Florida Panhandle é un nome non oficial para designar a parte noroeste de Florida, unha banda de terra de aproximadamente 320 quilómetros de longo e de 80 a 160 quilómetros de largo que se estende entre Alabama ao norte e oeste, Xeorxia tamén ao norte, e o golfo de México ao sur. A súa fronteira oriental defínese arbitrariamente e pode variar. Os nomes West Florida e Northwest Florida son hoxe por hoxe sinónimos da Franxa, aínda que Florida Occidental foi o nome dunha colonia británica (1763–1783) que logo se converteu nunha colonia española (1783–1821), incluíndose ámbalas dúas hoxe en día nas terras ao oeste do río Apalachicola así como en partes do que hoxe é Alabama, Mississippi e Parroquias de Florida (en Luisiana). O territorio é equivalente a unha rexión vernácula.
Como sucede no caso dos outros oito estados dos Estados Unidos que posúen franxas (inglés: panhandle), o significado xeográfico deste termo é inexacto e elástico. As referencias á Franxa de Florida inclúen sempre os dez condados ao oeste do río Apalachicola, unha fronteira natural que foi a división histórica entre as colonias británicas de Florida Occidental e Florida Oriental. Estes condados occidentais tamén atópanse na Zona Horaria Central (coa excepción do Condado de Gulf, que ficou dividido entre as zonas horarias Oriental e Central), mentres o resto do Estado está na Zona Horaria Oriental.
As referencias á Franxa poden incluír tamén algúns ou mesmos todos dos oito contados situados inmediatamente ao leste do Apalachicola, coñecidos como a rexión do Big Bend, ao longo da curva que describe a Baía de Apalache. A maior cidade na Franxa é Tallahassee, a capital do estado, con 188.107 habitantes en 2014. Porén, o maior grupo metropolitano de poboación é a Área Metropolitana de Pensacola, cunha poboación de 474.081 habitantes. A poboación total da Franxa, segundo Censo dos Estados Unidos de 2010, era de 1.407.925 habitantes.
O nome Emerald Coast acuñouse en 1983[1], para referirse en xeral ás praias e os complexos hoteleiros que hai de Pensacola a Port Saint Joe[2], pero ás veces emprégase para referirse, por extensión, á Franxa no seu conxunto, especialmente ao oeste do Apalachicola. As primeiras denominacións desta área foron as do "Patio de Recreo da Costa do Golfo" (inglés: Playground of the Gulfcoast) e a "Banda do Milagre" (inglés: Miracle Strip), sobre todo para a área entre Fort Walton Beach e Panama City[3]. As áreas costeiras dos seguintes condados (cando non os propios condados por enteiro) son incluídas normalmente nesta rexión vernácula cando se fala da Costa Esmeralda:
Porcións costeiras do Condado de Escambia (en particular Pensacola Beach)[8], na fronteira occidental, e porcións costeiras do Condado de Bay[9], na fronteira oriental, son tamén a miúdo incluídas nesta rexión ao falar da Costa Esmeralda, pero con menor frecuencia que os tres condados enumerados con anterioridade.
O nome Forgotten Coast é unha denominación comercial creada a principios da década de 1990[10] coa intención de referirse á parte costeira da Franxa de Florida que se estende desde Mexico Beach ou o sueste do Condado de Bay, no golfo de México, a Saint Marks, na Baía Apalache. Habitualmente non se considera unha parte da Costa Esmeralda, que se sitúa ao seu carón ao oeste[11]. As áreas costeiras dos seguintes condados (cando non os propios condados por enteiro) son incluídas normalmente nesta rexión vernácula cando se fala da Costa Esquecida:
O río Apalachicola é o río máis longo da Franxa. Está formado pola unión de varios ríos, incluíndo o Chattahoochee e o Flint, onde conflúen as fronteiras de Alabama, Georgia e Florida. Desde aquí, flúe cara ao sur ata a cidade de Apalachicola.
Como Florida do Norte Central, esta rexión é máis semellante en termos culturais e climáticos ao Deep South (galego: Sur Profundo) que á Florida do Sur, na propia península, sendo coñecida pola súa política conservadora e os "bosques de piñeiros"[12].
Ao longo do século XIX, a Franxa de Florida estaba escasamente poboada, salpicada ao longo do territorio de pequenas comunidades agrícolas, non chegando ningunha delas ao millar de residentes. Moitos deles, de feito, migraron da área de Alabama e tiñan parentes alí, polo que para eles era máis sinxelo comerciar co sur de Alabama que co resto de Florida Oriental, debido ademais ao lenta e ardua viaxe que había a través dos pantanos con grosos cipreses e densos bosques de piñeiros da Franxa. Era case natural para os floridanos do oeste sentir que tiñan máis en común cos seus veciños de Alabama que cos residentes da península, a centos de quilómetros deles[13].
En 1821, Pensacola foi a única cidade (en criterios do século XIX) da Florida Occidental cunha poboación estimada nunhas tres mil persoas. No Censo de 1850, a poboación de Pensacola era de 2.164 habitantes (incluíndo a 741 escravos e 350 "negros liberados")[14].
Proposta de anexión a Alabama
Durante o transcurso do século, formuláronse a miúdo propostas para ceder os condados floridanos ao oeste do río Apalachicola ao estado de Alabama:
En 1826, a Pensacola Gazette publicou un bo número de cartas avogando pola anexión a Alabama, aínda que o editor salientou que algúns pensacolianos se oponían á idea[14].
En 1840, unha reunión pública en Pensacola deu como resultado a demanda de que a Florida Occidental se unise a Alabama. No mesmo ano, a Lexislatura territorial informou ao Congreso de que se opoñía a permitir que Alabama se anexionase Florida Occidental; pero, en 1844, o ano anterior á súa constitución como Estado, a Lexislatura mudou a súa postura e pediu a separación de Florida Occidental[14].
En 1856, defensores da anexión foron capaces de conseguir un proxecto de lei da Lexislatura autorizando un referendo sobre o tema, pero o Gobernador James E. Broome vetou a medida. A Pensacola Gazette informaba que "a anexión é desexada por unha grande maioría da xente" da zona[14].
En 1858, a Lexislatura de Alabama tentou infrutuosamente abrir negociacións con Florida sobre o asunto[15].
O tema da anexión foi eclipsada pola Guerra Civil e os efectos da guerra na rexión; pero, en 1868, con Pensacola conectada polo único ferrocarril da Franxa ás cidades de Alabama de Mobile e Montgomery, o tema afrontouse de novo e foi finalmente presentado ao voto do pobo. Nese ano, a Lexislatura de Alabama aprobou unha resolución conxunta autorizando ao seu Gobernador a negociar co Gobernador de Florida sobre a anexión de Florida Occidental. Incluíuse unha oferta dun millón de dólares en bonos estatais de Alabama, co pago do 8% de interese a trinta anos. Ambos estados designaron comisarios que fixeran detalladas recomendacións sobre o asunto[16].
O 2 de novembro de 1869, celebrouse un referendo nos condados de Florida Occidental (excepto no de Jackson, que estaba azoutada por un longo episodio de violencia racial sanguenta[17]), co resultado de 1.162 votos a 661 a favor da anexión[13]. Porén, puxéronse obxeccións en Alabama ao alto prezo que suporía executala decisión, así que a Lexislatura non levou a cabo ningunha acción tras o resultado do referendo[15][18].
En 1873, unha proposta similar foi feita na Lexislatura de Alabama, coa aprobación do Senado estatal, aínda que non foi aprobada unha proposta separada para financiar a medida a través da venda do territorio de Alabama ao oeste do río Tombigbee, incluíndo a cidade de Mobile, ao estado de Mississippi[19]. Non obstante, nada resultou desta acción.
En 1901, Alabama aínda fixo outra oferta cando a Lexislatura designou unha comisión para negociar con Florida sobre a anexión, pero este intento, tamén, foi infrutuoso[15].
A construción do Ferrocarril Atlántico e de Pensacola, rematado en 1883, finalmente uniu Pensacola e a Franxa solidamente co resto do Estado e acabou co seu tradicional illamento, aínda que de cando en vez durante o século XX houbo ocasionais chamadas á anexión que xeraron algún debate público, pero ningunha acción lexislativa.
A Franxa de Florida sufriu directamente os golpes dos furacáns Ivan en 2004 e Dennis en 2005. Iván foi o máis desastroso, facendo terra moi preto de Gulf Shores, con ventos de 193 km/h e asolagamentos de máis de 4 metros de altura que devastaron Perdido Key e a illa Santa Rosa, destruíndo a ponte da Interestatal 10 sobre a Baía Escambia, e esnaquizando miles de fogares na rexión, algunhas a máis de 30 quilómetros no interior.
O 23 de xuño de 2010, petróleo procedente da vertedura do Deepwater Horizon chegou a Pensacola Beach e Navarre Beach, danando ás industrias da pesca e o turismo, e levando a un ímprobo esforzo para a súa limpeza.
A diferenza do centro e sur de Florida, a Franxa de Florida nunca tivo sido un gran produtor de cítricos debido a que a área está suxeita ás xeadas e á conxelación habitual no inverno, que destrúen os seus froitos.
A tendencia política da Franxa de Florida varía considerablemente dependendo do lugar. A parte occidental da rexión é a área máis republicana de Florida, cuxos condados ao longo da Costa Esmeralda regularmente dan aos republicanos preto do 70% de marxe nas eleccións estatais e nacionais. Porén, Tallahassee e o Condado de Gadsden tenden a ser fortemente demócratas debido á grande presenza de poboación afroamericana e de dúas grandes universidades (véxase o artigo Condado de Leon para unha desagregación dos números electorais e educativos). Nas eleccións presidenciais de 2008, John McCain recibiu 421.287 votos (o 60,1%) na Franxa, mentres Barack Obama recibiu só 279.206 votos (o 39,9%).
Condados
Os seguintes condados ao oeste do río Apalachicola están sempre incluídos nas referencias á Franxa de Florida:
Os lugares marcados cun asterisco (*) están situados ao leste do río Apalachicola e poden non considerarse parte integrante da Franxa de Florida por algúns residentes ou autores.
A Franxa de Florida é coñecida polas súas praias de areas brancas e as augas azul turquesa das súas illas de barreira fronte ao golfo de México. De acordo ao Servizo de Parques Nacionais[20]:
As impresionantes praias de area branca da Beira Marítima Nacional das Illas do Golfo están compostas de cuarzo fino precedente dos granitos erosionados dos Montes Apalaches. A area é levada cara ao mar polos ríos e regatos e depositada polas súas correntes ao longo da beira.
Os turistas foron atraídos á Franxa desde a construción na década de 1880 do Ferrocarril Atlántico e de Pensacola. A praia de Pensacola ten sido a súa maior atracción turística desde a construción das pontes entre o continente e a illa de Santa Rosa en 1931[22]. Despois da SGM, o crecemento da poboación e do turismo na área levou á proliferación de moteis, restaurantes, bares, atraccións turísticas e parques de atraccións ao longo da costa, concentrándose en Pensacola Beach, Fort Walton Beach e Panama City Beach. Como exemplos pódense citar o parque marítimo e acuario de Gulfarium, en Fort Walton Beach[23], e o antigo Parque de Atraccións de Miracle Strip (1963–2004), en Panama City Beach.
En 1971, o goberno federal adquiriu moito terreo nas illas costeiras dos condados de Escambia, Santa Rosa e Okaloosa, cara a preservalas do desenvolvemento comercial, creando a Beira Marítima Nacional das Illas do Golfo (inglés: Gulf Islands National Seashore), que tamén inclúe algunhas illas da costa de Mississippi. Outras áreas de praia protexidas polo estado de Florida son:
Tanto os parques federais como os estatais ofrecen facilidades para o campismo, o desfrute de comidas tipo pícnic e outras actividades recreativas. Ademais, algunhas partes da costa son propiedade federal pertencentes á Estación Aéreo-naval de Pensacola, á Base da Forza Aérea Eglin e á Base da Forza Aérea Tyndall, de xeito que están tamén protexidas fronte a un posible interese comercial.
Por outra banda, tamén poden encontrarse na Franxa sete reservas acuáticas estatais, que se estenden ao longo de miles de quilómetros cadrados de terras somerxidas nas áreas costeiras[24][25]. Outros moitos parques estatais, reservas e parques forestais localízanse no interior.
En 1983-84, o programa de televisión Emerald Point N.A.S. foi rodado nunha estación aéreo naval nalgures do sur estadounidense, similar á Estación Aéreo-naval de Pensacola. A serie de acción e aventura Pensacola: Wings of Gold (1997-2000) foi rodada precisamente nesta base aérea de Pensacola.
↑South Walton Tourist Development Council. Visit South Walton, ed. "South Walton State Parks - South Walton, Florida"(en inglés). Consultado o 31-1-2016. O Parque Estatal de Grayton Beach é un dos grandes tesouros naturais da Costa Esmeralda.
↑Explore Emerald Coast; ABT Media and Marketing. "Explore Emerald Coast". Explore Emerald Coast(en inglés). 415 Richard Jackson Blvd, Suite 205 - Panama City Beach, Florida. Arquivado dende o orixinal o 27-05-2013. Consultado o 16-4-2013. Estendida desde as beiras de Mexico Beach, Panama City Beach e cara a 30-A, Destin, Okaloosa Island e Pensacola Bay, estas augas espectaculares deixarante sen alento.
↑"Top of the Week". Newsweek(en inglés). 1972. Un artigo de 1972 publicado en Newsweek referiuse ao Senador dos Estados Unidos Lawton Chiles dicindo que "en 1958 foi elixido á Lexislatura estatal polo ultraconservador bosque-de piñeiros da Franxa de Florida".
↑Florida Department of Environmental Protection, ed. (1-7-2011). "CAMA Office Closures"(en inglés). Arquivado dende o orixinal o 17-04-2012. Consultado o 21-01-2016.
A Pensapedia, a enciclopedia en liña de Pensacola.
Bibliografía
DeBolt, Dean (1992). Kevin M. McCarthy, ed. The Florida Panhandle. The Book Lover's Guide to Florida (en inglés). Sarasota, Florida: Pineapple Press. pp. 404–445. ISBN978-1-56164-012-6. Contén unha extensa bibliografía de obras de ficción e non-ficción sobre xentes e lugares da Franxa de Florida.
Hollis, Tim (2004). University Press of Mississippi, ed. Florida’s Miracle Strip: From Redneck Riviera to Emerald Coast(en inglés). ISBN978-1-57806-627-8.
O'Donovan, Michael; Rowan, Robin (2005). Terra Nova Publishing, ed. Florida's Northwest: First Places, Wild Places, Favorite Places(en inglés). ISBN0-9651034-3-9.
Ziewitz, Kathryn; Wiaz, June (2006). University Press of Florida, ed. Green Empire: The St. Joe Company and the Remaking of Florida's Panhandle(en inglés). ISBN0-8130-2951-1.
Book by Scott Ciencin Mortal Fear First edition coverAuthorScott Ciencin and Denise CiencinCountryUnited StatesLanguageEnglishSeriesBuffy the Vampire SlayerGenreHorror novelPublisherPocket BooksPublication date1 September 2003Media typePrint (hardback and paperback)Pages479ISBN0-7434-6867-8OCLC52459488Preceded byApocalypse Memories Followed bySpark and Burn Mortal Fear is an original novel based on the U.S. television series Buffy the Vampire Slayer. Plot summary Som...
Незалежна демократична дія Країна Сан-Томе і ПринсіпіГолова партії Патріс Тровоада[1]Дата заснування 1992Ідеологія Лібералізм, центризмОфіційний сайт adidigital.com Незалежна демократична дія (порт. Ação Democrática Independente) — політична партія в Сан-Томе і Принсіпі. Була ...
Pour les articles homonymes, voir Ali Baba. Couverture d'Ali Baba et les Quarante Voleurs par Albert Robida. Cassim, frère d'Ali Baba, enfermé dans la grotte, illustré par Maxfield Parrish (1909). Ali Baba et les Quarante Voleurs (arabe : علي بابا واللُّصوص الأَرْبَعِين) (titre complet : Histoire d’Ali Baba, et de quarante voleurs exterminés par une esclave) est une histoire d'origine persane. Il s'agit d'un récit que l'on présente souvent comme f...
Sri Lankan politician Hon.Karunasena KodituwakkuSri Lankan Ambassador to ChinaIn office2015–2020Preceded byRanjit UyangodaSucceeded byDr. Palitha KohonaAsia-Pacific Representative to the UNESCO Executive BoardIn office2003–2007Cabinet Minister of Education, Human Resources Development and Cultural AffairsIn office2001–20043rd Governor of North Western ProvinceIn office13 October 1993 – 7 July 1994Sri Lankan Ambassador to Japan and South KoreaIn office1988–1991Member of Parl...
Para otros usos de este término, véase Timo (desambiguación). Glándula timo Timo de un feto, en su etapa final.Nombre y clasificaciónLatín [TA]: thymusTA A13.1.02.001TH H3.10.02.0.02001Gray pág.1273Información anatómicaRegión cavidad torácicaSistema linfático [editar datos en Wikidata] El timo es un órgano linfoide primario y especializado del sistema inmunitario. Dentro del timo maduran las células T. Las células T son imprescindibles para el sistema inmunitario adap...
Sajian satu porsi Bubur Gunting Singkawang Bubur Gunting adalah bubur khas yang berasal dari Kota Singkawang, Kalimantan Barat. Bubur Gunting adalah cakwe atau roti goreng yang disajikan di dalam mangkuk kecil lengkap dengan kuah kental kacang hijau.[1] Bubur Gunting berasal dari resep turun temurun warga keturunan Tionghoa yang bermukim di Singkawang. Mereka menamakannya dengan Liuk Theu San yang berarti bubur kacang hijau serasa intan.[2] Bubur gunting bukannya berisi guntin...
Manusela National ParkIUCN category II (national park)The jungle of Manusela National ParkManusela NPLocation of Manusela NP in MalukuLocationMaluku, IndonesiaNearest cityAmbonCoordinates3°3′S 129°26′E / 3.050°S 129.433°E / -3.050; 129.433Area1,890 km2Established1997Governing bodyMinistry of Forestry Manusela National Park is located on Seram island, in the Maluku archipelago of Indonesia. It is made up of coastal forest, swamp forest, lowland an...
This article does not cite any sources. Please help improve this article by adding citations to reliable sources. Unsourced material may be challenged and removed.Find sources: Craigavon ministry – news · newspapers · books · scholar · JSTOR (May 2019) (Learn how and when to remove this template message) Craigavon ministry1st Government of Northern IrelandDate formed7 June 1921Date dissolved24 November 1940People and organisationsHead of stateGeorge V ...
Constituency of the Haryana legislative assembly in India Loharu Assembly constituencyConstituency No. 54 for the Haryana Legislative AssemblyConstituency detailsCountryIndiaRegionNorth IndiaStateHaryanaDistrictBhiwaniLS constituencyBhiwani–MahendragarhEstablished1967Total electors1,92,903[1]Member of Legislative Assembly14th Haryana Legislative AssemblyIncumbent Jai Parkash Dalal Party BJPElected year2019 Loharu Assembly constituency is one of the 90 Vidhan Sabha constit...
Japanese light novel series and its franchise KonoSuba: God's Blessing on This Wonderful World!The first light novel volume cover featuring Kazuma Satou (left) and Aqua (right). Megumin and Darkness also appear as small characters.この素晴らしい世界に祝福を!(Kono Subarashii Sekai ni Shukufuku wo!)GenreFantasy comedy[1][2]Isekai[3] Novel seriesWritten byJitakukeibihei (Natsume Akatsuki)Published byShōsetsuka ni NarōOriginal runDecember 20, 201...
Part of a series onAdvaita SchoolsClassical Advaita Vedanta Bhāmatī Vivarana Shaivism/Tantra/Nath Kashmir Shaivism (Pratyabhijna) Nath (Inchegeri Sampradaya) New movements Neo-Advaita Nondualism ConceptsClassical Advaita vedanta Atman Brahman Avidya Ajativada Mahāvākyas Satchitananda Om Tat Tvam Asi Three Bodies Aham Cause and effect Kosha Neti neti Kashmir Shaivism Pratyabhijna so'ham Practices Guru Meditation Svādhyāya Sravana, manana, nididhyasana Jnana yoga Rāja yoga Unfoldment of ...
Australian TV series or program Power Games: The Packer–Murdoch WarDVD coverGenredrama, miniseriesWritten byDavid CaesarSam WinstonDirected byGeoff BennettDavid CaesarStarringLachy HulmePatrick BrammallLuke FordAlexander EnglandStephen LeederMaeve DermodyAnne LoobyHeather MitchellHamish MichaelTheme music composerStephen RaeCountry of originAustraliaOriginal languageEnglishNo. of episodes2ProductionCinematographyBruce YoungEditorsJulie-Anne De RuvoMark PerryRunning time180 minutesProdu...
Archaeological pattern of ridges and troughs Ridge and furrow in Cold Newton, Leicestershire Ridge and furrow in Stony Stratford, Buckinghamshire Ridge and furrow in Grendon, Northamptonshire Ridge and furrow in East Leake, Nottinghamshire Ridge and furrow is an archaeological pattern of ridges (Medieval Latin: sliones) and troughs created by a system of ploughing used in Europe during the Middle Ages, typical of the open-field system. It is also known as rig (or rigg) and furrow, mostly in t...
MTR station in the New Territories, Hong Kong This article needs additional citations for verification. Please help improve this article by adding citations to reliable sources. Unsourced material may be challenged and removed.Find sources: Kwai Fong station – news · newspapers · books · scholar · JSTOR (July 2014) (Learn how and when to remove this template message) Kwai Fong葵芳 MTR rapid transit stationPlatform of Kwai Fong stationChinese nameChin...
For the mayoral election in Burlington, Ontario, see 2006 Ontario municipal elections § Burlington. 2006 Burlington mayoral election ← 2003 (see also: 1995) March 7, 2006 2009 → Nominee Bob Kiss Hinda Miller Kevin Curley Party Progressive Democratic Republican First round count 3,809 (38.96%) 3,106 (31.77%) 2,609 (26.68%) Final round count 4,761 (54.43%) 3,986 (45.57%) eliminated Mayor before election Peter Clavelle Progressive Elected Mayor Bob Kiss Progres...
Spring festival in ancient Mesopotamia This article has multiple issues. Please help improve it or discuss these issues on the talk page. (Learn how and when to remove these template messages) This article needs to be updated. Please help update this article to reflect recent events or newly available information. (March 2018) This article may need to be rewritten to comply with Wikipedia's quality standards. You can help. The talk page may contain suggestions. (March 2018) (Learn how and whe...
Book by Helen Oyeyemi The Opposite House First edition (UK)AuthorHelen OyeyemiLanguageEnglishPublished2007PublisherBloomsbury Press The Opposite House is a novel by British author Helen Oyeyemi first published by Bloomsbury Press in 2007.[1][2] Plot Maja Carmen Carrera, the British daughter of scholarly Cuban immigrants struggles with faith as she awaits the birth of her first child. References ^ Oyeyemi's 'Opposite House'. NPR. 26 June 2007. ^ D'Erasmo, Stacey (27 February 20...
Untuk kota bernama sama, lihat Kota Blitar. Untuk kegunaan lain, lihat Blitar (disambiguasi). Kabupaten BlitarKabupatenTranskripsi bahasa daerah • Hanacarakaꦧ꧀ꦭꦶꦠꦂ • PegonبليتارCandi Penataran LambangJulukan: Bumi Bung KarnoMotto: Hurub hambangun praja(Jawa) Semangat membangun negeri[1]PetaKabupaten BlitarPetaTampilkan peta JawaKabupaten BlitarKabupaten Blitar (Indonesia)Tampilkan peta IndonesiaKoordinat: 8°08′00″...
Este artículo o sección necesita referencias que aparezcan en una publicación acreditada. Busca fuentes: «Spring Mountains» – noticias · libros · académico · imágenesEste aviso fue puesto el 11 de julio de 2022. Montañas Spring (Nevada) Spring Mountains Vista aérea de las montañas SpringUbicación geográficaContinente América del NorteÁrea protegida Spring Mountains National Recreation AreaCordillera Provincia geológica de Basin and RangeCoordenadas...