана ФранкаЗаклад Інститут Івана Франка НАН УкраїниБатько Лу

 

Who's Gonna Ride Your Wild Horses Who's Gonna Ride Your Wild Horses Single de U2do álbum Achtung Baby Lado B Paint It BlackFortunate Son Lançamento 10 de novembro de 1992 Formato(s) CD single, Vinil de 7, Vinil de 12, Cassete Gênero(s) Rock Duração 5 min 16 s (Versão do Álbum)3 min 54 s (The Temple Bar Edit) Gravadora(s) Island Records Produção Paul Barrett, U2 Cronologia de singles de U2 Even Better Than the Real Thing (1992) Numb (1993) Cronologia de Achtung Baby Until the End ...

 

Volume occupied by a given amount of particles of a substance Molar volumeCommon symbolsVm, V ~ {\displaystyle {\tilde {V}}} SI unitm3/molOther unitsdm3/mol, cm3/molDimensionL3 N−1 In chemistry and related fields, the molar volume, symbol Vm,[1] or V ~ {\displaystyle {\tilde {V}}} of a substance is the ratio of the volume occupied by a substance to the amount of substance, usually given at a given temperature and pressure. It is equal to the molar mass (M) divided...

У этого термина существуют и другие значения, см. Лесная промышленность (значения). Лесная промышленность — совокупность отраслей промышленности, заготавливающих и обрабатывающих древесину. Лесозаготовительный комбайн в работе Заготовка древесины в странах и район...

 

This article needs additional citations for verification. Please help improve this article by adding citations to reliable sources. Unsourced material may be challenged and removed.Find sources: Zorro novel – news · newspapers · books · scholar · JSTOR (April 2016) (Learn how and when to remove this template message) Zorro First edition coverAuthorIsabel AllendeOriginal titleEl Zorro: Comienza la leyendaTranslatorMargaret Sayers PedenCountryC...

 

This article is about Aberdeen Lock and Dam. For other uses of Aberdeen, see Aberdeen (disambiguation). Dam in Aberdeen, MississippiAberdeen Lock and DamAerial view of Aberdeen Lock and DamCountryUnited States of AmericaLocationAberdeen, MississippiCoordinates33°49′51″N 88°31′08″W / 33.8308°N 88.5188°W / 33.8308; -88.5188StatusOperationalConstruction cost$43.3 million [1]Built byUnited States Army Corps of EngineersOperator(s)Tennessee-Tombigbe...

M. Sukiman AzmyBupati Lombok Timur 9PetahanaMulai menjabat 27 September 2018WakilRumaksiPendahuluAli Bin DachlanPenggantiMuhammad Juaini TaofikMasa jabatan31 Agustus 2008 – 31 Agustus 2013WakilM. Syamsul LutfhPendahuluAli Bin DachlanPenggantiAli Bin Dachlan Informasi pribadiLahir30 Mei 1957 (umur 66)Sakra, Lombok Timur, Nusa Tenggara Barat, IndonesiaKebangsaanIndonesiaAlma materSepamilwa ABRI 1976Sunting kotak info • L • B Kolonel Caj (Purn) Drs. H. M. Su...

 

  AnelliMelbourne 1956 Informazioni generaliLuogoWest Melbourne Stadium, Melbourne Periodo3 - 7 dicembre 1956 Partecipanti63 da 18 nazioni Podio Al'bert Azarjan  Unione Sovietica Valentin Muratov  Unione Sovietica Masao Takemoto  Giappone Masami Kubota  Giappone Edizione precedente e successiva Helsinki 1952 Roma 1960 Voce principale: Ginnastica ai Giochi della XVI Olimpiade. Ginnastica a Melbourne 1956 Concorso a squadre   uomini   donne Attrezzi a squa...

 

Mexican TV series or program VivianaGenreTelenovelaCreated byOriginal Story:Inés RodenaCarmen Daniels Tere MedinaAdaptation:Luis Reyes de la MazaBased onTormenta de pasiones by Caridad Bravo AdamsDirected byDimitrius SarrásStarringLucía MéndezHéctor BonillaTheme music composerJavier OrtegaOpening themeViviana by Lucía MéndezCountry of originMexicoOriginal languageSpanishProductionExecutive producerValentín PimsteinCinematographyFernando ChacónDimitrius SarrásOriginal releaseNet...

English keyboard player and composer For the American experimental filmmaker and artist, see Morgan Fisher (artist). Morgan FisherBackground informationBirth nameStephen Morgan FisherBorn (1950-01-01) 1 January 1950 (age 73)Middlesex Hospital, London, EnglandOccupation(s)MusicianInstrument(s)KeyboardsYears active1960s–presentWebsitemorgan-fisher.comMusical artist Stephen Morgan Fisher (born 1 January 1950) is an English keyboard player and composer, and is most known as a member of Mot...

 

在中華民国キリバス大使館Embassy of Kiribati in the Republic of China吉里巴斯駐中華民國大使館在中華民国キリバス大使館が入居していた使館特区(中国語版、英語版)所在地 中華民国(台湾)住所台北市士林区天母西路62巷9号10階開設2013年5月31日閉鎖2019年9月20日大使テシー・ランボーン(閉鎖時点の駐台大使)テーコア・イウタ(初代駐台大使/現駐日大使)管轄 中華民国・...

 

Boeroes redirects here. For descendants of Dutch settlers in South Africa, see Boers. Dutch SurinameseBoeroesBoeroe colonists in 1893Total populationc. 4,000Regions with significant populationsParamaribo, WanicaLanguagesDutchEnglishSrananReligionChristianityRelated ethnic groupsDutch people Dutch Surinamese (Dutch: Boeroes) are Surinamese people of Dutch descent. Dutch migrant settlers in search of a better life started arriving in Suriname in the 19th century with the boeroes, poor far...

Billboard País Estados Unidos Sede central Nueva York Idioma InglésCategoría MúsicaAbreviatura Bllbd.Fundación 1894 Fundador Nielsen SoundScan, Eldridge Industries y William Henry Donaldson Primera edición 1894 DesarrolloEditor Mike BrunoCompañía Eldridge IndustriesCirculaciónFrecuencia SemanalCirculación 17 000 revistas semanales15 millones de visitas únicas al mes[1]​ISSN 0006-2510[billboard.com Página web oficial][editar datos en Wikidata] Billboard (estilizado ...

 

Timeline of the 2020 United States presidential election (January–October 2020) ← 2016 November 3, 2020 2024 → 2020 U.S. presidential election Timeline 2017–2019 January–October 2020 November 2020 – January 2021 Presidential debates Parties Polling national statewide News media endorsements primary general Fundraising Russian interference Presidential electors (fake electors) Electoral College vote count Presidential transition Subsequent voting restrictions Atte...

 

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!