Arcansas[1][2][3], ás veces tamén nomeado Arkansas,[4][5] (do algonquinokansas, termo para referirse ó pobo quapaw), é un estado situado na rexión Sur dos Estados Unidos. O lema de Arcansas é "O Estado Natural" (The Natural State). A súa capital é Little Rock, ten unha superficie de 137.732 km², e unha poboación de 2 673 000 habitantes (2000). Uniuse á Unión en 1836.
Xeografía
O río Mississippi acompaña gran parte da fronteira leste de Arcansas, excepto nos condados de Clay e Greene, onde o río Saint Francis fai a fronteira oeste da "bota do Missouri", e en decenas de lugares onde o actual leito do Mississippi formou meandros ou onde foi anteriormente establecido por lei.[6] Arcansas ten fronteira ó sur con Louisiana, ó norte co Missouri, ó leste co Tennessee e Mississippi, o oeste co Texas e Oklahoma.
Arcansas é unha terra de montañas e vales, de densos bosques e fértiles chairas. As así chamadas Terras Baixas son máis coñecidas polos seus nomes rexionais, o Delta e a Grande Pradaria. O Delta do Arcansas é unha paisaxe plana de solos aluviais formada por succesivas inundacións do adxacente Mississippi. Afastada do río, na porción sur do estado, sitúase a Grande Pradaria, formada por terreos máis ondulados. O Delta e a Grande Pradaría son fértiles áreas agrícolas.
↑Benigno Fernández Salgado (edición) (2004). Dicionario Galaxia de usos e dificultades da lingua galega. Editorial Galaxia. p. 1303. ISBN9788482887524.