Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Urco editora.
O can do Urco ou can do mar[1] é unha figura mitolóxicagalega. Trátase dun animalfantástico que adoita adoptar a forma dun enorme can negro ou branco con cornos e orellas longas.[1][2] que sae do mar arrastrando cadeas[3] e regresa ó mar tras percorrer camiños e congostras.
O Urco é, en definitiva, unha aparición que agoira unha morte e que pode adoptar diversas formas e nomes. Ademais das xa citadas de can do mar e can do Urco, recibe os nomes de becerra con cans, can negro, can branco ou, simplemente, can. Emite longos ouveos que semellan ser de can, de cabra, de paxaro ou de gato: "En Pïas (Mondariz) chámanlle tamén o butre, é unha ave moi grande que anda de noite e berra como cabra o gato" (Risco, 307).
Vicente Risco describe outra aparencia do urco, como un ser híbrido con medio corpo de lobo, con poutas e dentes afiados, e outro medio de serpe, cuberto de duras escamas e con notable forza no rabo; e engade que para outros toma forma de paxaro. Segundo Xoán Ramiro Cuba, parece ser que a súa forma foi variando desde unha cobra que comía os cadáveres, a can con cabeza de serpe, can de dúas cabezas (como Ortro, o can do xigante Xerión) e cola de serpe, can de tres cabezas (como o can Cérbero) e unha serpe por rabo e, finalmente, un can (ou varios cans: pode aparecer como un gran can seguido por unha manda de cans, ou como unha becerra seguida polos cans, pois considérase que é quen de atraer canda si tódolos cans que atopa no camiño).
Lenda e características
A súa presenza, como a de moitas outras figuras fantásticas semellantes, é considerada un mal agoiro, anunciador da morte.[1][3][4] Por outra banda, en Asturias existiu tamén a crenza no Urco, denominado el güercu en asturiano.[5][6]
En Pontevedra, a lenda do Urco incluíuse entre as celebracións do Entroido. Segundo Antón Fraguas, a partir de 1876 comezou a honrarse este monstro,[7] baixo a forma dun enorme e feroz can quen de engulir dunha soa trabada vinte sacos de chatarra coa mesma facilidade coa que un burro traga dous grans de orxo.
"En xeneral, onde se fala do Urco é nos arredores de Pontevedra.Cara fís do século pasado houbo unha onda de terror nas xentes por mor do Urco; ninguén se estrevía a saír de noite, pechaban cedo as casas, porque o Urco andaba todalas noites por aquiles lugares. Existe a versiónde que aquelo foi provocado polo escritor Andrés Muruais"
Vicente Risco, px. 307
Segundo conta a mitoloxía popular este animal habitaría en Borrón,[1], lugar hoxe inexistente situado nas beiras do río Lérez, en Pontevedra. Este Borrón sería un lugar neboento e tebroso pertencente ao "Outro Mundo", de aí a comparación que ás veces se fai entre el e o can Cérbero,[8] o gardián do inferno. Lémbrese que orco é un dos sinónimos de inferno e designaría o lugar a onde ían parar as almas dos mortos.[9]
Pero tamén corre orco co significado de coco co que se asustan os nenos (vaite levar o urco) ou de comellón (comes coma un orco). Cuba engade que o escritor romano Petronio dicía del que só era un fantasma de gran tamaño.
↑Na Mitoloxía grega, Orco era un demonio da morte, moitas veces confundido co propio inferno, entendido como morada dos mortos, e así aparece nas pinturas etruscas, como un xigante barbudo e de pelo hirsuto. Co tempo pasou a ser un dos nomes de Plutón, deus do inframundo na mitoloxía romana e equivalente ó grego Hades.