Carlos Colmeiro Laforet

Modelo:BiografíaCarlos Colmeiro Laforet
Biografía
Nacemento1906 Editar o valor en Wikidata
Vigo, España Editar o valor en Wikidata
Morte8 de marzo de 1988 Editar o valor en Wikidata (81/82 anos)
Vigo, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmédico, escritor Editar o valor en Wikidata
Familia
IrmánsÁngel Colmeiro Laforet Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1229627 BUSC: colmeiro-laforet-carlos-1906-1988

José Carlos Colmeiro Laforet, nado en Vigo en 1906 e finado na mesma cidade o 8 de marzo de 1988,[1] foi un médico xinecólogo e escritor galego.

Traxectoria

Fillo de Manuel Colmeiro Rey e Ángela Laforet Cividanes, e sobriño do médico José María Colmeiro Rey. Estudou Medicina na Universidade de Santiago de Compostela, doutorouse na Universidade de Boloña e especializouse en xinecoloxía en Alemaña. Exerceu na Coruña como médico tocólogo municipal (1930-1942).[2] Logo do asasinato en Madrid de Víctor Muñoz Baijón en novembro de 1936, foi nomeado xefe provincial de Falange da Coruña.[3] En 1942 trasladouse a Vigo, onde foi tocólogo-xinecólogo[4] e despois director do Hospital Municipal. Autor de varios libros da súa especialidade de toco-xinecoloxía. Foi coeditor da Revista Internacional de Sexología. Herdou o título de Conde de Pardo Bazán.

Obras

  • Estudio sobre la cuestión del parto sin dolor, 1932.
  • Las increciones del ovario, 1939.
  • Las perineotomías, 1943.
  • Nuevos problemas ginecológicos. Estudios de fisiopatología sexual, 1955.
  • Orto y ocaso del feminismo, 1956.
  • La Cibernética y la vida, 1958.
  • Educación, sexo y sexualidad, 1961.
  • Maltusianismo. Razones y sinrazones de la limitación de la natalidad, 1964.
  • La educación sexual de la mujer.

Vida persoal

Casou con Carmen Rojo del Río en novembro de 1935. Era irmán de Ángel Colmeiro Laforet.

Notas

  1. Necrolóxica en La Voz de Galicia, 9-3-1988, p. 65.
  2. El Compostelano, 13-11-1930, p. 3.
  3. "Misterios al descubierto, masones en Santiago" Arquivado 03 de xaneiro de 2015 en Wayback Machine., El Correo Gallego, 04/08/2006.
  4. El Compostelano, 31-8-1942, p. 2.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Martín, Gerardo (2017). Diccionario de vigueses (1875-1945). Retazos de historia local a través de la vida de más de 1700 personajes. Pontevedra: Deputación Provincial. pp. 205–206. ISBN 978-84-8457-448-4. 

Ligazóns externas

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!