Pedro Chosco ou Pedro Chusco é un personaxe mítico galego. Ten figura de home de barba branca, de maneiras doces e de voz grave. Pedro Chosco é o encargado de facer durmir os nenos con suaves aloumiños, aínda que prefire anainar mozas e sobre todo criadas de servir. Rolda as rapazas polo día entreténdoas e impedíndolles traballar.
Vaite de aí, Pedro Chosco
non me tentes a criada,
nin ma vistes, nin ma calzas,
nin lle pagas a soldada.
Os nenos ven a Pedro Chosco cando teñen un ollo pechado e o outro non o poden abrir. En Dinamarca existe Ole Kolpoje, ou sexa Ole Pechaollos, análogo ó galego. En Inglaterra é Billy Winker, en Escocia Wee Willie Winkie.[1]
Coplas populares
Coplas publicadas por Lence-Santar en El Compostelano o 5 de novembro de 1938: