Xente cativa

Baixo o nome de xente cativa desígnase unha raza de seres míticos na mitoloxía galega, con paralelos noutras culturas. Son personaxes de pequeno tamaño (descríbense como dun corpo pouco maior do dun gato) pero diferentes dos ananos mitolóxicos, pero, coma estes, non se relacionan ben cos humanos.

Cóntase na parroquia de Abeledo, en Abadín (Lugo) que na fonte dos Caxigos escoitábase unha orquestra tocando música baixo terra. Cando Benxamín, a persoa que o escoitou, exclamou asombrado que que era iso, a música cesou e da terra xurdiu un anano fronte a el. Benxamín, co medo, deu en correr e o ananiño pegou detrás del, chamándoo a grandes voces, ata que cansou sen poder darlle alcance. E conta Benxamín que o escoitaba berrar que, se parara e falara con el, podía desencantalo.

Cuba, Miranda e Reigosa afirman que esta xente cativa está relacionada cos Wee Folk de Irlanda e Escocia e que tamén se coñecen en Cornualla, onde non superan o tamaño das formigas.

Codíns

Entre esta xente cativa cabe incluír os codíns, que describe Murguía.[1]. Vicente Risco limítase a dicir que "Nalgún texto atopamos a mención duns 'Codines', enanos, gnomos ou jinas dos que non temos outra noticia".

Estes seres míticos parecen recibir o nome precisamente da súa pequena estatura: un cóbado de altura.[2] Están relacionados cos Guviteddu sicilianos ou os Vuvitini italianos, uns velliños cativos, que viven baixo terra e gardan tesouros. Tamén cos Daktyloi gregos.

Pode tratarse de seres que xogan cos nenos e, de feito, existe un xogo infantil en Navarra co nome de De codín a codán,[3], e en Cantabria existen outros seres míticos semellantes chamados Cuines.

Notas

  1. Tomamos esta información de Cuba (px. 85), que non concreta nada máis que a atribución a Murguía.
  2. Na mitoloxía grega descríbese un pobo mítico de, aproximadamente, un cóbado de altura. Chamábannos pygmaíos, de onde deriva a palabra pigmeos, porque pygme era unha unidade de medida, o cóbado, equivalente á distancia entre o cóbado e a man.
  3. "Gran Enciclopedia de Navarra". Consultado o 26.11.2024. .

Véxase tamén

Bibliografía

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!