Tódalas mulleres que morrían virxes eran enviadas ós seus salóns, e por isto era a deusa da virtude. Porén, tamén era considerada unha deusa da fertilidade. Ademais, "Gefn" é un dos nomes alternativos de Freia, a deusa nórdica da procreación.
O seu esposo era o rei Skjöld, fillo de Odín. Moitos lendarios reis daneses alegaban ser descendentes dela.
O rei suecoGylfi prometéralle tanta terra como puidera arar nunha noite, e ela transformou ós seus catro fillos en bois e tomou terra suficiente como para crear a illa danesa de Selandia, deixando no seu lugar o lago sueco Mälaren.