Takamatsu (高松市, たかまつし, Takamatsu-shi) é un concello da prefectura de Kagawa no Xapón e capital da súa prefectura. Está situado no centro da rexión de Shikoku e da prefectura, na illa de Shikoku. Ten 375,11 km² de superficie, unha poboación de 418.688 habitantes (2009) e ten unha densidade de poboación de 1.120 hab./km². É a segunda cidade máis poboada de Shikoku, despois de Matsuyama.
Peregrinación de Shikoku (四国八十八箇所, しこくはちじゅうはっかしょ, Shikoku hachijū hakkasyo) - É moi coñecida e popular a pereginaxe no Xapón, tamén chámase Ohenro e Shikoku junrei, a peregrinación de 88 templos de Shikoku. Dentro de Takamatsu hai 5 templos.