Gregorio pertencía a unha prestixiosa e influente familia galorromana de rango senatorial cuxos membros serviran anteriormente aos emperadores romanos e servían agora aos reis francos. Desde o século V estaban ao cargo de varias sedes episcopais, especialmente as de Lión, Tours e Arles, mentres que a súa familia materna rexentaba a de Langres.
O seu pai morreu sendo el moi novo, polo que creceu coa súa nai preto de Cavaillon. Logo trasladouse a Clermont, onde a súa formación estivo a cargo do seu tío Gall, bispo de Clermont (morto en 551) e do arquidiácono Avito. En 563 foi enviado a Lión, para acabar os seus estudos co seu tío Nizier, bispo de Lión.
Pouco despois, foi ordenado diácono e establécese na basílica de Saint-Julien de Brioude, onde permaneceu ata o ano 573.
En 573, tendo 34 anos de idade, foi designado para suceder ao seu curmán materno Eufronio como bispo de Tours grazas á boa vontade do rei Sixeberto I de Austrasia (561-575) e da raíña Brunequilda. Esta cidade estaba baixo autoridade austrasiana e era unha das máis importantes sedes episcopais da Galia.
A partir de entón exerceu o seu episcopado no marco das loitas civís que esgazan o reino franco durante a segunda metade do século VI. Viaxou con moita frecuencia para asistir a concilios ou tratar asuntos políticos.
A obra maior de Gregorio de Tours conservouse en varios manuscritos da Idade Media en versións máis ou menos alteradas con respecto ao orixinal. Normalmente é denominada Historia dos francos [H.F.]. En realidade, trátase dunha «Historia eclesiástica», orixinalmente titulada Dez Libros de Historia, tradución correcta do título latino, que ten como vocación trazar a historia da Igrexa universal nunha perspectiva cristiá, escatolóxica, desde a xénese do mundo até ao reinado dos reis francos, en 572. Engádese unha escolma de historias de vidas de santos galos, reunidos so o nome de Libro(s) dos milagres e compostos despois de 570.
Evidentemente a historia tomada en conxunto posúe un carácter edificante. Céntrase moito na Galia merovinxia que Gregorio ben coñece: cinco dos dez libro se o Libro dos milagres concirnen o tempo do autor. Este debuxa un retrato máis ben sombrío, poñendo o acento sobre as consecuencias desastrosas do comportamento de certos reis por oposición ao comportamento dos seus devanceiros cristiáns, comezando por Clodoveo.
Tamén, en razón do seu tema central, a obra puido ser rebautizada tardiamente Historia dos francos (Historia Francorum) ou Xesta dos francos (Gesta Francorum) ou mesmo, máis simplemente Crónicas (Chronicae). En todo caso fai de Gregorio o pai dunha «historia nacional» dos francos, o principal historiador dos merovinxios e a fonte maior da que dispoñemos sobre os reinados destes últimos.
Ademais, a Historia dos francos puido servir de inspiración, especialmente, a Beda o Venerábel que foio autor a principios do século VIII dunha Historia eclesiástica do pobo inglés (Historia ecclesiastica gentis Anglorum). A obra de Beda – unha das máis populares en Europa durante a Idade Media – puido valerlle á súa vez a denominación de Historia eclesiástica dos francos (Historia ecclesiastica Francorum) ao texto de Gregorio de Tours.
A Historia dos francos foi continuada por mans anónimas durante os séculos seguintes: estas coñécense so os nomes de Fredegario e Pseudo-Fredegario. A primeira impresión do libro, realizada en París, data de 1561.
Nesta obra atópanse algunhas das primeiras referencias ao Reino de Galiza[1]
Outras obras
Velaquí a lista das restantes obras atribuídas a Gregorio de Tours, segundo alista proposta polo académico francésFrançois Guizot (1787-1874), que foio autor dunha tradución da Historia dos francos e dunha Noticia sobre Gregorio de Tours :
tratado Á gloria dos mártires, escolma de lenda sen cento sete capítulos, consagrada á narración dos milagres dos mártires.
tratado dos Milagres de San Xián de Brioude, mártir en Brioude en Auverña, en cincuenta capítulos.
tratado Á gloria dos Confesores (In Gloria confessorum), en cento doce capítulos.
tratado dos Milagres de San Martiño de Tours, en catro livros.
noticias sobre as Vidas dos Pais, contendo a historia de vinte e dous santos ou santas da Igrexa das Galias, en vinte capítulos.
Descarga de Historia eclesiástica dos francos [Documento electrónico]. por Gregorio de Tours precedido da súa vida escrita no século X por Odón, abade de Cluni ; trad. nova por Henri-Léonard Bordier. Dixitalización pola [ http://www.bnf.fr/ BNF] da edición Paris : F. Didot, 1859. 18 cm : Tome 1 et Tome 2 (en formato PDF). (en francés).