Sobre a súa fundación existen datos que apuntan a que o embrión da cidade foi unha dos tantos pobos de misión que os misioneiros franciscanos construíron cando aqueles territorios de Texas e California eran da coroa de España. A misión de San Antonio, en concreto, fundouna o misioneiro Frei Antonio de Oliveirais de Moguer, (Huelva - España). O núcleo fundacional foi poboado por un grupo dunha vintena de familias canarias, forzadas pola Coroa Española á emigración mediante o "tributo ou imposto de sangue", para o fortalecemento dos territorios americanos recentemente integrados na Coroa.
Datos diversos
A cidade ten unha poboación de 1.144.646 habitantes. A cidade é moi famosa polo Paseo do Río, as misións españolas, o Hemisfair Tower e El Álamo. Ten unha importante poboación hispana.
A súa poboación, a maioría hispanos, constitúe un mercado importante para todo tipo de artigos de consumo. É unha das cidades máis visitadas dos Estados Unidos, con ao redor de 20 millóns de turistas por ano.