Estado de Washington

Este artigo trata sobre o estado norteamericano de Washington, para outros lugares ver Washington
Modelo:Xeografía políticaEstado de Washington
State of Washington (en) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

Lema«Justitia Omnibus» Editar o valor en Wikidata
Símbolo oficialWashington state tartan (en) Traducir (Tartán) Editar o valor en Wikidata
AlcumeThe Evergreen State Editar o valor en Wikidata
EpónimoGeorge Washington Editar o valor en Wikidata
Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 47°30′N 120°30′O / 47.5, -120.5
EstadoEstados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
CapitalOlympia Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación7.705.281 (2020) Editar o valor en Wikidata (41,69 hab./km²)
Número de fogares2.905.822 (2020) Editar o valor en Wikidata
Lingua oficialsen valor Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie184.827 km² Editar o valor en Wikidata
Auga6,79 % Editar o valor en Wikidata
Bañado porOcéano Pacífico, Río Columbia, Estreito de Geórgia (pt) Traducir, Estreito de Haro (pt) Traducir e Estreito de Juan de Fuca Editar o valor en Wikidata
Altitude520 m Editar o valor en Wikidata
Punto máis altoMonte Rainier (pt) Traducir (4.389 m) Editar o valor en Wikidata
Punto máis baixoOcéano Pacífico (0 m) Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación11 de novembro de 1889 Editar o valor en Wikidata
Organización política
Órgano executivoGovernment of Washington (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
• Governador (pt) Traducir Editar o valor en WikidataJay Inslee (2013–) Editar o valor en Wikidata
Órgano lexislativoWashington State Legislature (en) Traducir , Editar o valor en Wikidata
Máxima autoridade xudicialTribunal Supremo de Washington Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
ISO 3166-2US-WA Editar o valor en Wikidata
Identificador GNIS1779804 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con

Sitio webwa.gov Editar o valor en Wikidata
BNE: XX5061520

Washington é un dos 50 estados dos Estados Unidos de América. O nome do estado provén de quen foi líder das forzas americanas ao longo da Revolución Americana de 1776 e logo primeiro presidente dos Estados Unidos, George Washington. O nome de moitas cidades e condados dos Estados Unidos homenaxea diversos presidentes, mais o Estado de Washington é o único que leva o nome en honra dun presidente. Non debe ser confundido coa capital dos Estados Unidos, Washington, D.C.. Por isto, Washington, o estado, é xeralmente chamado Estado de Washington, e Washington, a capital nacional, Distrito de Columbia.

Washington localízase no extremo noroeste dos Estados Unidos. Debido aos seus enormes bosques, cuxas árbores non perden a folla no outono ou no inverno, escolleuse como lema do estado Evergreen State, que significa "de folla perenne". Os seus grandes bosques fan de Washington un líder na industria madeireira americana. Así mesmo, está cruzado por varios ríos e abundan os lagos, o que crea un terreo propicio para a instalación de encoros; o maior do país, o Encoro de Grand Coulee, localízase no Río Columbia. A economía de Washington, porén, está centralizada fundamentalmente no turismo e na industria aeroespacial. A maior fabricante de avións do mundo, a Boeing, ten a súa sede en Washington, e varias das súas fábricas están situadas neste estado.

Historia

Washington foi explorado inicialmente polos españois e, posteriormente, os británicos instaláronse na rexión. Até 1859, Washington formou parte do territorio de Oregón, e boa parte deste último, así como do sur da actual provincia canadense de Columbia Británica (daquela, unha colonia do Reino Unido) era disputada entre os británicos e os americanos entre a década de 1810 e a de 1850 ata que, en 1859, creouse o Territorio de Washington. O 11 de novembro de 1889, converteuse no 42º Estado americano.

Até 1889

Os nativos indíxenas xa vivían na rexión onde o Estado de Washington está actualmente localizado milleiros de anos antes da chegada dos primeiros europeos. A maioría destas tribos formaban parte de dous grupos indíxenas distintos: os salishianos e os penutianos. Os primeiros vivían fundamentalmente no norte e no litoral de Washington, en canto os segundos vivían sobre todo no interior, ao longo do oeste e no sur do estado.

Os primeiros europeos en exploraren Washington foron os españois, despois da década de 1750. Os españois exploraron intensamente o litoral do actual estado, e reivindicaron o territorio para a coroa española. Porén, non fundaron ningún asentamento permanente. Estas exploracións foron feitas baixo o medo a unha expansión rusa, que entón controlaba Alasca, en dirección ao sur. O británico George Vancouver foi o primeiro europeo en cartografar o litoral do estado, ao longo do ano de 1792 pero os británicos, ao menos inicialmente, tampouco non se interesaron en fundar asentamentos permanentes na rexión, aínda que a reivindicasen para a coroa británica.

O americano Robert Gray dirixiu unha primeira expedición, composta por cazadores e comerciantes, que descubriu o interior de Washington, partindo de Boston, Massachusetts, con fins comerciais. Desembarcaron no litoral de Washington en 1792 e reivindicaron á súa vez a rexión para os Estados Unidos, na que xa comerciaban os cazadores británicos e americanos. A Compañía da Baía de Hudson fundou o primeiro asentamento permanente na rexión, a actual cidade de Vancouver (Washington) (non confundir coa cidade canadense do mesmo nome).

A expansión americana en dirección ao oeste trouxo consigo un crecente números de colonos americanos que se ían instalando na rexión a partir da década de 1840. Os Estados Unidos pasaron a reivindicar todas as terras situadas ao sur do meridiano 54º 40' e ao oeste das Montañas Rochosas. Os británicos esixiron que a fronteira fose o meridiano 49º, proseguindo a fronteira en dirección ao sur, acompañando o curso do Río Columbia, a oeste das Montañas Rochosas, o que significaría que boa parte do oeste do actual estado de Washington quedase baixo control británico. En 1846, os Estados Unidos e o Reino Unido chegaron a un acordo que delimitaba a fronteira entre os Estados Unidos e as colonias británicas da rexión ao longo do paralelo 49º.

En 1848, por presión dos colonos americanos instalados no noroeste, o goberno americano creou o Territorio de Oregón, e estableceu un goberno na rexión. Este territorio incorporaba os actuais estados de Oregón, Idaho e Washington. En 1859, Oregón foi elevado á categoría de estado. Posteriormente, o goberno do territorio de Washington comezou a premer para que os nativos indíxenas da rexión se instalasen en reservas, e así, liberar terras para os colonos brancos. Os salishianos aceptaron mais non os penutianos, que entraron en guerra cos colonos brancos en 1855, guerra que se prolongou ata 1858, cando os penutianos foron derrotados e forzados a instalarse nas reservas indíxenas.

A partir do inicio da década de 1860, un número inxente de colonos pasou a instalarse no Territorio de Washington por causa do descubrimento de grandes minas de ouro na rexión. O crecemento da poboación do territorio levou á secesión de áreas a oeste de Washington, co que se constituíu o Territorio de Idaho. Os límites territoriais de Washington non mudaron máis desde entón. O forte crecemento da poboación de Washington perdurou na década de 1870 e de 1880. Seattle tornouse un gran centro portuario. En 1883 inaugurouse a Nothern Pacific Railway, que conectaba Washington co leste do país. O 11 de novembro de 1889, o territorio foi elevado á categoría de estado.

Dende 1889

A economía durante as súas primeiras décadas como estado dependía fundamentalmente da agricultura e da minaría. Ao longo da década de 1890, as novas técnicas modernas de irrigación pasaron a permitir a práctica da agricultura na desértica rexión oriental. Outras fontes de renda importante eran a industria madeireira, a pesca e o procesamento de alimentos.

No inicio do século XX, a reputación de Washington no país era a dunha terra perigosa e salvaxe, tanto como o resto do oeste americano, só que con madeireiros substituíndo os cowboys ("vaqueiros") e os bosques substituíndo aos desertos. Unha cidade en particular, Aberdeen, tiña a fama de ser a cidade máis dura do oeste do Mississippi, debido ao xogo, violencia, uso xeneralizado de drogas e prostitución.

Seattle prosperou coa migración da poboación americana rumbo a Hawai e a Alasca, sendo un centro primario de abastecemento de Hawai por varias décadas, e é até hoxe o centro principal de abastecemento de Alasca. A economía de Washington pasou a prosperar enormemente co inicio da primeira guerra mundial. A produción de madeira e alimentos aumentou enormemente. Seattle tamén se tornou unha cidade industrializada, sendo unha das maiores fabricantes de navíos e avións ao longo da guerra: a Boeing foi creada en 1917 en Seattle. A guerra xerou maior unión entre os traballadores do estado, que se xuntaron en varios sindicatos. Despois do fin da guerra, en febreiro de 1919, os sindicatos da cidade organizaron unha folga xeral en Seattle, secundada por máis de 60 mil traballadores.

A Gran Depresión, que se iniciou en 1929, arruinou a economía do estado. Para tentar minimizar os problemas causados pola Depresión, tales como miseria, desemprego e pobreza, o estado iniciou a construción de diversas obras públicas, entre elas diversas presas, culminando coa inauguración do Encoro de Grand Coulee, en 1941, até hoxe a de maior tamaño nos Estados Unidos.

A economía de Washington recuperouse co inicio da segunda guerra mundial. A rexión metropolitana de Seattle, grazas á a súa proximidade coa fronte de batalla do Pacífico, tornouse unha das maiores fabricantes de navíos militares, e a maior fabricante de avións militares do país. En 1943, o goberno americano inaugurou unha central nuclear no estado, o Hanford Works. Alí se xerou gran parte do combustíbel nuclear usado nas bombas atómicas usadas en Hiroshima e Nagasaki. O estado industrializouse axiña, durante e despois do fin da segunda guerra mundial, e a agricultura, a minaría e a industria madeireira perderon moita importancia na economía.

Durante a década de 1960, o goberno do Estado aprobou unha serie de programas destinados á descontaminación de ríos e lagos contaminados por residuos industriais. O crecemento da Boeing como a maior fabricante de avións do mundo levou a un gran crecemento da poboación da rexión metropolitana de Seattle que, en 1962, foi a sede da Feira Mundial, cuxa maior atracción foi a Space Needle, unha torre de 184 metros de altura, inaugurada un ano antes. Posteriormente, en 1964, os gobernos do Canadá e dos Estados Unidos iniciaron un programa conxunto para a construción de diversas represas ao longo do Río Columbia e afluentes.

O 18 de maio de 1980, o volcán do Monte Santa Helena entrou en erupción. Durmido durante centenas de séculos, o volcán literalmente estoupou, causando a destrución total nun raio de preto de 25 quilómetros; morreron 57 persoas e causou máis de 4 mil millóns de dólares en prexuízos. A economía entrou nunha recesión que perdurou por case 2 anos. A erupción lanzou cinzas volcánicas nun raio de máis de 1.500 quilómetros, especialmente nos primeiros 200 quilómetros, cubrindo varias cidades cunha grosa capa de cinzas, de varios centímetros de espesor.

O reactor nuclear Hanford Works vertía varias toneladas por día de auga (usada como refrixerador) levemente radioactiva no Río Columbia. Alén diso, fallas ao longo da estrutura fixeron que o solo en torno do reactor ficase contaminado. O reactor foi pechado en 1971, e en 1989, o goberno americano e do estado iniciaron un gran programa de limpeza, cuxo termo está previsto para o 2030.

En 1996, Gary Locke foi elixido gobernador. Locke foi o primeiro americano de descendencia chinesa a ser elixido gobernador dun estado americano.

Xeografía

Washington localízase no noroeste dos 48 Estados contiguos dos Estados Unidos de América. Limita co océano Pacífico polo oeste, coa provincia canadense de Columbia Británica ao norte, e cos estados americanos de Idaho ao oeste e Oregón ao sur. O río Columbia forma a maior parte da fronteira entre Washington e Oregón.

Trátase dun estado de contrastes. Boa parte do estado está cuberto por forestas e a rexión das forestas da Península de Olimpia está entre as máis chuviosas do mundo. Por outro lado, o territorio oriental do estado é árido, e resulta raro atopar árbores. A variación de altitude do estado é enorme, oscilando entre 0 metros ao longo do litoral a máis de catro mil metros.

O litoral do estado ao longo do océano Pacífico posúe case 255 quilómetros de lonxitude. Porén, contando o litoral formado por illas e baías, este total ascende a uns 4.870 quilómetros. O principal río do estado é o Río Columbia, cuxa nacente está localizada na Columbia Británica. O río percorre Washington, vindo do norte en dirección ao sur, virando en dirección ao oeste na fronteira do estado con Oregón, e atravesa o estado ao longo duns 1.100 quilómetros. As represas instaladas ao longo do río producen a metade de toda a electricidade xerada a través de centrais hidroeléctricas no país; o Encoro de Grand Coulee é actualmente [cando?] a terceira maior represa do mundo, e a maior do país.

Varios outros ríos atravesan o Estado, nacendo nas Montañas Rochosas e transcorrendo en dirección ao océano Pacífico ou ao Río Columbia. Preto de metade do estado está cuberto por bosques densos, a maior parte deles no oeste.

Washington pode ser dividida en 6 rexións xeográficas:

Vista do Monte Ranier, o punto máis alto do estado, cos seus 4.392 metros de altitude.
  • As Montañas Rochosas ocupan o noroeste do estado. Caracterízanse pola súa elevada altitude e polo seu terreo moi accidentado. Existen varias minas de ouro, cinc, granito e magnesio.
  • A Meseta do Columbia ocupa boa parte da rexión central de Washington, así como toda a rexión centro-leste e sueste do estado. Caracterízase por ter altitudes que varían entre 150 a 600 metros, cercado por outras rexións de maior altitude; e polo seu terreo relativamente pouco accidentado. Localízase logo ao sur das Montañas Rochosas.
  • As Montañas Cascade esténdense desde a Columbia Británica até o norte da California e de Nevada. Esténdese inmediatamente ao oeste das Montañas Rochosas e do Planalto de Columbia. Caracterízanse por ser unha rexión que posúe varios volcáns activos, entre eles, a Montaña Santa Helena. Posúe un terreo altamente accidentado, e varios picos con máis de tres mil metros de altitude. O punto máis alto do estado, o Monte Ranier, posúe uns 4.392 metros de altitude.
  • As Planicies do Pudget Sound esténdense a leste das Montañas Cascade. Caracterízanse polo seu terreo pouco accidentado, polo seu solo moi fértil e pola presenza de grandes bosques - preto do 70% dos bosques do estado localízanse nesta rexión. É a rexión máis habitada do estado.
  • As Montañas Olímpicas localízanse no noroeste do estado, e a leste e ao norte das Planicies do Pudget Sound. Caracterízanse polo seu terreo altamente accidentado, e pola presenza de montes con mil metros de altitude ou máis. É unha rexión escasamente poboada.
  • As Planicies Costeiras esténdense do sur do Estado ata o norte de Oregón. A maior parte desta rexión está cuberta de bosques.

Clima

Grazas á proximidade de grandes masas de auga e ás correntes marítimas quentes do océano Pacífico, o occidente do estado desfruta do clima máis agradábel de calquera estado do norte dos Estados Unidos continental. O clima é temperado, con catro estacións diferenciadas. Os veráns son frescos e menos quentes do que noutros estados do norte do país e os invernos son relativamente agradábeis, máis quentes do que calquera outro estado do norte do país. O oeste de Washington posúe taxas moi altas de precipitación media anual, se ben o oriente do estado ten veráns moi quentes e invernos fríos, con baixas taxas de precipitación anual.

No inverno, a temperatura media é de 5 °C no oeste e de -3 °C no leste. As medias máis baixas rexístranse nas rexións de maior altitude, e son de -8 °C nas rexións con 1.600 metros ou máis. As temperaturas mínimas varían entre -30 °C e 12 °C, e as máximas entre -22 °C e 18 °C. A temperatura máis baixa foi rexistrada no nordeste, o 30 de decembro de 1968: -44 °C.

No verán, a temperatura media é de 16 °C no oeste e de 23 °C no leste. As medias máis baixas rexístranse ao longo do litoral. As temperaturas mínimas oscilan entre 5 °C e 18 °C, e as máximas entre 14 °C e 35 °C. A temperatura máis alta rexistrada foino no sueste do estado, o 5 de agosto de 1961: 48 °C.

Política

A actual constitución de Washington, creada anteriormente á elevación á categoría de estado, entrou en vixencia en 1889. O cargo máis alto do poder executivo é o de gobernador. A poboación escólleo por medio de eleccións estatais para termos dun máximo de catro anos de duración, non existindo límite para o número de veces que poden presentar a súa candidatura. O gobernador do estado designa a máis de 350 cargos.

O poder lexislativo reside nun Senado composto de 49 membros e unha Cámara dos Representantes con 98. Os senadores escóllense por catro anos e os deputados por dous anos. Tanto senadores canto deputados poden presentarse á reelección cantas veces desexaren.

A instancia superior do poder xudicial é o Tribunal Supremo. Os seus xuíces escóllennos as cortes por períodos de seis anos de duración. Cada dous anos elíxense tres novos xuíces. A seguir, o maior tribunal do estado é o Tribunal de Apelacións, composto por 22 xuíces, electos pola poboación para mandatos de ata seis anos de duración. Ningún xuíz pode presentarse á reelección.

Washington está dividido en 39 condados diferentes, a maioría dos cales son gobernados por un consello formado por tres membros. Calquera cidade con máis de 20.000 habitantes pode escoller a súa forma de goberno municipal. Cerca de 60% do orzamento de Washington provén de impostos estatais, e o resto provén de fondos fornecidos polo goberno federal.

Demografía

Crecemento da poboación de Washington
Ano Habitantes
1850 1 201
1860 11 594
1870 23 955
1880 75 116
1890 357 232
1900 518 103
1910 1 141 990
1920 1 356 621
Ano Habitantes
1930 1 563 396
1940 1 736 191
1950 2 378 963
1960 2 853 214
1970 3 413 244
1980 4 132 204
1990 4 866 692
2000 5 894 121

O censo americano de 2000 estimou a poboación de Washington en 5 894 121 habitantes, cun crecemento do 21% sobre a poboación de 1990, de 4 866 692 habitantes. Unha estimación realizada en 2004 indicou que a poboación era de 6 203 788 habitantes. Cerca de 631.500 habitantes naceron fóra do estado (o 10,3% da poboación) dos cales se estima que cen mil (1,6% da poboación do estado) sexan estranxeiros ilegais. Entre 1990 e 2004, a poboación creceu en torno de 27,5%.

Cerca do 83% da poboación vive en rexións metropolitanas. A maior delas é a rexión metropolitana de Seattle, a maior cidade cos seus 375 mil habitantes; a súa rexión metropolitana posúe preto de 3,1 millóns de habitantes, o que equivale a preto de dous quintos da poboación. En total, máis do 82% da poboación viven en cidades. A maior parte da poboación vive no noroeste do estado.

Razas e etnias

As cinco maiores etnias son: alemáns (18,7% da poboación ), ingleses (12%), irlandeses (11,4%), noruegueses (6,2%) e mexicanos (5,6%). Os mexicanos están concentrados fundamentalmente na rexión sueste e centro-sur, onde traballan nos campos como man de obra barata. Porén, moitos destes traballadores rurais son ilegais. A poboación de descendencia asiática é a quinta maior do país; a maioría destes asiáticos son filipinos.

O 6,7% da poboación de Washington ten menos de 5 anos de idade, o 25,7% ten menos de 18 anos e o 11,2% da poboación ten 65 anos ou máis. As mulleres constitúen o 50,2% da poboación.

Linguas

En 2010, o 82.51% (5.060.313) dos residentes no estado de máis de cinco anos declararon o inglés como a lingua primaria do seu fogar, mentres o 7,79% (477.566) falaban español, 1,19% (72.552) Chinés (que inclúe cantonés e mandarín), 0,94% (57.895) Vietnamita, 0,84% (51.301) Tagalo, 0,83% (50.757) coreano, 0,80% (49.282) ruso, e alemán falado como lingua principal polo 0,55% (33.744). En total o 17,49% (1.073.002) da poboación maior de cinco anos teñen unha lingua materna diferente ao inglés.[1]

Relixión
Port Townsend.

Como a maioría dos estados do oeste americano, a porcentaxe da poboación que afirman non practicar ningunha relixión é relativamente alta, moito máis alta que no resto do país, e as taxas de afiliacións relixiosas á igrexas ou outras institucións relixiosas está entre as máis baixas do país.

Principais cidades

Economía

Troncos de árbores flotando no Río Gold. Washington é un dos líderes nacionais da industria madeireira.

O sector madeireiro, xuntamente co agropecuario, foi unha das principais actividades económicas, mais coa diversificación da economía perdeu moita importancia. A economía de Washington céntrase hoxe en día fundamentalmente no sector terciario. O produto interior bruto foi de 244.000 millóns de dólares, en 2003 e a renda per capita de 33.332 dólares. O centro económico, financeiro e industrial é Seattle.

O sector primario representa o 2% do PIB. A agricultura e a gandaría representan o 1,6% do PIB, e empregan preto de 140.000 persoas. Washington posúe preto de 39 mil facendas, das cales 13.000 dependen de técnicas de irrigación modernas para o cultivo de plantacións. Os principais produtos cultivados ou criados son trigo, mazá (o estado é o maior produtor nacional), cereixas, leite e carne de vaca. En total, o valor dos produtos agropecuarios producidos polo estado é de 5,4 mil millóns de dólares. A industria madeireira correpresenta o 0,35% do PIB e emprega aproximadamente 4.000 persoas. A pesca representa o 0,05% do PIB e emprega unhas mil persoas.

O sector secundario representa o 17% do PIB. A manufactura representa o 12% e emprega a aproximadamente 375.000 persoas. O valor total dos produtos manufacturados por ano é de 35.000 millóns de dólares. Os principais produtos industrializados fabricados son avións, navíos, alimentos industrializados e papel e derivados da madeira. A industria da construción representa o 4,6% do PIB e emprega a unhas 212.000 persoas. A minaría (carbón, ouro e area) representa o 0,4% do PIB e emprega aproximadamente 5.000 persoas.

O sector terciario representa o 81% do PIB. Os servizos comunitarios e persoais corresponden ao 24% do PIB, e empregan máis de 1,1 millóns de persoas. O sector das finanzas representa o 18% do PIB e emprega a case 270.000 persoas. Washington é un gran polo financeiro. O comercio representa o 17% do PIB e emprega a máis de 770.000 persoas. Os servizos gobernamentais representan o 13% do PIB e empregan a máis de 553.000 persoas. Os transportes e as telecomunicacións representan o 9% do PIB e empregan a unhas 172.000 persoas.

Educación

A primeira escola de Washington foi fundada en 1832, en Vancouver, e construíuse para a educación dos fillos de empregados da Compañía da Baía de Hudson. O estado instituíu un sistema público de ensino en todo o estado en 1895. Na actualidade, as directrices do sistema educativo público do estado son ditadas polo Consello Escolar do Estado. Cada cidade debe organizar o seu propio sistema de escolas públicas pero, en comunidades pequenas de máis para facelo, este servizo é fornecido polo condado. A escola é obrigatoria entre os 8 e os 18 anos.

A primeira biblioteca pública construíuse en 1853, na actual capital, Olympia. Na actualidade, a gran maioría das cidades e vilas posúe cando menos unha biblioteca pública.

A primeira institución de educación superior foi inaugurada en 1861. Hoxe en día, o estado posúe 25 institucións de educación superior, entre universidades e escolas politécnicas. Seattle destaca como o maior polo educativo .

Transportes e telecomunicacións

Vista de satélite do Aeroporto Internacional de Seattle.

Grazas á súa localización estratéxica, próxima a Alasca, Hawai e Asia, Seattle tornouse nun gran centro aeroportuario e portuario americano. Diversos voos parten do Aeroporto Internacional de Seattle para conectar o país con diversas cidades de Asia, Hawai e Alasca. A Alaska Airlines posúe o seu centro de operacións no Aeroporto Internacional de Seattle. O porto de Seattle é un dos de maior movemento da costa oeste americana.

Cerca de 20 compañías ferroviarias fornecen servizos de transporte de carga e pasaxeiros no estado. Washington posúe preto de 135.000 quilómetros de autoestradas e estradas. Alén diso, o estado administra a maior compañía de ferries do mundo, que conecta Seattle con cidades localizadas en illas do delta do Río Columbia.

Na actualidade, Washington conta con preto de 200 xornais, dos cales 25 son diarios. No estado funcionan preto de 200 emisoras de radio e 25 emisoras de televisión.

Notas

  1. "Washington". Modern Language Association. Arquivado dende o orixinal o 01 de decembro de 2007. Consultado o 19 de agosto de 2013. 

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!