O lobo branco é unha das aparicións descritas na mitoloxía galega, cuxa presenza se interpreta como un agoiro de morte, o que o asemella a outros seres míticos como a raposa do aire ou a cadela peregrina.
Na Limia descríbese como un lobo grande, de cor branca, que oubea máis forte que os outros lobos da manda, anunciando a morte dun veciño do lugar. Nas Fiestras (Xinzo de Limia) contan que dous mozos que viñan de facer as beiras a algunha moza foron atacados por lobos; un escapou e foi buscar axuda pero, cando regresaron, xa armados, o outro mozo xa estaba morto, e xunto el, tamén un lobo.
En Vila de Cruces, na parroquia de Merza, hai un monte chamado A Peneda dos Lobos, onde se xuntaba unha manda de lobos. Os veciños montaron unha partida de caza e conseguiron matalos, menos a un, un gran lobo branco que segue ouveando alí tódalas noites.
Véxase tamén
Bibliografía
|
---|
Historia mítica de Galicia | | |
---|
Razas míticas | |
---|
Personaxes lendarios | |
---|
Personaxes aparentemente humanos | |
---|
Animais | |
---|
Seres relacionados coa morte | |
---|
Lugares | |
---|
Eventos | |
---|
Fontes | |
---|