César Antonio Molina
César Antonio Molina Sánchez, nado na Coruña o 14 de setembro de 1952, é un escritor e político galego. Foi ministro de Cultura do goberno de España entre 2007 e 2009. No ano 2010 foille concedida a Medalla Castelao.[1]
Traxectoria
Licenciouse en Dereito e en Ciencias da Información. Doutorouse cum laude cun traballo de investigación sobre A prensa literaria española, publicado en tres volumes. Foi profesor da Universidade Complutense de Madrid e seguiu séndoo nos últimos anos, na facultade de Humanidades e Xornalismo da Universidade Carlos III de Madrid. Durante varios anos coordinou os Cursos de Humanidades da Universidade de Verán do Escorial.
Entre 1985 e 1996 traballou en Cambio 16 e Diario 16 onde foi director asistente e responsable das páxinas de cultura e espectáculos, así como dos suplementos Culturas e Libros. En 1996 incorporouse ao Círculo de Bellas Artes de Madrid como director-xerente.
En maio de 2004 foi nomeado Director do Instituto Cervantes. Nese mesmo ano foi galardoado co Premio Fernández Latorre[2]. En setembro de 2005 o goberno de Francia outorgoulle a Orde das Artes e Letras.
O 6 de xullo de 2007 foi nomeado ministro de Cultura en substitución de Carmen Calvo, polo goberno socialista de José Luis Rodríguez Zapatero. Nas Eleccións Xerais de 2008 encabeza a candidatura do PSdeG-PSOE pola provincia da Coruña, resultando elixido, e máis tarde confirmado como Ministro de Cultura na IX Lexislatura. Trala remodelación do Goberno do 7 de abril de 2009 deixou o Ministerio de Cultura sendo substituído por Ángeles González-Sinde[3]. En xuño de 2010 falou desa substitución, mencionando que se debera a razóns de paridade e glamour[4], e dixo de Zapatero que es una persona que no escucha y que sólo se fía de sí mismo.
Carreira literaria
Escritor en galego e en castelán, ten traballado fundamentalmente a prosa científica e a poesía, pero tamén é coñecido o seu labor como antoloxista.
Libros publicados
En galego
Obras colectivas
- Poemas coruñeses: antoloxía de textos poéticos dos séculos XIX e XX sobre a Coruña, Espiral Maior, 2008.
- Tamén navegar. Toxosoutos, 2011.
- Versos no Olimpo. O Monte Pindo na poesía galega, Toxosoutos, 2013.
En castelán
- Épica. A Coruña: Argrove, 1974. 45 p.
- Proyecto preliminar para una arqueología de campo [poesía]. Barcelona: Anthropos, 1978. 103 p.
- Últimas horas en Lisca Blanca. León: 1979. 20 p.
- La estancia saqueada [poesía]. Barcelona: Los libros de la frontera, 1983. 86 p.
- La revista Alfar y la prensa literaria de su época (1920-1930). A Coruña: NOS, 1984. 397 p.
- Antología de la poesía Gallega contemporánea. Madrid: Júcar, 1984. 509p.
- Gobierno de un jardín. Cuenca: II MENU, 1986. (Colección Cuadernos de poesía)
- Derivas. Madrid: Maina, 1987. 84 p.
- Medio siglo de Prensa literaria española (1900-1950) [ensayo]. Madrid: Endymion, 1990. 394 p.
- Sobre el iberismo y otros escritos de literatura portuguesa. Madrid: Akal, 1990. 400p.
- Las ruinas del mundo. Barcelona: Anthropos, 1991. 480p.[5]
- Para no ir a parte alguna. Valencia: Pre-textos, 1994, 85 p.
- Sobre la inutilidad de la poesía. Madrid: Huerga & Fierro, 1995. 492p.
- Nostalgia de la nada perdida; ensayo sobre narrativa contemporánea. Madrid: Endymion, 1996. 520 p.
- Vivir sin ser visto. Barcelona: Península, 2000. 238p.
- A Coruña, agua y luz. Edición bilingüe castellano-inglés. Barcelona: Lunwerg, 2001. 254p.
- Olas en la noche. Valencia: Pre-textos, 2001. 87p.
- Regresar a donde no estuvimos. Barcelona: Península, 2003. 461 p.
- Viaje a la Costa da morte. Madrid: Huega & Fierro, 2003. 315 p.
- En el mar de Ánforas. Valencia: Pre-Textos, 2005 (Colección de poesía) 204p.
- En honor de Hermes. Madrid: Huerga & Fierro, 2005. 769p.
- Fuga del amor. Barcelona: Destino, 2005. 245p.
- El rumor del tiempo. Madrid: Círculo de lectores, 2006
- La caza de los intelectuales, Barcelona: Destino, 2014.
- La poesía es un error necesario, A Coruña: Trifolium, 2015.
- Zhivago, A Coruña: Trifolium, 2015.
- Todo se arregla caminando (Memorias de ficción Tomo VI). Barcelona. Destino, 2016. ISBN 9788423350797
- Vieja cima. Ars Poética. ISBN 978-84-947330-3-1
- Calmas de enero. Tusquets Ediciones. ISBN 9788490664704
- Tan poderoso como el amor. Destino, 2018. 492 p. ISBN 978-84-233-5365-1
- Las democracias suicidas. Fórcola, 2019. 283 p. ISBN: 978-84-17425-28-9
- Para el tiempo que reste. Fundación José Manuel Lara, 2020. 216 p. ISBN:978-84-17453-45-9
- ¿Qué hacemos con los humanos?. Deusto, 2023. 384 p.
Notas
- ↑ Medallas Castelao para Luz Casal e César Antonio Molina Arquivado 28 de xuño de 2010 en Wayback Machine..
- ↑ Premios Fernández Latorre Arquivado 21 de xuño de 2012 en Wayback Machine., ano 2004.
- ↑ Ángeles González Sinde substitúe a César Antonio Molina como Ministro de Cultura, culturagalega.org, 7 de abril de 2009.
- ↑ "César Antonio Molina: «Zapatero me dijo que me destituía por la paridad y por el glamour»" Arquivado 05 de xuño de 2010 en Wayback Machine., entrevista de Manuel Jabois a César Antonio Molina no Diario de Pontevedra, 2 de xuño de 2010 (en castelán).
- ↑ En 2004 foi incluído na Biblioteca Gallega de Autores en Castellano de La Voz de Galicia.
|
---|
1984 | | |
---|
1985 | |
---|
1986 | |
---|
1987 | |
---|
1988 | |
---|
1989 | |
---|
1990 | |
---|
1991 | |
---|
1992 | |
---|
1993 | |
---|
1994 | |
---|
1995 | |
---|
1996 | |
---|
1997 | |
---|
1998 | |
---|
1999 | |
---|
2000 | |
---|
2001 | |
---|
2002 | |
---|
2003 | |
---|
2004 | |
---|
2005 | |
---|
2006 | |
---|
2007 | |
---|
2008 | |
---|
2009 | |
---|
2010 | |
---|
2011 | |
---|
2012 | |
---|
2013 | |
---|
2014 | |
---|
2015 | |
---|
2016 | |
---|
2017 | |
---|
2018 | |
---|
2019 | |
---|
2020 | |
---|
2021 | |
---|
2022 | |
---|
2023 | |
---|
2024 | |
---|
|
|