San Petersburgo, en inglés Saint Petersburg e normalmente denominada polos seus habitantes como unicamente St. Pete, é unha cidade duns 250.000 habitantes situada no condado de Pinellas, no estado da Florida (Estados Unidos). A cidade é ben coñecida por ser destino turístico de moitos norteamericanos e europeos, sendo alcumada A Cidade Soleada (The Sunshine City). Tamén tivo unha importante relevancia política durante os comicios presidenciais estadounidenses de 2001, onde George W. Bush se enfrontou a Al Gore.
Foi fundada polo empresario ruso Peter Demens e o terratenente John Constantine Williams Sr. en 1888.
A cidade está situada nunha península entre a Baía de Tampa e o golfo de México. Está conectada coa terra polo norte; ao leste está a cidade de Tampa, con pontes a través da Baía de Tampa; e ao sur encóntrase Bradenton, conectada mediante a Sunshine Skyway Bridge.