A máis remota presenza humana no territorio do que hoxe é Càceres remóntase á Prehistoria. Na área de El Calerizo existen diversas covas (Maltravieso, El Conejar), nas que se atoparon vestixios pictóricos de mans humanas.
Serán musulmáns, procedentes do Norte de África, os que aproveitarán o lugar estratéxico sobre o que se asentara a primitiva colonia romana, para utilizala como base militar para loitar contra os reinos cristiáns do Norte, durante os primeiros séculos da conquista cristiá. O nome árabe da cidade é aínda incerto, manexándose varias posibilidades, entre elas as de Hizn Qazrix ou Al Qazrix, das que probabelmente provén a denominación actual da cidade (Nieto Ballester defende que procede do ablativo plural Castris > Cazres, e posterior epéntese dun -e-).
No século XII, ante o avance cristián, a cidade é fortificada cunha muralla de ladrillo, (que aínda se conserva), mais non foi de abondo para evitar que Afonso IX de León a tomase, logo de varios anos de asedio, o 23 de abril de 1229, día de San Xurxo, que desde entón é celebrado pola cidade como o seu padroeiro.
A partir deste momento, Cáceres comeza a transformase, construíndo igrexas no mesmo sitio onde se levantaran mesquitas, e palacios cristiáns sobre os primitivos palacios musulmáns. Porén serán as fortunas procedentes de América as que farán aumentar a monumentalidade da cidade. Con lixeiros retoques a fins do XVIII, esa versión urbana é a que chegou ata os nosos días. Por iso se trata dunha das cidades monumentais mellor conservadas do mundo.
Conxunto monumental
Ademais de Patrimonio da Humanidade, Cáceres é tamén membro das Redes Caminos de Sefarad, da Ruta da Prata, sendo elixida pola Comunidade Autónoma como Capital Cultural de Estremadura Enclave 92, e co esforzo solidario das administracións públicas, empresas privadas, entidades oficiais e cidadáns particulares, aspira a ser Capital Europea da Cultura no ano 2016.
Entre outros monumentos e lugares salientábeis cabe destacar:
Casa e colección "Yusuf Al Burch" (C/ Cuesta del Marqués)
Economía
É o principal centro comercial, administrativo e eixo económico da provincia e o primeiro centro turístico de Estremadura. A súa economía está baseada principalmente no sector terciario (servizos), no turismo e na construción, cunha pequena contribución do sector industrial, que se centra en industrias alimentarias, téxtiles, cerámicas e produtos derivados do caucho.
Notas
↑INEbase. Variaciones intercensais. Alteracións dos municipios nos censos de poboación dende 1842: 10037 Cáceres. Consultado o 2 de marzo de 2013. Cando se dispón do dato de poboación de feito e de dereito tomouse a cifra máis alta.