A rúa do Conde de Torrecedeira é unha vía urbana da cidade de Vigo. É unha das rúas que percorren paralelas á liña costeira da urbe. Comeza na rúa de Santa Marta, e finaliza na praza da Industria. Durante o seu percorrido sitúanse lugares chave da cidade como o campus homónimo, onde se localizan as facultades de Comercio e Enxeñaría Industrial da Universidade de Vigo, ou o parque de Camilo José Cela.
A rúa de Torrecedeira ten unha lonxitude de 1,4 quilómetros. Consta de dous carrís, un en cada sentido. Comeza na rúa de Santa Ana, e discorre seguindo a liña costeira da cidade, comunicando o centro da cidade e o barrio do Cura coa praza de Eugenio Fadrique, popularmente coñecida coma praza da Industria.
Durante o seu percorrido, atravesa diferentes rúas, a meirande parte delas pequenas escadas ou calellas que comunican co Berbés, dado o desnivel de varios metros con respecto ao mar en poucos metros.
Na rúa de Torrecedeira atópase o segundo campus en importancia que ten a Universidade de Vigo na cidade olívica despois do Campus de Lagoas-Marcosende. Nel atópase a Facultade de Comercio e a Escola Técnica de Enxeñaría Industrial. Destaca o edificio Sede Cidade, construído por Jenaro de la Fuente e que alberga o rexistro da Universidade de Vigo, e onde se imparten as enxeñarías de Química Industrial, Tecnoloxías Industriais, Mecánica e Electrónica Industrial e Automática.[2]
Ao longo do percorrido da rúa tamén se atopa o parque de Camilo José Cela. Trátase dunha zona verde de 7.
000 metros cadrados e construída por Agustín Arca.[3]
Durante o século XXI a rúa foi obxecto de diferentes humanizacións. En 2009 foi unha das primeiras vías en humanizarse, co gallo dos fondos do Plan E do Ministerio de Fomento para facer fronte daquela á crise sobrevida por aquel entón. Inaugurouna o Ministro de FomentoJosé Blanco en decembro de 2009 e tivo un custo de 3,5 millóns de euros. A humanización consistiu na ampliación de beirarrúas e a mellora da rede de abastecemento, mais non se modificaron os carrís ou os espazos de aparcadoiro.[4]
Galería de imaxes
Vista de paxaro nocturna da rúa de Torrecedeira.
Escadas cara á rúa Torrecedeira, coa que existen un desnivel en poucos metros.
Pintada a prol de Resistência Galega, unha antiga organización terrorista e independentista galega.
Manuel Bárcena e Franco, I conde de Torrecedeira, que deu orixe ao nome da rúa.