Bifröst

Heimdall fica xunto ó arco da vella mentres fai soar o seu corno. Obra de Emil Doepler (1905).

Bifröst (tamén Bilröst) é na mitoloxía nórdica unha ponte de arco da vella ardente que une Midgard (o mundo dos homes) e Asgard (o reino dos deuses). A ponte aparece mencionado como Bilröst na Edda poética, como Bifröst na Edda prosaica de Snorri Sturluson e en diversos poemas da poesía escáldica. Ambas Eddas tamén se refiren á ponte como Asbrú (antigo nórdico "a ponte dos Æsir").[1]

Segundo a Edda prosaica, a ponte finaliza na bóveda celestial onde o deus Heimdall, o vixilante, ten a súa residencia chamada Himinbjörg. Dende alí vixía ós xigantes. A destrución da ponte durante o Ragnarök polos exércitos de Muspell está profetizada. Existen paralelismos entre Bifröst e outro ponte presente na mitoloxía nórdica, Gjallarbrú.

Etimoloxía

Bifröst por Arthur Rackham.

Andy Orchard traduce Bifröst como posible "brillante camiño". Resalta que o primeiro termo Bilröstbil ( "un momento")—"suxire a natureza efémera do arco da vella", e relaciónao co primeiro termo de Bifröst—o verbo en antigo nórdico bifa significa "brillar" ou "sacudir"—notando que o elemento provoca un concepto dunha ponte "brillante e lustrosa".[2] Por outra banda, Rudolf Simek afirma que Bifröst podería significar "o camiño cara o ceo" (tamén citando bifa) ou, se Bilröst é a forma orixinal que os dous mencionados por Simek, "o arco da vella fugazmente entrevisto" (ver Bil, quizais significando "intre, punto feble").[3]

Notas

  1. Simek, Rudolf (2007) translated by Angela Hall. Dictionary of Northern Mythology. D.S. Brewer. ISBN 0-85991-513-1 p. 19
  2. Orchard, Andy (1997). Dictionary of Norse Myth and Legend. Cassell. ISBN 0-304-34520-2 p. 19
  3. Simek, Rudolf (2007) translated by Angela Hall. Dictionary of Northern Mythology. D.S. Brewer. ISBN 0-85991-513-1 pp. 36–37

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!