O territorio que recibe o nome de Colorado foi incorporado á Unión en 1803 coa Compra de Louisiana da Francia e a cesión mexicana de territorios en 1848. en 1851 fundouse Saint Louis, a localidade máis antiga do estado, por colonos provenientes do val de Taos. A febre do ouro de 1859 atraeu moitos colonos dentro da área de Denver, aínda que co final do auxe da mineración a poboación diminuíu. O territorio de Colorado era considerado, en 1861, como un Territorio dos Estados Unidos non adscrito dentro de ningún outro estado. O sur do territorio de Colorado, malia a falta de respecto de parte do goberno norteamericano cara aos dereitos civís e de propiedade garantida polo Tratado de Guadalupe-Hidalgo, foi poboado por hispánicos provenientes do norte de Novo México. na década de 1880, esta expansión viuse reducida pola competencia cos inmigrantes anglo-americanos e a perda masiva de terras no sistema legal norteamericano. En 1876 conseguiu o status de Estado (gañou así o alcumo de "O Estado do Centenario"). O sufraxio feminino foi garantido en Colorado o 7 de novembro de 1893.
Economía
A economía de Colorado está baseada principalmente na agricultura, gandaría, investigación e industria de alta tecnoloxía, procesamento de alimentos, minaría de metais como o ouro, produción de maquinaria, equipamentos de transporte, produtos químicos; e turismo.