O Geographic Names Information System (GNIS) é unha base de datos que contén nomes e información sobre localidades xeográficas. Alberga máis de 2 millóns de localidades xeográficas e culturais dos Estados Unidos. É un tipo de gazetteer (dicionario xeográfico). O GNIS foi desenvolvido polo Servizo Xeolóxico dos Estados Unidos en cooperación coa Xunta dos Estados Unidos sobre Nomes Xeográficos (BGN) para promover a estadarización de nomes xeográficos. A base de datos é parte dun sistema que inclúe nomes en mapas topográficos e fontes bibliográficas. As variantes de nomes e as alternativas ós nomes oficiais federais para un lugar tamén son rexistrados. A base de datos nunca elimina unha entrada, "salvo nos casos de duplicación obvia".[1]