Tours é unha cidade de Francia cabeza do departamentoIndre e Loira, na rexión Centro. No ano 2006 tiña 136 942 habitantes. A cidade está situada sobre o brazo de terra que separa o río Loira e o río Cher, xusto río arriba do confluente destes dous cursos de auga, nun sitio onde o seu paso é relativamente doado.